01/10/2026
✨ Estades preparadas para a presentación deste sábado?
Animádevos a vir coas vosas mellores galas da década dos 30! 😉
📖✨ Este sábado, 3 de outubro, presentaremos na Unitaria o libro 𝑸𝒖𝒆𝒏 𝒄𝒐𝒏𝒅𝒖𝒄𝒆 𝒐 𝑬𝒔𝒕𝒂𝒅𝒐. 𝑨𝒓𝒕𝒆, 𝒊𝒅𝒆𝒂𝒔, 𝒂𝒓𝒕𝒊𝒔𝒕𝒂𝒔 𝒆 𝒎𝒐𝒗𝒆𝒎𝒆𝒏𝒕𝒐𝒔 𝒒𝒖𝒆 𝒅𝒆𝒓𝒐𝒏 𝒇𝒐𝒓𝒎𝒂 𝒂́ 𝒗𝒊𝒕𝒐𝒓𝒊𝒂 𝒅𝒐 𝑬𝒔𝒕𝒂𝒕𝒖𝒕𝒐 𝒅𝒆 𝑮𝒂𝒍𝒊𝒄𝒊𝒂 𝒅𝒆 1936, de Iria Friné Rivera Vázquez, editado pola Deputación da Coruña. Contaremos coa presenza da autora!
📆 3 de outubro
🕧 12:30 h
📍 Unitaria do Saltiño, Boiro.
🎉 A ledicia da campaña do Estatuto de Autonomía de Galicia en 1936 resultou contaxiosa: unha verdadeira celebración na fervenza de pancartas, folletos, músicas, bailes, mítins, filmes e a transformación dos espazos públicos en galerías de Arte.
🖼️ O glamour dos anos 30 púxose de manifestó en cada acto público, festexando a personalidade galega dun xeito estético. Mulleres e homes que participaron neles, en cidades, vilas, aldeas e vilares, de todas as clases sociais, da man de Camilo Díaz Baliño xunto con Luis Seoane, Castelao, Isaac Díaz Pardo, Carlos Maside, Vidarte e López Bouza gozaron dun imaxinario estilizado no Art Déco, o Romanticismo Negro, os Ballets Rusos, a arte flamenca, o Simbolismo ou as referencias os grandes feitos transformadores da Historia, como o sufraxio das mulleres.
🌍 Unha campaña que, con esto, participaba do Mundo no seu universalismo: nela estaban dende as influencias das premieres e galas cinematográficas ata das vangardas históricas. Unha campaña a imaxe e semellanza das ambicións a facer realidade da sua sociedade.
✍️ O cartel é do artista David Segade.