ANPA SAN CRISTOBAL

Cómo llegar Página web Contactar con la organización

ANPA SAN CRISTOBAL Anpa San Cristóbal do colexio Wenceslao Fernández Flores 😊

CONTACTO EXCLUSIVO POR CORREO ELECTRÓNICO Y TELÉFONO
[email protected]
Teléfono: 881.960.301
Horario de atención telefónica: lunes de 9 a 11 horas.

Bo día, Pasamos para deixar constancia de como queda, este curso, o cadro de extraescolares. Calquera dúbida, contactade...
30/09/2026

Bo día,

Pasamos para deixar constancia de como queda, este curso, o cadro de extraescolares.

Calquera dúbida, contactade con nós vía mail.

Pregamos máxima puntualidade nas horas de entrega/recollida das crianzas.

Grazas!

Bo día, Damos a benvida a un novo curso e temos novas importantes que contar. Como xa sabedes, este verán o noso colexio...
11/09/2026

Bo día,

Damos a benvida a un novo curso e temos novas importantes que contar. Como xa sabedes, este verán o noso colexio estivo con obras e este é o resultado:

- A cuberta do edificio de Educación Primaria está arranxada.
- Os canalóns do colexio foron saneados e arranxados.
- As 3 aulas afectadas polas chuvias foton debidamente pintadas.
- Ademáis, foron cortadas 4 árbores que estaban enfermas e temos compromiso de que van ser prantadas outras tantas.

Queremos dar as grazas a Edu Xunta e ao Concello da Coruña pola labor que desempeñaron nestas melloras.

Grazas tamén ao noso colexio, o Wenceslao Fernández Flórez e ás familias que mostraron o seu apoio.

Anpa San Cristóbal

Bo día, Pasamos para lembrar que xa está aberto o prazo de inscrición para a actividade de Natación xestionada polo Conc...
08/09/2026

Bo día,

Pasamos para lembrar que xa está aberto o prazo de inscrición para a actividade de Natación xestionada polo Concello da Coruña

Está dirixido ás crianzas de 3° e 4° de Primaria

Bo día, Pasamos para deixar o cadro de actividades extraescolares do vindeiro curso 2026-27.Se sodes familias socias, xa...
13/07/2026

Bo día,

Pasamos para deixar o cadro de actividades extraescolares do vindeiro curso 2026-27.

Se sodes familias socias, xa tedes o cadro e as instruccións no mail que se enviou e se non sodes familias sociad... a qué esperades a facer a vosa inscrición? 😅 ou podedes enviar mail á Anpa solicitando información.

Anímadevos e facedeo xa porque non é bo deixar tofo para última hora!!!

Un saúdo.

Boas tardes, Pasamos para dar boas novas: hoxe a dirección do Wenceslao notificounos que, o concello da Coruña informou ...
18/06/2026

Boas tardes,

Pasamos para dar boas novas: hoxe a dirección do Wenceslao notificounos que, o concello da Coruña informou da certificación da liña de vida e de que por outra banda, a consellaría, informou que se van a acometer as obras na cuberta do edificio de primaria.

Grazas a todas as familias polo apoio.

Boas tardes, Pasamos para lembrar que, xa podedes facervos familias socias da Anpa San Cristóbal de cara ao vindeiro cur...
16/06/2026

Boas tardes,

Pasamos para lembrar que, xa podedes facervos familias socias da Anpa San Cristóbal de cara ao vindeiro curso 2026-2027.

Xa sabedes que, sen Anpa, non hai servizo de madrugadores, nen comedor e nen tampouco actividades extraescolares. Por iso é moi importante que nos apoiedes.

Tedes que enviar por mail o resgardo de pago e a ficha de inscripción e se non a recibistes, pedidea en [email protected]

Moitas grazas!!!

Bo día Pasamos para contar que, un ano máis, somos sede de CAMPACOLE: o campamento organizado pola  que vai dende o vind...
29/04/2026

Bo día

Pasamos para contar que, un ano máis, somos sede de CAMPACOLE: o campamento organizado pola que vai dende o vindeiro 22 de xuño ata o 31 de xullo.

En canto teñamos máis información (datas de inscrición, quendas, horarios e pqgamentos), iremos avisando por aquí ou vía mail.

Un saúdo.

Bo día, A semana pasada, remitimos un mail ás familias socias coa seguinte información: Como xa sabedes, o Wencelao sofr...
24/02/2026

Bo día,
A semana pasada, remitimos un mail ás familias socias coa seguinte información:

Como xa sabedes, o Wencelao sofre unha serie de incidencias que afectan o tellado e á fachada. Dende a dirección do colexio informáronnos de que, visitaron as instalacións: unha representante de zona da unidade técnica da Coruña, que efectivamente constatou a necesidade de realizar arranxos e, a subdelegada de construcción, que tamén constatou a necesidade de acometer arranxos pero que deixou claro que, mentres as condicións metereolóxicas non cambien, ninguén vai subir ao tellado (xa que ten que estar seco).
Doutra banda, o colexio ten resposta por escrito do concello de A Coruñan, onde din que son coñecedores dos danos que hai e que en breves comprométense a arranxalos tal e como informou o propio concelleiro de Educación que, o pasado xoves, visitou durante 2 horas o colexio. Ningún destes arranxos afectan nin ao tellado nin á fachada, que, sendo parte da estructura do edificio, son competencia da Xunta de Galicia pero si afecta a outras deficiencias das cales se informou ao concello e precisan igualmente solución.

Pola nosa banda, seguimos sen resposta escrita a 2 das queixas presentadas pero si que temos noticias da Valedora do Pobo: admititon a trámite o noso escrito porque reúne os requisitos e van iniciar as actuacións oportunas ante a Consellería de Educación.

Ademais, tal e como xa informamos nun mail anterior e por redes sociais, lembrámosvos que o sábado 28 hai convocada unha manifestación de vital importancia xa que, nós imos mobilizar por un ensino digno e de calidade onde, entre outras cousas, pídese a renovación dunhas instalacións vellas e perigosas.

Moitas grazas polo apoio.

Un saúdo.

Anpa San Cristóbal

Bo día, Pasamos para deixar información referente ás BECAS COMEDOR do 2026-27. Tedes máis info na páxina do
20/02/2026

Bo día,

Pasamos para deixar información referente ás BECAS COMEDOR do 2026-27.

Tedes máis info na páxina do

Celebrando o   no Wenceslao ✨️
13/02/2026

Celebrando o no Wenceslao ✨️

Dirección

Avenida Del Ferrocarril, 17-19
A Coruña
15007

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando ANPA SAN CRISTOBAL publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Contactar Con La Organización

Enviar un mensaje a ANPA SAN CRISTOBAL:

Atajos

Compartir