Colectivo Patrimonio dos Ancares

Cómo llegar Página web Contactar con la organización

Colectivo Patrimonio dos Ancares Toda a información sobre o patrimonio arqueolóxico, patrimonio relixioso, patrimonio medieval, etn

UN CRIME NO PORTELO. DE QUEN É O MORTO? A aldea do Portelo atópase entre os concellos de Cervantes (Lugo) e Valboa (O Bi...
03/11/2026

UN CRIME NO PORTELO. DE QUEN É O MORTO? A aldea do Portelo atópase entre os concellos de Cervantes (Lugo) e Valboa (O Bierzo). Pola prensa histórica sabemos que entre finais do século XIX ata os anos corenta do XX as liortas eran bastante frecuentes, mesmo algunhas remataban de forma cruenta. Pero esta acontecida no Portelo, que recollemos dende o Colectivo Patrimonio dos Ancares tanto na Braña (O Bierzo) como en Vilarello (Cervantes), quedou especialmente gravada. No ano 1934 produciuse un dobre crime debido a unha discusión por unha partida de cartas. Unha das persoas, morta a estacazos, ocasionou un conflito xurisdicional sen precedentes entre a xustiza, e todo porque o morto caeu nos dous territorios, quedándolle os pés en territorio de Cervantes e a cabeza en territorio de Valboa. Os xulgados de Galicia e León non se poñían de acordo para ver quen levantaba o cadáver. O tempo pasaba sen que foran quen de ditaminar a quen lle correspondía actuar. A expectación medraba co transcorrer das horas, mesmo as autoridades tiveran que triplicar o número de gardas civís enviados nun primeiro momento para poñer orde xa que todo o mundo quería ver de cerca á vítima. Ao final, foron os máis vellos da zona os que deron coa solución: Galicia tiña que facerse cargo porque fora onde lle quedaran os pés ao morto. Razoouse así porque os pés ían sempre pra onde lles mandaba a cabeza. Ademais, lembrou un, cando morría alguén, o defunto era transportado no cadaleito cara a igrexa e o cemiterio cos pés por diante. Os xuíces, diante de razoamento tan contundente, nada obxectaron.

Nin Halloween nin Samaín. Ata non hai moitos anos, na comarca dos Ancares e no resto de Galicia nunca se escoitou nin se...
30/10/2026

Nin Halloween nin Samaín. Ata non hai moitos anos, na comarca dos Ancares e no resto de Galicia nunca se escoitou nin se celebrou tal cousa. Sempre foi o Día de Defuntos. Aí deixamos unha entrada no blog do noso colectivo.

Colectivo Patrimonio dos Ancares, mámoa, castro, petroglifo, igrexa, capela, mosteiro, etnografía, lenda, tradición, historia, ponte, castelo

MOVENDO OS MARCOS E UN DITO. Na Real Chancillería de Valladolid consérvase un plano do ano 1790 (imaxe 1), confeccionado...
20/10/2026

MOVENDO OS MARCOS E UN DITO. Na Real Chancillería de Valladolid consérvase un plano do ano 1790 (imaxe 1), confeccionado a raíz dun preito promovido por Julián Gómez e outros veciños de Horta e da Serra de Horta contra os da Valiña, lugares da freguesía de Agüeira, concello de Becerreá. Os de Horta e Serra de Horta acusaban aos da Valiña, non só de mover os marcos para ampliar o seu territorio, senón incluso de arrancalos (imaxe 2). Por moito que buscamos, descoñecemos en que quedou a cousa. Imaxe 3: casa-torre de Horta, onde se ve un escudo, vencellada aos Bolaño, Ulloa e Ribadeneira (o promotor do preito, Julián Gómez, pertencía a estas familias).

Daquelas, os da Valiña non lle debían ter moito apego á xente de Horta e de Torallo. Un seminarista anónimo que estivo en Becerreá a finais do século XIX recolleu o seguinte dito: “Os de Horta comen o caldo nunha biorta, i-os de Torallo nun fardallo”, burlábanse porque dicían que os de Horta utilizaban como recipiente para comer cuncas feitas con bimbios, pallas ou ramas verdes, e os de Torallo teas vellas moi gastadas ou rotas.

Detalle dun plano do ano 1798 onde aparece a aldea de Nantín, en Becerreá, e a igrexa. Santiago de Nantín foi parroquia ...
17/10/2026

Detalle dun plano do ano 1798 onde aparece a aldea de Nantín, en Becerreá, e a igrexa. Santiago de Nantín foi parroquia ata a súa supresión no século XIX. Daquelas pertencía a Neira de Rei (no actual concello de Baralla), na actualidade a Cascallá (Becerreá). A arruinada igrexa tiña pinturas murais. De Nantín era o anarquista Francisco Otero González quen o 30 de decembro de 1879 atentou en Madrid contra Alfonso XII. Benito Pérez Galdós cítao nos seus “Episodios Nacionales”.

Aí deixamos unha entrada ao blog do Colectivo Patrimonio dos Ancares  sobre a pouco coñecida igrexa parroquial de San Re...
26/09/2026

Aí deixamos unha entrada ao blog do Colectivo Patrimonio dos Ancares sobre a pouco coñecida igrexa parroquial de San Remixio de Liber, no concello de Becerreá, onde tamén falamos duns chamativos topónimos e dunhas curiosas (ou non) coincidencias.

Colectivo Patrimonio dos Ancares, mámoa, castro, petroglifo, igrexa, capela, mosteiro, etnografía, lenda, tradición, historia, ponte, castelo

Unha mágoa. Ata sempre, Ana.
20/09/2026

Unha mágoa. Ata sempre, Ana.

A maior de tres irmás e con tres fillos, a súa vida desenvolveuse amarrada á vida cultural e ás xentes da súa terra nai

É A ROMARÍA “CAMPESTRE” DO SANTO (ECCE-HOMO) DE CADOALLA, EN BECERREÁ, A MÁIS ANTIGA DE GALICIA? Co de “campestre” refer...
06/09/2026

É A ROMARÍA “CAMPESTRE” DO SANTO (ECCE-HOMO) DE CADOALLA, EN BECERREÁ, A MÁIS ANTIGA DE GALICIA? Co de “campestre” referímonos a que despois da celebración dos actos relixiosos na igrexa ou capela acostúmase levar viandas das que se dá conta nas inmediacións. Estamos a falar, claro está, de romarías lúdico-relixiosas documentadas por escrito, non das achegadas pola tradición ou a lenda. A do San Ramón de Bealo, no concello de Boiro, é a que se ten pola máis antiga, cunha primeira noticia que data do ano 1756 (hai 270 anos). Isto chamounos a atención porque a primeira noticia (insistimos, documentada) da romaría do Santo de Cadoalla data do ano 1727 (hai 299 anos), cando o párroco, Xosé Valcárcel Quiroga, mercou a talla do Ecce-Homo a un carpinteiro dos “Picos de Ancares”, e que logo, “en magna procesión”, veciñas e veciños das parroquias de Becerreá, Ouselle, Cruzul e Cadoalla emprenderon o longo percorrido coa imaxe ata a igrexa de San Pedro. Os días da romaría viñan soldados pra manter a orde xa que as liortas eran bastante frecuentes. Pagábaselle coas doazóns dos asistentes; segundo os Libros de Fábrica da igrexa de Cadoalla que consultamos hai uns anos, no ano 1827 o custo ascendeu a 40 reás "que se dieron a los soldados que vinieron a pacificar la romería". Aínda que historicamente os días principais da romaría son o 14 e 15 de setembro, este 2026 celébrase os días 12, 13, 14 e 15. Boas Festas! (A foto en branco e negro da igrexa do San Pedro de Cadoalla é dos anos corenta do pasado século, extraída de “O feitizo de Maruja Roca”, de Nieves Neira). Más sobre a romaría no noso blog: https://arqueoloxiadosancares.blogspot.com/2011/01/as-festas-do-santo-cadoalla-becerrea.html

Este 2026 cúmprense 299 anos (dise pronto) do comezo da romaría do Ecce-Homo de Cadoalla, no concello de Becerreá. Os dí...
02/09/2026

Este 2026 cúmprense 299 anos (dise pronto) do comezo da romaría do Ecce-Homo de Cadoalla, no concello de Becerreá. Os días 12, 13, 14 e 15 de setembro celébranse na parroquia de Cadoalla as afamadas Festas do Santo (o Ecce-Homo). Trátase da romaría máis antiga do concello de Becerreá, e tamén unha das máis antigas, documentada, da comarca dos Ancares. Nesta entrada da nosa páxina, ademais da súa historia, tamén achegamos algúns datos curiosos, recollidos da información documental e da tradición oral. O vindeiro 2027 é o terceiro centenario que, de seguro, se celebrará por todo o alto. Felices Festas!

Colectivo Patrimonio dos Ancares, mámoa, castro, petroglifo, igrexa, capela, mosteiro, etnografía, lenda, tradición, historia, ponte, castelo

O vindeiro sábado, 5 de setembro de 2026, I XORNADA DO PATRIMONIO NAVIEGO. Programa: 11:00: Visita ao casco histórico da...
31/08/2026

O vindeiro sábado, 5 de setembro de 2026, I XORNADA DO PATRIMONIO NAVIEGO. Programa: 11:00: Visita ao casco histórico da Proba de Navia. 12:30: Charlas a cargo do historiador Daniel-Lucas Teijeiro Mosquera, Xabier Moure do Colectivo Patrimonio dos Ancares, Carlota Eirós do Consello da Cultura Galega. 15:00: Xantar campestre no Alargo. 17:00: Charlas a cargo de Daniel Gómez Majide do Colexio de Arquitectos de Galicia, Carlos Henrique Fernández Coto da Asociación para a defensa do Patrimonio Cultural Galego. Mesa Redonda e conclusión da xornada.

“Feria en Becerreá” é un cadro pintado a mediados do século XX por Asunción Bonet  Correa (A Coruña, 1922-2011) que asin...
03/08/2026

“Feria en Becerreá” é un cadro pintado a mediados do século XX por Asunción Bonet Correa (A Coruña, 1922-2011) que asinaba as súas obras como “Choncha Bonet”. Súa nai foi a escritora Asunción Correa Calderón (“Florisel”), nada na parroquia de Penarrubia (Baralla). A feira máis antiga da comarca que temos documentada (ano 1525) celebrábase xunto o mosteiro de Santa María de Penamaior; nese documento o prior do mosteiro ordena aos asistentes ao mercado que non entorpezan as entradas a devotos e peregrinos. Como curiosidade, nos Interrogatorios do Catastro de Ensenada, celebrados nos seis concellos da comarca dos Ancares a mediados do século XVIII, só cita unha feira: a de Penamaior. Na “Carta Geométrica de Galicia”, do matemático Domingo Fontán, feita entre 1817 e 1834, só indica tres sitios onde se celebraban feiras na comarca: Penamaior (Becerreá), Seixas (Cervantes) e Doncos (As Nogais). No ano 1889 deixa de celebrarse a feira en Penamaior, pasando á vila de Becerreá o terceiro domingo de mes, pasando ao pouco tempo ao día 19. A partir do ano 1920 celébranse dúas: o primeiro domingo do mes (que despois pasaría ao día 3) e o día 19. No 1925 tamén se celebran dúas anuais: o terceiro domingo de setembro e tres de outubro (un acordo do Concello do ano 1870 fala dun mercado dominical, pero descoñecemos si comezou a funcionar). No ano 1873 había outra feira o 12 de cada mes, pero pouco debeu durar, que non volveu a establecerse, a petición de varios veciños, ata outubro de 1951, deixando de funcionar no ano 1962. Na actualidade mantéñense a do 3 e 19.

Dirección

Becerreá
27640

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando Colectivo Patrimonio dos Ancares publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Contactar Con La Organización

Enviar un mensaje a Colectivo Patrimonio dos Ancares:

Atajos

Compartir

Organizaciones Sin Fines De Lucro cercanos


Otros Organización sin ánimo de lucro en Becerreá

Ver Todo