26/10/2026
Xa temos data para o magosto grileiro! 🌰💚
O vindeiro venres, 13 de novembro, temos unha cita para xuntarnos, compartir uns pinchos, unhas castañas e, como non podía ser doutro xeito, moita música! 🥁
📅 Venres, 13 de novembro
🕤 21:30 h
📍 Pulpería A Garnacha
Antes de cear, teremos unha pequena actuación das escolas de Herba Grileira, na que o alumnado poderá compartir con todos nós algunhas das pezas que está traballando nas aulas.
E despois de cear, foliada libre ata que o corpo aguante! 🎶
Os tickets para asistir poderán adquirirse nas nosas clases. A data límite para facerse con eles será o 11 de novembro.
Agardamos vervos a todos por alí, que sempre presta compartir estes momentos coa familia grileira! 💚