Llamar Cómo llegar Página web

Aterra Aterra é unha iniciativa do GDR Limia-Arnoia, que ten como obxectivo recuperar terras abandonadas.

15/10/2026
15/10/2026
09/10/2026

📢 Nova demanda de terreo en Aterra: unha persoa busca, como mínimo, 1 hectárea de terreo para incorporalo á súa explotación agrícola e destinalo ao cultivo de pataca e cereal 🥔🌱.

Se tes un terreo que poida encaixar nesta demanda, contacta con Aterra no teléfono 604 09 46 65 ou no correo [email protected] 🙂.

17/09/2026

🌱📈As explotacións agrarias e gandeiras son o motor económico e social do noso rural. Tras décadas de actividade, contan cun valor técnico, produtivo e territorial que non pode desaparecer coa xubilación. En Nó Rural queremos evitar o peche de negocios viables conectando a titulares próximos ao retiro con persoas emprendedoras que buscan integrarse no sector primario, garantindo un relevo profesional, ordenado e con plenas garantías de éxito. 🤝

📱 Como podes implicarte ti neste proceso? Adicándolle 5 minutos a cubrir unha breve enquisa, 100% confidencial e sen compromiso nin obriga de ningún tipo.

🔗 Podes acceder desde o móbil clickando en norural.gal/enquisas

🙂O peche non é a única opción tras a xubilación. ¿Axúdasnos a difundir esta iniciativa entre profesionais do sector compartindo este post?
-
-
Asociación GDR Seitura22 Limia Arnoia GDR 10 Aterra GDR Terra Chá Galicia Suroeste Asociación Montes e Vales Orientais- GDR3

31/08/2026

O relevo xeracional é un dos grandes retos do sector agrario 🚜. Por iso, desde Nó rural queremos coñecer como afrontan esta cuestión as persoas titulares de explotacións que se achegan á xubilación ou a unha redución da súa actividade.

A enquisa permite coñecer as vosas previsións, necesidades e tamén que podería facilitar a continuidade da explotación, xa sexa dentro ou fóra da familia.

📝 Cubrir a enquisa só che levará uns minutos: https://norural.gal/enquisas/

Se é o teu caso, axúdanos a coñecer a realidade das explotacións do territorio. E se coñeces a alguén que poida estar nesta situación, comparte esta información 🙂.

Coñeces o Bono Remuda?A Xunta de Galicia ofrece esta axuda para facilitar o traspaso de negocios por relevo xeracional e...
18/08/2026

Coñeces o Bono Remuda?

A Xunta de Galicia ofrece esta axuda para facilitar o traspaso de negocios por relevo xeracional e evitar o seu peche.

Está dirixida a persoas autónomas, profesionais e sociedades que adquiran un negocio mediante traspaso ou venda e dean continuidade á actividade, así como, en determinados casos, ás persoas autónomas que transmiten o negocio 👥.

A convocatoria conta cun orzamento de máis de 1,5 millóns de euros para apoiar estes procesos de remuda 💶 .

📅 Prazo de solicitude: do 11 de febreiro ao 30 de setembro de 2026, ata as 20:00h.

Se coñeces un negocio que está a buscar continuidade ou estás pensando en coller un negocio xa en funcionamento, consulta as condicións do Bono Remuda e infórmate! 📌 Código do procedemento: TR353D.

Toda a información na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Dirección

Praza Maior Nº 3 (A Paneira)
Allariz
32660

Horario de apertura

Lunes 08:30 - 15:00
Martes 08:30 - 15:00
Miércoles 08:30 - 15:00
Jueves 08:30 - 15:00
Viernes 08:30 - 15:00

Teléfono

+34604094665

Página web

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando Aterra publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Atajos

Compartir