26/05/2026
O Concello de Ames e AGAMUDI estudan vías de colaboración para a inclusión social 💛
🔹O alcalde de Ames, Blas García, e a concelleira de Benestar Social, Uxía García, reuníronse na mañá de hoxe con representantes de AGAMUDI (Asociación Galega de Mundos Diversos), unha asociación de familias con fillos e fillas con discapacidade intelectual e do desenvolvemento que buscan un lugar onde socializar, aprender e desenvolver a súa autonomía de maneira segura.
🔹Nesa comitiva estiveron presentes a súa presidenta, Katya Rodríguez, o seu tesoureiro, Anxo Rodríguez, e unha das traballadoras do proxecto EVA, Cristina Sánchez.
Para saber máis ℹ️🔗 https://bit.ly/4tSy1mN