Barca de Loimil

Cómo llegar Contactar con la organización

Barca de Loimil No contexto Social da vila de Arbo, en xullo de 1989, fundouse da man dun grupo de mozos a A.C. Barc

🍂 «𝘖 𝘔𝘢𝘨𝘰𝘴𝘵𝘰 é 𝘢 𝘦𝘴𝘤𝘶𝘴𝘢… 𝘹𝘶𝘯𝘵𝘢𝘳𝘯𝘰𝘴 é 𝘰 𝘲𝘶𝘦 𝘱𝘳𝘦𝘴𝘵𝘢!»🌰 Castañas quentiñas a esgalla! 🍷 Algo para mollar a palabra..e a pal...
16/10/2026

🍂 «𝘖 𝘔𝘢𝘨𝘰𝘴𝘵𝘰 é 𝘢 𝘦𝘴𝘤𝘶𝘴𝘢… 𝘹𝘶𝘯𝘵𝘢𝘳𝘯𝘰𝘴 é 𝘰 𝘲𝘶𝘦 𝘱𝘳𝘦𝘴𝘵𝘢!»

🌰 Castañas quentiñas a esgalla!
🍷 Algo para mollar a palabra..e a palleta
🎉 E moita Festa! Para quedar na casa xa temos o inverno.

📅 7 de novembro | 19:00 h
📍 Local da Barca de Loimil – Arbo

Vide con fame, con ganas de pasalo ben e sen presa por marchar!!
🌰🔥🎉

Non é de perder...👌🤪

🎉 A FESTA DO SOCIO VAI DE EXCURSIÓN! 🚌💨Este ano poñemos rumbo a Lugo para vivir o San Froilán como manda a tradición! 💜💙...
12/09/2026

🎉 A FESTA DO SOCIO VAI DE EXCURSIÓN! 🚌💨

Este ano poñemos rumbo a Lugo para vivir o San Froilán como manda a tradición! 💜💙

📅 Domingo 11 de outubro
🚌🍽️ Bus + comida incluídos
💰 25 € socios | 50 € non socios

📲 Anótate no 615 224 331 ata o 1 de Outubro!

San Froilán, prepárate que chega a Barca de Loimil! 🚍🔥

11/09/2026

Tardamos un anaquiño, pero aquí está o vídeo do noso XXV Festival!

Desfrutádeo!!

10/09/2026

E COMEZAN AS CLASES.....para tod@s, e tamén para a Barca de Loimil. O sábado 19, tes unha cita no Multiusos de Arbo, con Uxía, Óscar e Samuel, os profesores que farán que sexa unha experiencia espectacular, e onde aprenderás as tocar, bailar e cantar da man dos mellores ..... E onde o pasaremos xenial con toda esta familia.
VÉMONOS EN ARBO!!

🎆MAÑÁ… VÉMONOS EN SELA!!! 🎆🍀 E OLLIÑO… NON MARCHEDES SEN A VOSA LOTERÍA!🎟️ 31.730 🎟️Apuntádeo ben, porque este é o que v...
22/08/2026

🎆MAÑÁ… VÉMONOS EN SELA!!! 🎆

🍀 E OLLIÑO… NON MARCHEDES SEN A VOSA LOTERÍA!
🎟️ 31.730 🎟️
Apuntádeo ben, porque este é o que vai tocar… e despois non queremos choros 😅

E para quen queira ir á última moda barqueira 😎👇
As nosas saquetas e as nosas camisetas!!!!

Hoxe pasade polo stand das Patinadoras de Arbo, na Fiesta de la Lamprea de Arbo na Carballeira de Turbela,  ademais de b...
09/08/2026

Hoxe pasade polo stand das Patinadoras de Arbo, na Fiesta de la Lamprea de Arbo na Carballeira de Turbela, ademais de botar unha ollada, saudar e facer vida social como manda a tradición… 👀😂, tamén podedes facer algo moi importante:

👉 COLABORAR CON NÓS LEVANDO UN CACHIÑO DA BARCA PARA A CASA! 💙🤍

Temos o noso exclusivo, marabilloso e absolutamente necesario “merchandaisin”:

🎰 XA TEMOS LOTERIA DE NADAL!! NON MARCHEDES SEN A VOSA PARTICIPACION....QUE DESTA TOCA!!!

👜 Saquetas de tea, estupendas e todoterreo: valen para levar o pan, a compra, a merenda, as partituras, as botellas do viño de Arbo… ou todas esas cousas que “por se acaso” acabamos levando sempre. 😎

👕 Camisetas fermosísimas, cun deseño moi especial inspirado nun dos pequenos grandes tesouros agochados de Arbo: os petroglifos do Castelo. 🌀🪨
Porque presumir de patrimonio tamén se pode facer con estilazo!

E o mellor de todo: coa vosa compra colaborades coa Barca de Loimil e axudades a que sigamos facendo música, cultura, actividades e algunha que outra boa festa. 🥁🎶💃

⚠️ Aviso: as saquetas teñen unha perigosa tendencia a quedar ben con todo e as camisetas poden provocar preguntas do tipo:
“E iso de onde é?”
— De Arbo, meu ben. Onde ía ser? 😌

Barca de Loimil

🎶 Hai persoas que deixan pegada... e Xisco Feijoó é unha delas! 💚Na Barca de Loimil tivemos a enorme sorte de contar con...
06/08/2026

🎶 Hai persoas que deixan pegada... e Xisco Feijoó é unha delas! 💚

Na Barca de Loimil tivemos a enorme sorte de contar con él como mestre, compartindo connosco a súa paixón pola música, o baile e a nosa tradición. Un deses mestres que non só ensinan, senón que contaxian ilusión e amor polo noso. 💙🤍

Agora tócalle facer vibrar Arbo enriba do escenario!
Este 8 de Agosto na Carballeira de Turbela as 22:30 🎤🎆🪅

Moita sorte, Xisco! Será unha ledicia verte triunfar de novo. Vémonos bailando e cantando! 💃🕺🎶

Deputación Pontevedra
Concello de Arbo

💙🤍 25 ANOS FACENDO FOLCLORE, FACENDO FAMILIA 💙🤍No mellor día posible, o 25 de xullo, Día de Galicia, celebramos con enor...
27/07/2026

💙🤍 25 ANOS FACENDO FOLCLORE, FACENDO FAMILIA 💙🤍

No mellor día posible, o 25 de xullo, Día de Galicia, celebramos con enorme ledicia o 25º aniversario do Festival Folclórico Internacional da Asociación Cultural Barca de Loimil.

Un cuarto de século mantendo viva a nosa cultura, abrindo as portas a pobos irmáns e demostrando que a música e a tradición non entenden de fronteiras.

Chegar ata aquí non sería posible sen todas as persoas que, ano tras ano, camiñades ao noso carón. Grazas aos nosos socios, familiares, amigos e, moi especialmente, aos pais e nais dos nosos cativos, que coa súa implicación fan medrar unha canteira que é o noso maior orgullo e a mellor garantía de futuro.

Este ano tivemos a inmensa sorte de compartir escenario con tres grupos extraordinarios:
Os nosos queridos veciños da Casa do Povo de Melgaço
Dende Asturias, os nosos primos irmáns da Asociación Folklórica Cuelebre
E dende a cunca mediterránea, enchendo o escenario de forza, alegría e moita enerxía, os amigos de Anip Sumadija.

Foi unha honra recibirvos en Arbo e compartir convosco unha noite inesquecible.

Un ano máis, os integrantes da Barca de Loimil demostraron o seu compromiso, esforzo e paixón, dando o mellor de si mesmos para ofrecer ao público unha noite chea de emoción, folclore, música e tradición. Grazas tamén a todas as persoas que vos achegastes para vivir connosco esta celebración tan especial.

E como broche de ouro, grazas aos nosos amigos de Mel de Meiga, por poñer o punto final perfecto ao festival coa súa música, facendo que a festa continuase entre bailes, sorrisos e boa compañía ata ben entrada a madrugada.

Finalmente, queremos expresar o noso sincero agradecemento á Deputación de Pontevedra, ao Concello de Arbo e á Asociación Interfolc Vigo, polo seu apoio e colaboración para facer posible esta edición tan especial.

25 anos despois... seguimos coa mesma ilusión do primeiro día. Porque mentres haxa música, tradición e persoas con ganas de compartilas, a Barca de Loimil seguirá navegando.

Grazas por formar parte desta historia. Vémonos na próxima edición! 💙🤍🎶🌍🍷

💙🤍 Hoxe Galiza está de festa... e nós non iamos ser menos! Porque ser galegos é moito máis ca un lugar no mapa: é levar ...
25/07/2026

💙🤍 Hoxe Galiza está de festa... e nós non iamos ser menos!
Porque ser galegos é moito máis ca un lugar no mapa: é levar a música nas veas, facer familia arredor dunha mesa, rir, bailar e manter vivas as tradicións que herdamos dos nosos maiores.

E se hoxe é o Día de Galicia, nós ímolo celebrar como mellor sabemos: por todo o alto! 🎶💃🪗

Esta noite agárdanos un festival cheo de música, cultura, amizade e moitas ganas de pasalo ben dende Galiza ata Serbia, pasando por Portugal e Asturias . Que non falten as palmas, os bailes, as risas... nin ese orgullo de dicir ben alto que Galiza ten alma, ten forza e ten festa!

✨ Feliz Día de Galicia! Vémonos no festival... porque hoxe, máis ca nunca, Galicia soa, canta e baila!

Dirección

Apartado Correos Nº6
Arbo
36430

Página web

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando Barca de Loimil publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Contactar Con La Organización

Enviar un mensaje a Barca de Loimil:

Atajos

Compartir