Fundación Vicente Risco

Cómo llegar Página web

Fundación Vicente Risco A Fundación Vicente Risco é unha entidade sen ánimo de lucro que realiza actividades educativas e culturais, partindo do legado de Vicente Risco.

O sábado 1 de maio e o domingo 25 de xullo estaremos abertos

Se che interesa coñecer o contido completo do artigo, podes solicitalo a través do correo electrónico:✉️ 𝐚𝐫𝐪𝐮𝐢𝐯𝐨@𝐟𝐮𝐧𝐝𝐚𝐜𝐢...
15/10/2026

Se che interesa coñecer o contido completo do artigo, podes solicitalo a través do correo electrónico:
✉️ 𝐚𝐫𝐪𝐮𝐢𝐯𝐨@𝐟𝐮𝐧𝐝𝐚𝐜𝐢𝐨𝐧𝐯𝐢𝐜𝐞𝐧𝐭𝐞𝐫𝐢𝐬𝐜𝐨.𝐜𝐨𝐦

13/10/2026

📽️ Hai vídeos que, co paso do tempo, seguen tendo cousas que dicirnos. Durante anos, este proxectouse en bucle na Fundación Vicente Risco, e hoxe recuperamos o fragmento no que podemos escoitar a Xosé Manuel Beiras falar de Risco.

Aquel interese pola figura de Vicente Risco tamén quedou reflectido nas páxinas da revista 𝐆𝐫𝐢𝐚𝐥. No número 20, publicado en xuño de 1968, Beiras asinou o artigo «𝑽𝒊𝒄𝒆𝒏𝒕𝒆 𝑹𝒊𝒔𝒄𝒐 𝒆 𝒏𝒐́𝒔: 𝑵𝒐𝒕𝒂𝒔 𝒑𝒓𝒂 𝒖𝒏𝒉𝒂 𝒍𝒆𝒓𝒊𝒂», un texto que hoxe queremos volver traer á memoria.

📚Se queres lelo, podemos facilitarcho. Só tes que pedilo no correo 𝐚𝐫𝐪𝐮𝐢𝐯𝐨@𝐟𝐮𝐧𝐝𝐚𝐜𝐢𝐨𝐧𝐯𝐢𝐜𝐞𝐧𝐭𝐞𝐫𝐢𝐬𝐜𝐨.𝐜𝐨𝐦.

Parabéns  Nuno Gonçalves!
12/10/2026

Parabéns Nuno Gonçalves!

Parabéns a , o premiado com o Prémio Adamastor de Ficção Fantástica em Conto 2026 pela sua obra "Reflorestação"!! 👏👏
Uma edição de Dr. Alveiros, selo editorial da Fundación Vicente Risco

🏠Esta fotografía recolle unha construción moi semellante ao plano e ao alzado que compartimos hai uns días. Será a mesma...
09/10/2026

🏠Esta fotografía recolle unha construción moi semellante ao plano e ao alzado que compartimos hai uns días. Será a mesma? Que opinades?

🏠Con todo o que se está a falar estes días sobre a vivenda, hoxe botamos a vista atrás con este debuxo de Vicente Risco....
06/10/2026

🏠Con todo o que se está a falar estes días sobre a vivenda, hoxe botamos a vista atrás con este debuxo de Vicente Risco. 📐

Se vos fixades nos detalles, amosa perfectamente como se distribuía o espazo: na planta baixa estaban as cortes, o curral, o antigo pendello e a cociña coa lareira; mentres que na parte alta situábase a palleira e o sobrado coas camas.🛏️
Un documento gráfico precioso que nos axuda a lembrar como se estruturaban os nosos fogares.

🎶 𝐀𝐬 𝐩𝐚𝐫𝐭𝐞𝐬 𝐝𝐮𝐧𝐡𝐚 𝐠𝐚𝐢𝐭𝐚 𝐝𝐞𝐛𝐮𝐱𝐚𝐝𝐚 𝐩𝐨𝐫 𝐕𝐢𝐜𝐞𝐧𝐭𝐞 𝐑𝐢𝐬𝐜𝐨Onte celebrábase o 𝐃𝐢́𝐚 𝐈𝐧𝐭𝐞𝐫𝐧𝐚𝐜𝐢𝐨𝐧𝐚𝐥 𝐝𝐚 𝐌𝐮́𝐬𝐢𝐜𝐚  e aproveitamos para ...
02/10/2026

🎶 𝐀𝐬 𝐩𝐚𝐫𝐭𝐞𝐬 𝐝𝐮𝐧𝐡𝐚 𝐠𝐚𝐢𝐭𝐚 𝐝𝐞𝐛𝐮𝐱𝐚𝐝𝐚 𝐩𝐨𝐫 𝐕𝐢𝐜𝐞𝐧𝐭𝐞 𝐑𝐢𝐬𝐜𝐨

Onte celebrábase o 𝐃𝐢́𝐚 𝐈𝐧𝐭𝐞𝐫𝐧𝐚𝐜𝐢𝐨𝐧𝐚𝐥 𝐝𝐚 𝐌𝐮́𝐬𝐢𝐜𝐚 e aproveitamos para achegarvos este debuxo de Vicente Risco no que identifica as distintas partes dunha gaita.

♻️Está feito sobre papel reciclado. Risco aproveitaba os papeis que tiña á man e dáballes unha nova vida para debuxar, escribir ou facer anotacións.

Antes de que falásemos tanto de reciclar, Risco xa sabía ben o que era aproveitar o papel.😉

Da acción no río á publicación académica: o proxecto "Cartografía colaborativa do Arnoia" xa está no papel! 📖➡️Todo come...
01/10/2026

Da acción no río á publicación académica: o proxecto "Cartografía colaborativa do Arnoia" xa está no papel! 📖

➡️Todo comezou o 20 de xullo de 2024 no obradoiro das 𝐈𝐈𝐈 𝐗𝐨𝐫𝐧𝐚𝐝𝐚𝐬 𝐝𝐞 𝐄𝐭𝐧𝐨𝐛𝐨𝐭𝐚́𝐧𝐢𝐜𝐚 𝐞 𝐈𝐦𝐚𝐱𝐞 𝐌𝐚́𝐱𝐢𝐜𝐚. Alí fusionamos o camiñar e a arte nunha viaxe compartida de reconexión co contorno fluvial, unha enriquecedora experiencia que despois floreceu na exposición 𝐂𝐚𝐫𝐭𝐨𝐠𝐫𝐚𝐟𝐢́𝐚𝐬 𝐝𝐨 𝐀𝐫𝐧𝐨𝐢𝐚 nas salas da Fundación 🖼️.

Hoxe, aquel proceso colectivo de pedagoxía crítica e sensible queda consolidado en formato académico coa publicación do capítulo ❞𝐂𝐚𝐫𝐭𝐨𝐠𝐫𝐚𝐟𝐢́𝐚 𝐜𝐨𝐥𝐚𝐛𝐨𝐫𝐚𝐭𝐢𝐯𝐚 𝐝𝐞𝐥 𝐫𝐢́𝐨 𝐀𝐫𝐧𝐨𝐢𝐚. 𝐈𝐦𝐚́𝐠𝐞𝐧𝐞𝐬, 𝐚𝐟𝐞𝐜𝐭𝐨𝐬 𝐲 𝐫𝐞𝐬𝐢𝐬𝐭𝐞𝐧𝐜𝐢𝐚𝐬❞
Este texto —asinado por Fruela Alonso Blanco, Ramón Casanova e Natalia Castañeda Arbeláez 👥— forma parte do novo libro 𝐋𝐚 𝐞𝐝𝐮𝐜𝐚𝐜𝐢𝐨́𝐧 𝐮𝐧𝐢𝐯𝐞𝐫𝐬𝐢𝐭𝐚𝐫𝐢𝐚 𝐞𝐧 𝐜𝐥𝐚𝐯𝐞 𝐝𝐞 𝐟𝐮𝐭𝐮𝐫𝐨: 𝐢𝐧𝐧𝐨𝐯𝐚𝐜𝐢𝐨́𝐧 𝐝𝐨𝐜𝐞𝐧𝐭𝐞 𝐞𝐧 𝐭𝐫𝐚𝐧𝐬𝐟𝐨𝐫𝐦𝐚𝐜𝐢𝐨́𝐧, editado polo prestixioso selo Tirant Humanidades 📚🎓.

O capítulo analiza teoricamente o traballo desenvolvido en Allariz, onde o camiñar se transformou nunha performance de escoita, exploración e creación conxunta . A través de técnicas analóxicas experimentais (coma a 𝐜𝐢𝐚𝐧𝐨𝐭𝐢𝐩𝐢𝐚 e o 𝐥𝐮𝐦𝐞𝐧 𝐩𝐫𝐢𝐧𝐭 revelados coas propias augas do río) e da creación dun gran mapa afectivo de 150 x 320 cm 🗺️🎨. O río Arnoia pasou de ser un mero obxecto de contemplación a converterse nun suxeito activo de dereitos, diálogo e concienciación ambiental 🍃.

Unha mostra inmellorable de como a arte situada e a investigación colectiva son quen de xerar vínculos profundos e salvagardar a memoria do noso territorio ❤️.
Agrupación FotoSíntese de Ourense Concello de Allariz

30/09/2026
𝐕𝐈𝐂𝐄𝐍𝐓𝐄 𝐑𝐈𝐒𝐂𝐎: 𝐃𝐀 𝐂𝐎𝐍𝐒𝐓𝐑𝐔𝐂𝐈𝐎́𝐍 𝐇𝐈𝐒𝐓𝐎́𝐑𝐈𝐂𝐀 𝐀𝐎 𝐓𝐄𝐑𝐑𝐈𝐓𝐎𝐑𝐈𝐎 𝐃𝐎 𝐅𝐔𝐓𝐔𝐑𝐎.Unha xornada intensa, de principio a fin.💬Desde as 9:3...
28/09/2026

𝐕𝐈𝐂𝐄𝐍𝐓𝐄 𝐑𝐈𝐒𝐂𝐎: 𝐃𝐀 𝐂𝐎𝐍𝐒𝐓𝐑𝐔𝐂𝐈𝐎́𝐍 𝐇𝐈𝐒𝐓𝐎́𝐑𝐈𝐂𝐀 𝐀𝐎 𝐓𝐄𝐑𝐑𝐈𝐓𝐎𝐑𝐈𝐎 𝐃𝐎 𝐅𝐔𝐓𝐔𝐑𝐎.
Unha xornada intensa, de principio a fin.💬

Desde as 9:30 da mañá ata as 21:00 h, cinco mesas de conversa, diálogo e debate 🗣️arredor de diferentes formas de entender e analizar o territorio.

Ao longo de case doce horas, sucedéronse as achegas e os diferentes enfoques, cun público que permaneceu atento de principio a fin, e que, literalmente, non se moveu da cadeira sen perder detalle das intervencións e do debate.
A Fundación Vicente Risco quedou pequena para acoller todo o interese que espertou a xornada, cunha sala ateigada durante todo o día.

Un día de reflexión compartida, de escoita e de diálogo, que deixou claro o interese por seguir falando e pensando sobre o territorio, a súa historia e o seu futuro.

Grazas a todas as persoas que fixestes posible esta xornada e, especialmente, a quen nos acompañastes durante todo o día. 💙

Dirección

Rúa San Lorenzo, 3
Allariz
32660

Horario de apertura

16:00 - 20:00

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando Fundación Vicente Risco publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Atajos

Compartir