24/02/2024
𝗜 𝗖𝗔𝗥𝗥𝗘𝗜𝗥𝗔 𝗣𝗢𝗟𝗔 𝗜𝗚𝗨𝗔𝗟𝗗𝗔𝗗𝗘 𝗕𝗔𝗥𝗕𝗔𝗗Á𝗦 🏃♀️🏃
𝐅𝐞𝐫𝐧𝐚𝐧𝐝𝐨 𝐆𝐨𝐧𝐳á𝐥𝐞𝐳, veciño de Barbadás diagnosticado cun mieloma múltiple (cáncer de sangre) e que protagoniza unha gran historia de superación, será o encargado de abrir a carreira nunha bicicleta adaptada. Tamén está prevista a participación de deportistas que son todo un referente como a olímpica 𝐀𝐝𝐢𝐚𝐫𝐚𝐭𝐨𝐮 𝐈𝐠𝐥𝐞𝐬𝐢𝐚𝐬. A cantante 𝐂𝐚𝐫𝐨𝐥𝐢𝐧𝐚 𝐑𝐮𝐛𝐢𝐫𝐨𝐬𝐚, que reivindica a igualdade nas súas cancións, tamén asistirá e ofrecerá, xa pola tarde, un concerto na Casa da Cultura.
A concelleira de Igualdade, Elisabet González, anima a toda a cidadanía a participar na carreira, “que reivindicará a igualdade no marco da programación polo 8M e volverá a demostrar a solidariedade dos nosos veciños e veciñas”. Tamén lembra que esta loita non entende de datas e que aínda queda moito traballo por facer para lograr unha igualdade real.
✅ 𝗗𝗢𝗔𝗭Ó𝗡𝗦 ao 𝐁𝐀𝐍𝐂𝐎 𝐃𝐄 𝐀𝐋𝐈𝐌𝐄𝐍𝐓𝐎𝐒 𝐃𝐄 𝐁𝐀𝐑𝐁𝐀𝐃Á𝐒:
- O importe íntegro da inscrición (3,00€)
- Dorsal CERO - Importe solidario
✅ 𝗜𝗡𝗦𝗖𝗥𝗜𝗖𝗜Ó𝗡𝗦 EN 𝙎𝙋𝙊𝙍𝙏𝙈𝘼𝙉𝙄𝘼𝘾𝙎: https://sportmaniacs.com/es/services/inscription/carreira-alternativa-barbadas-2024
Concello de Barbadás Casa da Mocidade Barbadás Xose Carlos Valcarcel Doval EDC Barbadás A cabra tira ó monte CIM - Centro de Información ás Mulleres - Concello de Barbadás Carolina Rubirosa Music Fernando González Carrera
Inscripciones abiertas para participar en todas las categorías disponibles de 1º CARREIRA POLA IGUALDADE -BARBADÁS. ¡Inscríbete ya!