23/09/2026
📸 Aínda nos quedaban fotos da Romaría no carrete e sería pecado gardalas para nós 😏
Recuperamos algunhas imaxes do día grande para volver un pouquiño ao 2 de agosto: familias, amigos, encontros, empanadas, paella, licor café, música e ese ambiente que se crea no monte de Exipto e que é difícil explicar se non o viviches.
Búscate e etiqueta aos veciños e veciñas que vexas!
Porque agosto xa quedou atrás, pero algún recordo da Romaría sempre merece unha segunda volta.