Correspondentes xuvenis 3.0 Bergondo

Correspondentes xuvenis 3.0 Bergondo Información para a xuventude.

22/03/2021

Listas de contratación da Xunta de Galicia

A Xunta de Galicia fai unha convocatoria para que todas aquelas persoas que queiran formar parte das listas de contratación de funcionarios/as e persoal laboral da Xunta de Galicia, podan presentar solicitude.

O prazo de presentación de solicitudes estará aberto desde o día 1 de marzo ata o 30 de abril de 2021
As solicitudes: https://www.xunta.gal/funcion-publica/contratacion-temporal/xeracion-de-solicitudes

Máis información sobre que documentación hai que presentar, pago e exención de taxas, prazas abertas, titulacións...:
https://www.xunta.gal/funcion-publica/contratacion-temporal/xeracion-de-solicitudes

Prazas dispoñibles:https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2021/20210226/AnuncioG0597-160221-0004_gl.pdf =3

22/03/2021

Cursos online para mellorar as competencias dixitais

Fundación Esplai ofrece 4 cursos en liña gratuítos dirixidos fundamentalmente a mellorar as competencias dixitais, de comunicación etc. de profesionais e persoas voluntarias de entidades sociais.

Estas formaciónes están tamén abertas á cidadanía en xeral, aínda que as temáticas e a prioridade é o fortalecemento do sector asociativo.

O prazo de inscrición abrangue do 8 ao 28 de marzo de 2021.

Community manager para telecentros e entidades sociais. Comezo o 05 de abril de 2021 .
# ChicasInTech: crea actividades sobre ciencia e tecnoloxía con perspectiva de xénero. Comezo o 05 de abril de 2021 .
Preparate para obter a Certificación IC3 Global Standard 5 ( GS5). Comezo o 05 de abril de 2021 .
Programación con Python e Intelixencia Artificial. Comezo o 05 de abril de 2021 .
Consulta a información completa en Fundación Esplai
https://fundacionesplai.org/blog/formacion-2/abrimos-inscripciones-ciclo-43-academia-fundacion-esplai/?utm_source=mailpoet&utm_medium=email&utm_campaign=Infoesplai+29+enero+2021

Bolsas de idiomas para persoas con discapacidadeA Fundación ONCE co fin de contribuír á igualdade de oportunidades das p...
22/03/2021

Bolsas de idiomas para persoas con discapacidade

A Fundación ONCE co fin de contribuír á igualdade de oportunidades das persoas con discapacidade convoca axudas para cursos e estancias de entre 4 e 12 semanas de duración para estudar idiomas no estranxeiro. As bolsas para estancias de catro semanas son de 2.000 €, mentres que as de 12 ascenden a 6.000 €.
Todas elas cobren a formación en inglés, francés ou alemán a través de cursos que deberán desenvolverse entre o 15 de febreiro e o 31 de decembro deste ano e que haberán de ter unha carga lectiva de “polo menos 20 clases semanais dun mínimo de 40 minutos cada unha”.

Para quen?: Mozos e mozas de 18 a 29 anos de nacionalidade española con discapacidade legalmente recoñecida de polo menos o 33% e incritos/as en Garantía Xuvenil.

O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 30 de setembro de 2021

https://becas.fundaciononce.es/Paginas/BecasCursoIdiomas.aspx

XVIII Certame Literario do Concello de AmesO Concello de Ames convoca o seu XVIII Certame LiterarioPoderá concorrer a es...
22/03/2021

XVIII Certame Literario do Concello de Ames

O Concello de Ames convoca o seu XVIII Certame Literario

Poderá concorrer a este certame calquera persoa que presente textos inéditos escritos en lingua galega. O tema é libre.
Os menores de idade deben presentar os datos do que exerza como representante legal.

A principal finalidade é a dinamizar o uso escrito do galego a través da expresión artística e creatividade.

En cada modalidade do certame establécense tres categorías:

1ª Categoría (ata os 13 anos)
1º premio: 200 euros
2º premio: 170 euros
3º premio: 140 euros

2ª Categoría (de 14 a 17 anos)
1º premio: 230 euros
2º premio: 200 euros
3º premio: 170 euros

3ª Categoría (18 anos ou máis)
1º premio: 300 euros
2º premio: 260 euros
3º premio: 230 euros

Para o cómputo da idade, establécese como data de referencia o 8 de abril de 2021 (día no que finaliza o prazo de entrega dos traballos participantes).

Os textos poderán remitirse ata o día 8 de abril de 2021 (incluído).
Os textos remitiranse ao Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Ames. Avda. de Azcárraga, nº 5,
Bertamiráns, 15220 Ames, A Coruña.

www.concellodeames.gal

Podes recibir a información publicada na web municipal no teu correo electrónico mediante unha subscrición ao boletín de novidades. Ligazón.

MóveteO Instituto da Lingua Galega da USC (ILG) conmemora este 2021 o seu 50 aniversario e co gallo desta celebración pu...
22/03/2021

Móvete

O Instituto da Lingua Galega da USC (ILG) conmemora este 2021 o seu 50 aniversario e co gallo desta celebración puxo en marcha o concurso de vídeo Móvete, destinado ao alumnado dos institutos de Galicia e das zonas de fala galega fóra de Galicia.
O obxectivo deste concurso é incentivar o uso do galego e, tamén, dar a coñecer o ILG entre a xente nova.

O prazo para a participación estará aberto ata o 31 de maio de 2021.

O concurso está dirixido a alumnado que estea cursando 3º, 4º da ESO, 1º ou 2º de Bacharelato e pódese participar en dúas modalidades, individual e en grupo.
Os vídeos que se presenten a Móvete deberán ser inéditos e orixinais e non poderán superar os dous minutos de duración nin os 300 MB de tamaño.
Os temas que se propoñen para a creación de pezas audiovisuais son Móvete co galego, Conmóvete co galego e Promove o galego.

O xurado elixirá un máximo de tres persoas e tres grupos finalistas por tema, valorando a calidade e orixinalidade da peza, así como o uso creativo das tecnoloxías e das ferramentas empregadas.

O premio para o mellor vídeo individual de cada tema consistirá nun teléfono móbil iPhone.
O premio para o mellor vídeo en grupo de cada tema será unha vídeo-cámara.
Os restantes finalistas recibirán un smartwatch (modalidade individual) e un lote de libros (modalidade de grupo). Ademais, os vídeos difundiranse a través das contas de Instagram e Twitter do ILG e a través da canle de YouTube do instituto, e a peza que obteña unha maior puntuación de acordo coas interaccións a que dea lugar ao longo de todo o concurso recibirá como premio unha tableta.

Este certame está dirixido ao alumnado dos institutos de Galicia e das zonas de fala galega fóra de Galicia que estea cursando 3º, 4º da ESO ou Bacharelato

XVI Premio de banda deseñada “Castelao”A Deputación da Coruña convoca o XVI Premio de banda deseñada “Castelao”Poderán p...
22/03/2021

XVI Premio de banda deseñada “Castelao”

A Deputación da Coruña convoca o XVI Premio de banda deseñada “Castelao”

Poderán participar todas as persoas, maiores de idade, de calquera nacionalidade, que non fosen premiadas nas edicións anteriores, e que presenten narracións en banda deseñada escritas en lingua galega, inéditas e non premiadas en ningún outro premio o certame.
As obras presentadas poderán ser escritas e debuxadas, cada unha delas, por un máximo de dúas persoas autoras (unha como guionista e outra como debuxante).

Establécense dous premios dotados con 6.500 € cada un deles, para cada unha das seguintes categorías:
a) Modalidade Xeral: Para todo tipo de lectores
b) Modalidade LIX: Especialmente dirixido ao lector infantil

A Deputación publicará a/s obra/s premiada/s, reservándose durante un prazo de dezaoito meses os dereitos de editala, e entregará ao gañador trinta exemplares.

A temática das obras será libre, podendo tratarse dunha historia única ou dun conxunto de historias.

Poderán presentarse indistintamente:
- Proxectos, que consistirán en un dossier con un mínimo de 16 páxinas rematadas, tamaño A4, formato PDF, e unha sinopse detallada do contido da obra completa, con unha extensión máxima de tres páxinas.
- Obras completas, tanto en guión coma en debuxo, en cuxo caso deberán ser orixinais, inéditas e non publicadas, na súa totalidade ou parcialmente.
En todo caso, a extensión da obra finalizada terá un mínimo de 48 páxinas.

A presentación farase en formato dixital, por medio dun USB/CD que incluirá na carátula a seguinte inscrición: XVI Premio “Castelao” de banda deseñada, a categoría na que se presenta, o título da obra/proxecto ou o seu lema.

O prazo de presentación das obras estará aberto ata o 30 de abril de 2021.
Máis información no BOP da Coruña do 4 de marzo de 2021 e en

A política de apoio a creadores e creadoras que desenvolve a Deputación céntrase en dous eixos moi consolidados: as bolsas artísticas e de investigación, dun lado, e os premios en diferentes disciplinas artísticas, doutro.

XV Premio de creación fotográfica “Luís Ksado”A Deputación da Coruña convoca o XV Premio de creación fotográfica “Luís K...
22/03/2021

XV Premio de creación fotográfica “Luís Ksado”

A Deputación da Coruña convoca o XV Premio de creación fotográfica “Luís Ksado”.

Poderán participar no concurso todas as persoas maiores de idade, que estean interesadas no campo da fotografía e que non fosen premiadas nas tres edicións anteriores do premio. Ademais, as obras coas que concorran non terán podido ser gañadoras de ningún premio en ningún outro concurso.

Establécese un premio único e indivisible, dotado coa cantidade de 6.500 €.

As fotografías deberán compoñer unha serie dun mínimo de seis e un máximo de doce, en formato de 30 x 40 cm. As copias deberán entregarse sen ningún tipo de montaxe ou enmarcado, en cor ou branco e negro e inscribiranse no campo do fotodocumentalismo, fotoxornalismo ou reportaxe en xeral.

Non se admitirán imaxes de montaxes, nin de manipulación dixital.

Deberá acreditarse por escrito a propiedade intelectual das imaxes presentadas.

A obra será presentada baixo o sistema de plica, polo que será enviada xunto cun sobre á parte en cuxo exterior conste: XV Premio de creación fotográfica "Luís Ksado", o título da obra ou un lema; no interior incluirase unha copia do documento de identidade, dirección, teléfono de contacto, correo electrónico, breve currículo e unha declaración expresa de que a obra é inédita e que non foi premiada, ata a data de presentación, en ningún outro certame ou premio, e de que se é o titular da propiedade intelectual das imaxes presentadas.
As fotografías deberán levar no dorso o título da serie, ou un lema, e o número de orde que teña cada unha delas dentro da serie.

O prazo de presentación dás solicitudes estará aberto ata o 30 de abril de 2021
Máis información non BOP da Coruña do 4 de marzo de 2021 e en

A política de apoio a creadores e creadoras que desenvolve a Deputación céntrase en dous eixos moi consolidados: as bolsas artísticas e de investigación, dun lado, e os premios en diferentes disciplinas artísticas, doutro.

22/03/2021

Premio de Ensaio e Creación Audiovisual Xohana Torres

O Concello de Santiago de Compostela convoca o Premio Xohana Torres de ensaio, investigación e creación audiovisual sobre as mulleres na sociedade galega.

Os traballos que se presenten ao premio tratarán da participación das mulleres na sociedade, e terán como obxectivo resaltar o papel protagonista ou o esquecemento das mulleres nos diferentes ámbitos da sociedade galega. Poderán ser de carácter histórico, político, científico, literario, artístico, etc... e ter forma de ensaio, investigación
científica ou composición audiovisual, e sempre se referirán a mulleres galegas ou experiencias das mulleres en Galicia.

Modalidade ensaio:
a) As persoas participantes deberán presentar por duplicado un único traballo en soporte dixital, en formato PDF cun tamaño máximo do arquivo de 100 MB presentándose en cada un do seu DVD ou Pendrive.
Os traballos terán unha extensión mínima de 150 páxinas e máxima de 300 páxinas, a dobre espazo, tamaño da fonte 12, con marxes de 2,5 centímetros, a unha soa cara e numeradas.
b) As obras, deberán presentarse coa seguinte estrutura: introdución, na que se exprese o tema e o obxectivo
do ensaio; desenvolvemento do tema, coa exposición e a análise de leste; conclusións, os/as autores/ as expresarán as súas ideas sobre o tema; bibliografía, coas referencias ás fontes consultadas.

Modalidade creación audiovisual:
a) Os traballos audiovisuais poderán corresponderse con calquera tipo de expresión artística e terán unha duración mínima de 15 minutos.
b) Presentaranse por duplicado en cadanseu DVD ou pendrive, no que se incluirá unha copia do vídeo.

Premiaranse dous traballos, un na modalidade de ensaio e outro na modalidade de creación audiovisual.
Cada un dos premios estará dotado con 2.500 €.
As obras publicaranse por parte do Servizo de Publicacións da Universidade de Santiago de Compostela.

Todas as obras terán que estar redactadas en lingua galega e empregar a linguaxe non sexista

O prazo para presentar obras estará aberto ata o 29 de decembro de 2021
Máis información no BOP da Coruña do 4 de marzo de 2021

XIV premio internacional Compostela para álbums ilustradosO Concello de Santiago en colaboración coa editorial Kalandrak...
22/03/2021

XIV premio internacional Compostela para álbums ilustrados

O Concello de Santiago en colaboración coa editorial Kalandraka convoca o XIV premio internacional Compostela para álbums ilustrados.
Poderán optar ao premio todas as obras que se poidan incluír na categoría de álbum ilustrado: un libro no que o relato se conta a través de imaxes, ou de imaxes e textos, de tal maneira que ambos os dous se complementen.

As obras poden presentarse en calquera das linguas oficiais peninsulares e serán orixinais e inéditas.
Os proxectos poderán presentarse en calquera tamaño, técnica e formato, pero a extensión non poderá superarar as 40 páxinas interiores.

Os/as autores/as que opten ao premio deberán presentar:
Cinco copias do texto.
Tres ilustracións orixinais e cinco fotocopias en cor de cada unha delas.
Unha maqueta acabada do proxecto que se presenta.

Nas obras non deberá figurar o nome dos/as autores/as senón un lema ou pseudónimo. Os datos persoais dos e das participantes achegaranse nun sobre pechado indicando no exterior o título da obra e o lema ou pseudónimo,e no seu interior, o nome ou nomes completos, enderezo postal, teléfono de contacto e enderezo electrónico.Dentro do sobre tamén se incluirán unha fotocopia do DNI ou pasaporte así como unha breve recensión biográfica.

O prazo para presentar as obras estará aberto ata o 14 de maio de 2021.
O premio é de 9000 € e a publicación da obra en tódalas linguas peninsulares no mes de novembro de 2021.
Máis información en www.kalandraka.com e no BOP da Coruña do 4 de marzo de 2021

Editorial especializada en literatura infantil.

Canal de Whatsapp XuventudeSe tes entre 18 e 30 anos seguro que sabes que podes beneficiarte de numerosos descontos en c...
22/03/2021

Canal de Whatsapp Xuventude

Se tes entre 18 e 30 anos seguro que sabes que podes beneficiarte de numerosos descontos en comercios, actividades de ocio e transportes grazas ao Carné Xove. Seguro que sabes que podes acceder a bolsas para os teus estudos, para realizar prácticas formativas en Europa e mesmo viaxes a países tan interesantes como Xapón. Seguro que tamén coñeces os premios, certames e concursos nos que recoñecemos a creatividade e o talento xuvenil. E, por suposto, sabes que tes ao teu alcance numerosas accións de voluntariado e que mesmo podes desfrutar de estadías de fin de semana no rural galego cargadas de aventuras... ¿Ou non o sabías?

Se non sabías nada disto ou, se aínda coñecendo toda esta oferta, queres apuntarte antes que ninguén, esta mensaxe seguro que che interesa.

Desde a Xunta de Galicia, a través da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado da Consellería de Política Social, puxemos en marcha por primeira vez un canal de WhatsApp a través do cal damos a coñecer todos os programas, novidades e accións nas que podes participar como persoa nova. Ao mesmo tempo, respondemos tamén a todas as túas dúbidas, preguntas e inquedanzas.

Para poder sumarte a esta iniciativa precisamos o teu consentimento expreso, simplemente enviando un mail ao enderezo: [email protected], indicándonos o teu número de móbil.

No asunto debes poñer: WhatsApp de Xuventude.

Esperamos recibir pronto noticias túas.

Encontro de Correspondentes XuvenísXa está aquí un novo Encontro de Correspondentes Xuvenís de toda Galicia.Este curso n...
22/03/2021

Encontro de Correspondentes Xuvenís

Xa está aquí un novo Encontro de Correspondentes Xuvenís de toda Galicia.

Este curso no pode ser de xeito presencial pero... temos a opción de facelo virtual.

Será os días 17 e 18 de abril que son sábado e domingo, coincidindo co Día europeo da información xuvenil.

Se es Correspondente Xuvenil e queres participar, fala co teu profesor/a responsable do programa, que será a persoa encargada de facer a inscrición.

Correspondentes

Programa do Encontro Virtual de Correspondentes Xuvenís

SÁBADO 17

11:00 Cerimonia de apertura
Intervención de Cristina Pichel Toimil, Directora Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado 3c

11:20
Icebreaker: mírate no espello
Xogo interactivo de ideación en grupos

13:20. Xantar (emisión de vídeos gravados durante a sesión)

16:30-19:30 Workshops (asistencia a 3 talleres escollendo entre 5)
1. Crea o teu propio podcast
2. Tiktokers con cabeza
3. Seo para a mocidade
4. Descubre Discord
5. Smartphoners

DOMINGO 18

10:30. Hackathon
Os equipos traballan cos mentores nas súas ideas aplicando conceptos desenvoltos nos talleres do sábado.

13:20. Xantar (emisión de vídeos gravados durante a sesión )

15:00-17:30 Hackathon
15:00. Os equipos traballan e preparan a súa presentación.
16:00. Os equipos presentan a súa idea nalgún dos formatos traballados.
17:30. Anuncio do equipo gañador tras a deliberación do xurado
17:45. Cerimonia de clausura e avaliación virtual do encontro

A plataforma que empregaremos será Zoom e estaredes acompañados en todo momento e en todas as actividades por varios monitores/monitoras.

Haberá premios interesantes...

Lembra: se queres participar, contacta co profesorado responsable do programa Correspondentes Xuvenís no teu centro.

Dirección

Bergondo, Galicia
Bergondo
15165

Horario de Apertura

Lunes 09:00 - 13:00
Martes 09:00 - 13:00
Miércoles 09:00 - 13:00
Jueves 09:00 - 13:00
Viernes 09:00 - 13:00

Página web

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Correspondentes xuvenis 3.0 Bergondo publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto La Organización

Enviar un mensaje a Correspondentes xuvenis 3.0 Bergondo:

Compartir