08/09/2025
🌞 Este verán nos campamentos urbanos non paramos nin un segundo! Xogos, deporte, risas, amizades novas… e unhas excursións nas que o pasamos p**a 🤩
Queremos destacar a última saída á Fundación María José Jove – Visita á sede AFundación, onde puidemos ver a exposición "ESPACIO Y TIEMPO. LA ESCULTURA EN LA COLECCIÓN DE ARTE Y TIEMPO. LA ESCULTURA EN LA COLECCIÓN DE ARTE ABANCA".
👧👦 Os nenos e nenas da nosa asociación viviron unha experiencia diferente: primeiro tiñan que descubrir distintos materiais e logo atopábanse coas esculturas feitas con eles. Para rematar, puxéronse mans á obra nun obradoiro no que crearon a súa propia escultura 🎨✨
Unha actividade chea de creatividade e aprendizaxe, coa que poñemos o broche de ouro a un verán inesquecible 💛
📚 E dende hoxe continuamos con reforzo escolar e actividades extraescolares para os nenos e nenas das familias que atendemos, para seguir aprendendo e medrando xuntos todo o curso! 🌟
ℹ️ Actividades realizadas grazas á ORDE do 23 de maio de 2025 pola que se establecen as bases que rexerán a concesión de subvencións a entidades privadas de iniciativa social para a promoción de actuacións de servizos sociais comunitarios e inclusión social para os anos 2025 a 2027, cofinanciada parcialmente pola Unión Europea no marco do Programa FSE+ Galicia 2021-2027, e procédese á súa convocatoria (código de procedemento BS631A).