29/09/2026
En Dano Cerebral A Coruña seguimos incorporando novos recursos para mellorar a atención e a calidade de vida das persoas con dano cerebral.
Grazas ao programa de subvencións FOIE 2026 da Deputación da Coruña , incorporamos novo equipamento terapéutico e sensorial para a neurorrehabilitación, como ReactionX, Box and Blocks Test, Nine Hole Peg Test, unha padiola e unha grúa, entre outros materiais.
Estas novas adquisicións permítennos seguir avanzando nunha atención especializada e centrada nas necesidades de cada persoa. 💙
🙏 Grazas á Deputación da Coruña por apoiar proxectos que contribúen a mellorar a vida das persoas con dano cerebral e das súas familias