Asperga (Asociación Síndrome de Asperger Galicia)

Llamar Cómo llegar Página web

Asperga (Asociación Síndrome de Asperger Galicia) Información de contacto, mapa y direcciones, formulario de contacto, horario de apertura, servicios, puntuaciones, fotos, videos y anuncios de Asperga (Asociación Síndrome de Asperger Galicia), Organización sin ánimo de lucro, Avenida de Oza, 240, 1A, 1B e baixo, A Coruña.

Visita a nosa páxina web: asperga.org
Síguenos en X: x.com/AAsperga
Síguenos en Instagram: instagram.com/aspergaasociacion/

Contacte connosco: [email protected]

☕🌿 PLAN DE TEMPO DE LECER CON ASPERGA! 💚Este sábado temos un plan ben guay en Santiago de Compostela! ✨📣 Consulta todos ...
24/09/2026

☕🌿 PLAN DE TEMPO DE LECER CON ASPERGA! 💚
Este sábado temos un plan ben guay en Santiago de Compostela! ✨

📣 Consulta todos os detalles na nosa web, no apartado de novas, ou directamente aquí: https://asperga.org/tempolecer-26-09/

Este sábado 26 de setembro agardámosvos para desfrutar xuntos dun almorzo pola zona vella de Santiago, compartindo un rato agradable, paseando e desfrutando da cidade. 🥐☕🏛️

📍 Punto de encontro: ASPERGA Santiago de Compostela (Rúa José Ángel Valente, 9, baixo)
📍 Punto de recollida: ao lado de Correos, na zona vella (Rúa do Franco, 4)
🕚 Horario: de 11:00 a 13:00 h
👥 Idades: de 15 a 18 anos
💚 Dirixido a: persoas socias, usuarias e familias de ASPERGA
💶 Custo: cada persoa deberá levar diñeiro para pagar a súa propia consumición.

Un plan sinxelo, boa compañía e a cidade como escenario. 💚
Vémonos en Santiago! ✨

📚 FORMACIÓN: TEA E SEXUALIDADECoñecernos, relacionarnos e coidarnos.📅 Luns 28 de setembro de 2026🕖 De 19:00 a 20:30 h📍 F...
23/09/2026

📚 FORMACIÓN: TEA E SEXUALIDADE
Coñecernos, relacionarnos e coidarnos.

📅 Luns 28 de setembro de 2026
🕖 De 19:00 a 20:30 h
📍 Formación presencial no centro de ASPERGA na Coruña (Avenida da Pasaxe, 45).

💻 Formación gratuíta, dirixida a persoas autistas, familias e público xeral.

✍🏻 Inscrición obrigatoria no apartado de novas da nosa páxina web ou en:
asperga.org/formacion-28setembro2026/

🤔 Como falamos de sexualidade no TEA? Como acompañamos as relacións, os desexos e os límites desde o respecto e a autonomía?

👉🏼 Nesta formación abordaremos a sexualidade no contexto do TEA, falando de atracción, afectividade, parella e diferentes formas de relación.

💬 Reflexionaremos sobre como coñecer outras persoas, expresar o que sentimos e o que queremos, establecer límites e identificar e respectar os límites das outras persoas.

Falaremos tamén de autonomía, comunicación, seguridade e benestar, achegando ferramentas para favorecer unha vivencia da sexualidade respectuosa e positiva.

💙 Un espazo para falar de sexualidade con naturalidade, comprender mellor as relacións e favorecer a autonomía e a liberdade para decidir.

💙 Grazas, Carrefour , por axudarnos a transformar a nosa contorna.Desde Asperga queremos agradecer de corazón a Carrefou...
21/09/2026

💙 Grazas, Carrefour , por axudarnos a transformar a nosa contorna.

Desde Asperga queremos agradecer de corazón a Carrefour España, especialmente, ás persoas que participaron nesta iniciativa, por achegar o seu tempo, esforzo e ilusión para pintar e acondicionar a fachada da nosa sede de Santiago de Compostela.

Unha acción que pode parecer sinxela, pero que para nós significa moito. Porque coidar os espazos nos que convivimos, traballamos e recibimos ás familias tamén é unha forma de coidar ás persoas. 🎨💙

As boas accións tamén deixan pegada. E esta deixou a nosa fachada ben bonita! 😊

🌿🥾 PLAN DE SENDEIRISMO CON ASPERGA!☀️Seguimos aproveitando o bo tempo cunha nova actividade ao aire libre! 💚📣 Consulta t...
16/09/2026

🌿🥾 PLAN DE SENDEIRISMO CON ASPERGA!☀️
Seguimos aproveitando o bo tempo cunha nova actividade ao aire libre! 💚

📣 Consulta todos os detalles na nosa web, no apartado de novas, ou directamente aquí: asperga.org/tempolecer-19-09/

O sábado 19 de setembro agardámosvos para facer xuntos a Ruta do Mirador do Atlántico – Monte de San Pedro. Unha ruta curta, con natureza, vistas e un montón de ganas de desfrutar! 🌿✨

📍 Onde: Mirador da Ventana do Atlántico → Monte de San Pedro
🕙 Horario: de 10:00 a 14:00 h
👥 Idades: 12-15 anos
🎒 Levar: auga, gorra e merenda
💚 Actividade gratuita para persoas socias, usuarias e familias de ASPERGA

👉🏼 Comezaremos no Mirador da Ventana do Atlántico e iremos cara ao Monte de San Pedro, onde faremos algunhas actividades e desfrutaremos dun pequeno picnic. 🌳

Natureza, aventura e tempo compartido. Vémonos na ruta! 🥾🌿💚

🎒 Volta á rutina: tamén é importante coidar o benestar emocionalSetembro trae consigo cambios: volta ás clases, novas ru...
15/09/2026

🎒 Volta á rutina: tamén é importante coidar o benestar emocional

Setembro trae consigo cambios: volta ás clases, novas rutinas, horarios, expectativas e retos.

Para algunhas persoas adolescentes con TEA, estes cambios poden supoñer un esforzo adicional.

Por iso é importante:

✔️ Anticipar os cambios cando sexa posible.
✔️ Respectar os tempos e necesidades de cada persoa.
✔️ Favorecer espazos de comunicación.
✔️ Prestar atención ao benestar emocional.
✔️ Pedir apoio cando sexa necesario.

Desde o programa de atención psicolóxica especializada de ASPERGA seguimos traballando para previr dificultades e favorecer ferramentas que axuden a afrontar estas situacións.

Porque acompañar tamén é anticiparse ás necesidades.

💙 Por que existe ASPERGA?Existe porque detrás de cada diagnóstico hai unha persoa, unha familia, unha historia e moitas ...
13/09/2026

💙 Por que existe ASPERGA?

Existe porque detrás de cada diagnóstico hai unha persoa, unha familia, unha historia e moitas preguntas.

Existe para que ninguén teña que percorrer só o camiño do autismo. Para acompañar ás familias, apoiar ás persoas autistas, crear comunidade e traballar cada día por unha sociedade máis inclusiva.

Porque sabemos que cada persoa é única, que cada familia ten as súas propias necesidades e que contar cunha rede de apoio pode marcar a diferenza.

🤝🏼 Acompañamos.
🌱 Creamos oportunidades.
💬 Conectamos.
📣 Damos visibilidade e defendemos dereitos.

E, sobre todo, construímos comunidade.

Porque ASPERGA existe por e para as persoas que forman parte dela. 💙

👉🏼 Descobre quen somos e forma parte desta comunidade. Máis información na nosa páxina web asperga.org

📍A Coruña - Avenida de Oza, 240, 1ºA, 1ºB e baixo - 881 917 318
📍A Coruña - Avenida da Pasaxe, 45 - 981 32 10 23
📍Santiago de Compostela - Rúa José Ángel Valente, 9, baixo

🗣️ VOLVE O TALLER COMUNÍCATE! 💬Un ano máis, en ASPERGA A Coruña poñemos en marcha o TALLER COMUNÍCATE, un espazo pensado...
12/09/2026

🗣️ VOLVE O TALLER COMUNÍCATE! 💬
Un ano máis, en ASPERGA A Coruña poñemos en marcha o TALLER COMUNÍCATE, un espazo pensado para mellorar a comunicación verbal e non verbal a través de actividades dinámicas, prácticas e adaptadas a cada grupo. 🌱

📣 Podes consultar todos os detalles na nosa páxina web, no apartado de novas, ou directamente na ligazón:
👉🏼 asperga.org/comunicate-2027/

✨ Que traballaremos?
En cada sesión, as persoas participantes poderán:
🔹 Mellorar as súas habilidades de comunicación verbal e non verbal.
🔹 Favorecer a expresión de necesidades, emocións e ideas.
🔹 Desenvolver estratexias para afrontar situacións comunicativas do día a día.
🔹 Promover a interacción social e a participación en diferentes contornas.

📍 MODALIDADES E HORARIOS

👧 GRUPO INFANCIA | 7-11 anos
📌 ASPERGA – Avenida de Oza, 240
📅 Venres, de forma quincenal
⏰ 18:00 – 19:00 h

🧑‍🤝‍🧑 GRUPO ADOLESCENTES | 12-18 anos
📌 ASPERGA – Avenida da Pasaxe, 45
📅 Semanalmente, os xoves
⏰ 17:00 – 18:00 h

💙 Comunicar é conectar. E nós queremos acompañarvos nese camiño.

🎓 Xa arrancamos coas formacións nos centros educativos! 💙Nesta ocasión, a nosa compañeira Sara López, pedagoga de ASPERG...
11/09/2026

🎓 Xa arrancamos coas formacións nos centros educativos! 💙

Nesta ocasión, a nosa compañeira Sara López, pedagoga de ASPERGA, visitou IES Plurilingüe de Valga para impartir unha formación sobre autismo ao alumnado de 1º e 2º da ESO.

Para nós é moi importante achegar o coñecemento sobre o autismo ás aulas e ofrecer aos centros educativos ferramentas e recursos que lles permitan comprender, acompañar e atender a diversidade. 🌱

Porque educar na diversidade tamén é crear espazos máis accesibles, inclusivos e adaptados para todas as persoas. 🤝🏻💙

👉🏼 Es un centro educativo e queres organizar unha formación?
Realizamos formacións tanto para profesorado como para alumnado, adaptadas ás necesidades de cada centro.

📞 Se queredes máis información ou solicitar unha formación, podedes contactar con nós no 881 91 73 18.

Seguimos levando o autismo ás aulas para construír, entre todas e todos, unha educación máis inclusiva. 💙

🧬 Mirade que boa nova nos trae Sensogenomics!Despois de tanto traballo e 5 anos de investigación, chegan os resultados! ...
11/09/2026

🧬 Mirade que boa nova nos trae Sensogenomics!

Despois de tanto traballo e 5 anos de investigación, chegan os resultados! 🔬✨

👉🏻Animámosvos a botarlle un ollo aos resultados e descubrir todo o que hai detrás!

Dirección

Avenida De Oza, 240, 1A, 1B E Baixo
A Coruña
15006

Horario de apertura

Lunes 08:30 - 19:00
Martes 08:30 - 19:00
Miércoles 08:30 - 14:30
Jueves 08:30 - 14:30
Viernes 08:30 - 14:30

Teléfono

+34881917318

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando Asperga (Asociación Síndrome de Asperger Galicia) publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Compartir