16/10/2026
QUE FACER EN BARRO ESTA FIN DE SEMANA.
📢SABOR DE HORTA
🌱 Este sábado, 17 de outubro, temos unha nova oportunidade para g***r desta interesante iniciativa que pon en valor a horta e os produtos da terra.
🥕 Unha proposta organizada polos colectivos Medrar 2.0 e o Grupo de Horta Ecolóxica, que terá lugar na Escola de Agudelo.
Marabillosas iniciativas que fomentan a sustentabilidade, a produción local e o respecto pola nosa contorna. 💚
📍 Escola de Agudelo
📅 Sábado, 17 de outubro
📢CONCERTO HABELAS HAINAS - CONCERTO DOS CANDÍS
+MÚSICA.
SÁBADO 17 DE OUTUBRO, ÁS 20:30 NO PAZO DA CREGA
Este sábado 17 de outubro ás 20:30 h, o Pazo da Crega encherase de música, co concerto de Habelas Hainas. 🎶💜
E queremos que ti tamén formes parte desta noite tan especial! 🌙
Propoñémosvos o "Concerto dos candís" : traede o voso candil para que, entre todas e todos, iluminemos o espazo e creemos unha atmosfera máxica, chea de pequenas luces e música. 🕯️✨
Imaxinade o Pazo iluminado polos vosos candís mentres soa a música de Habelas Hainas… Unha desas imaxes que quedan gardadas na memoria. 💫
Non fai falta moito: un candil e ganas de compartir unha noite diferente.
💜 Anímate a vir, trae o teu candíl e axúdanos a facer deste concerto algo único!
📍 Pazo da Crega
📅 17 de outubro
🕣 20:30 h
Actividade subvenciónada a través do programa +Música da Deputación de Pontevedra.