17/05/2026
Dende a Fundación Antón Losada Diéguez queremos desexar un feliz Día das Letras Galegas.
Neste 17 de maio celebramos a nosa lingua e a nosa literatura lembrando a figura de Begoña Caamaño, autora homenaxeada nas Letras Galegas 2026.
Para a Fundación é unha data especialmente significativa, xa que Begoña Caamaño foi gañadora do Premio Antón Losada Diéguez na súa XXVIII edición pola obra Morgana en Esmelle.
Este vínculo co Día das Letras Galegas é tamén parte da nosa propia memoria: no ano 1985, esta celebración estivo dedicada a Antón Losada Diéguez, figura esencial do galeguismo e da cultura galega.
Begoña Caamaño non puido recoller persoalmente aquel recoñecemento, pois atopábase moi delicada de saúde, pero a súa voz, a súa escrita e o seu legado permanecen vivos na memoria literaria de Galicia.
Feliz Día das Letras Galegas.