10/04/2026
O Diario Oficial de Galicia vén de publicar a actualización do Nomenclátor de Galicia. A partir de mañá, a denominación "Verdillo" será a forma oficial en todos os ámbitos administrativos, cartográficos e institucionais.
Este proceso, iniciado no ano 2018 polo Consello Parroquial, pretendía aclarar a etimoloxía do topónimo e poñer fin á histórica confusión de escritura do mesmo.
Con esta finalidade, o Seminario de Onomástica da Real Academia Galega realizou un informe, presentado no 2024, sobre a evolución do topónimo dende a Idade Media até a actualidade. Este informe, que se pode consultar no Centro Social ou en , chega á conclusión de que o topónimo débese escribir con V.
Así mesmo, modifícase a denominación dos lugares do Añón de Verdillo e A Feira de Verdillo.
Agradecemos a todas as persoas que colaboraron para que este informe fora posible.
Publicación no DOG: xunta.gal/dog/Publicados/2026/20260410/AnuncioG0766-080426-0003_gl.html