Baíña F.S.

Cómo llegar

Baíña F.S. Facebook oficial del Baiña F.S. 💛| con coraxe e con valores desde 1996 💪|

Equipos:
Xabaríns, Prebenjamines, Benjamines, Infantiles, Cadetes, Juveniles, Senior Femenino, Senior Masculino y 2 equipos en Liga Social

HORARIOS FIN DE SEMANA
23/10/2026

HORARIOS FIN DE SEMANA

Algunhas fotos do noso infantil Lucasa neste comezo de tempada. Moito traballo e moito esforzo en cada adestramento e en...
22/10/2026

Algunhas fotos do noso infantil Lucasa neste comezo de tempada. Moito traballo e moito esforzo en cada adestramento e en cada partido.

Dá gusto ver como o grupo se implica e como vai medrando semana a semana.

📸Joaquín Sierra 👏🏼

💛 OS NOSOS ADESTRADORESPresentámosvos a Hugo Marcote e Adri Pérez, os adestradores do noso equipo benxamín.Os dous chega...
21/10/2026

💛 OS NOSOS ADESTRADORES

Presentámosvos a Hugo Marcote e Adri Pérez, os adestradores do noso equipo benxamín.

Os dous chegaron ao club en categoría xabarín. Creceron connosco e hoxe son exemplo de canteira: coñecen o club por dentro e saben o que significa levar este escudo, os valores do club, a súa identidade

Os nosos benxamíns teñen a sorte de aprender con quen xa pasou polo mesmo camiño. É a mellor formación que lles podemos dar, dentro e fóra da pista.

💛 GRAZAS MANDUCAManduca Baiona renova o seu apoio ao Baíña F.S.O deporte en Baiona non se entende sen a colaboración de ...
20/10/2026

💛 GRAZAS MANDUCA

Manduca Baiona renova o seu apoio ao Baíña F.S.

O deporte en Baiona non se entende sen a colaboración de Bocatería Manduca. Sempre dispostos a axudar, agradecemento eterno de parte de toda a familia amarela.

Que un comercio de Baiona aposte polo deporte de base e polo noso club axúdanos a seguir adiante cada tempada. Tamén nos fai sentir a vila preto.
Se tes un comercio ou un negocio en Baiona e che apetece sumarte a este camiño, aquí tes as portas abertas. Escríbenos por privado e falamos.

💛 Un adestramento diferenteOnte tivemos unha actividade moi especial no club. Os nosos xabarines e prebenxamíns gozaron ...
20/10/2026

💛 Un adestramento diferente

Onte tivemos unha actividade moi especial no club. Os nosos xabarines e prebenxamíns gozaron dun contacontos e dun taller, e foi un pracer velos tan atentos e participativos.

Foi unha forma de achegarnos á Asociación CTNNB1, que apoia a investigación e as familias afectadas por esta síndrome rara. Tamén para que os máis pequenos coñezan que hai nenos e nenas que precisan do noso apoio, como a nosa veciña Nora.

No club queremos que o deporte sexa tamén un espazo para aprender a ser solidarios, a coidar dos demais e a implicarnos coa nosa vila.

Grazas a Andrea Pichel pola iniciativa e por dinamizar a actividade e a todas as familias que apoiastes.

❤️ RESULTADOS FIN DE SEMANASenior A Lemfer: vitoria por 10-3 colocándose na parte alta da táboa.Senior B A Goleta/Frutas...
19/10/2026

❤️ RESULTADOS FIN DE SEMANA

Senior A Lemfer: vitoria por 10-3 colocándose na parte alta da táboa.
Senior B A Goleta/Frutas Vilar: vitoria por 2-10.
Senior feminino Sirius: derrota por 1-5.
Xuvenil A Talleres Figueroa: empate 5-5 nun partidazo ante Composala. 📸
Xuvenil B IP Technology: derrota en Tui.
Cadete Manduca: empate nun duelo da parte alta da táboa.
Infantil Goycar: derrota ante Pecheches.

Grazas a todos os equipos polo esforzo, e a xogadoras, xogadores, adestradores e familias por acompañarnos cada semana.

Vémonos na próxima xornada.

💛 OS NOSOS ADESTRADORESMartín é un ano máis o adestrador do equipo sénior B.Faino con moito traballo e moito rigor, sema...
15/10/2026

💛 OS NOSOS ADESTRADORES

Martín é un ano máis o adestrador do equipo sénior B.

Faino con moito traballo e moito rigor, semana tras semana. É un home de club, desas persoas que sempre están e que fan que o Baíña sexa o que é polos seus valores e compromiso.

Grazas, Martín, por todo o que achegas ao club e ao equipo.

💛 NOVA TEMPADA CO JUAN MARÍAComeza a tempada para o equipo que formamos en colaboración co centro de educación especial ...
15/10/2026

💛 NOVA TEMPADA CO JUAN MARÍA

Comeza a tempada para o equipo que formamos en colaboración co centro de educación especial Juan María. Un equipo que leva anos camiñando xunto a nós e que acaba de retomar os adestramentos e partidos con moitas ganas.

Grazas ao centro e a todas as persoas que fan posible esta colaboración que nos enche de orgullo e a Baitra pola súa colaboración para desenvolver a actividade.

CADETE💛O equipo cadete está facendo un traballo moi bo neste inicio de tempada. Hai esforzo, compañeirismo e ganas de me...
14/10/2026

CADETE💛

O equipo cadete está facendo un traballo moi bo neste inicio de tempada. Hai esforzo, compañeirismo e ganas de mellorar en cada adestramento e en cada partido.

Tamén queremos recoñecer a axuda dalgúns xogadores do infantil, que se están sumando co mesmo compromiso e están aprendendo moito con resto do equipo.

Eses son os valores que nos gusta ver no club: apoiarse uns aos outros, traballar en equipo e disfrutar do que facemos.

Dirección

Bahiña
36300

Página web

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando Baíña F.S. publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Atajos

Compartir