02/04/2025
🌈 Xunt@s facemos máis 🌈
A pregunta de sempre: e isto da Anpa para que é ❓
Hai beneficios ❓
Temos a idea que Anpa=actividades extraescolares coma se a asociación fose unha simple xestora de actividades.
Non se nega o evidente, fan prezos máis asequibles e hai + oportunidades se solicita dende unha asociación que dende un particular ou unha administración pública. Pero non solo ten esa misión.
Estamos en contacto e tentamos coordinarnos co resto de asociacións para colaborar, co Concello, co Centro de Servizos Sociais, coas administracións públicas,... E sen esquecer a relación máis importante o centro educativo.
Asesoramos ás familias, búscanse opcións e oportunidades no rural para o alumnado e e as súas familias. Somos a vía de comunicación coa administración. Onde a administración frena ao centro educativo somos o seguinte escalón. Loitar polos seus dereitos e que se cubran as súas necesidades, temos un gran frente aberto co alumnado NEE e NEAE, co transporte, etc.
A través da federación conseguimos formacións gratuitas para as familias e obradoiros para o alumnado. Tamén con subvencións excursións. E con máis colaboración e máis soci@s poderíanse facer outras accións.
Lembrade que volveron a ter orlas e, dende o último curso, o alumnado que marcha asociado algunha sorpresa a maiores. E tod@s teñen o seu detalle.
FAGAMOS O POSIBLE PARA CONTRIBUÍR, MELLORAR E LOITAR POLOS DEREITOS EDUCATIVOS D@S NOS@S FILL@S.
🌈Xunt@s facemos ➕🌈