Asociación veciñal Agra do Orzán

Llamar Cómo llegar Página web Contactar con la organización

Asociación veciñal Agra do Orzán Páxina da Asociación veciñal da Agra do Orzán

Galandum Galundaina en concerto no festival intercultural “A voz de Portugal”: sábado 14 de novembro ás 19:30 h no Centr...
07/11/2026

Galandum Galundaina en concerto no festival intercultural “A voz de Portugal”: sábado 14 de novembro ás 19:30 h no Centro Ágora. Este festival, como todas as actividades do programa “Agra no Ágora” é de acceso libre, de balde e non se precisa reserva previa; o programa está financiado polo Concello da Coruña e deseñado en colaboración coa Asociación veciñal Agra.
Galandum Galundaina é parte da xenealoxía da rexión cun patrimonio musical e etnográfico único, das Terras de Miranda, Nordeste Transmontano. Das memorias da zanfona, da gaita de foles mirandesa, da flauta pastoril, do rabel, do Salterio, do cántaro, do pandeiro mirandés, do bombo nace unha música que acumula referencias, lugares, intensidades e tempos. Para Galandum Galundaina a música non se inventa, reencóntrase.
Os álbums editados polo grupo tiveron unha excelente apreciación pola crítica musical, premios e presenza en festivais internacionais de música folk (Francia, Bélxica, Marrocos, Cabo Verde, Brasil, México, Malaisia...)

Un ollo de vidro. Memorias dun esquelete.Varias asociacións da Federación Galiza Cultura (Agra, ACAB, O Facho, Roxín Rox...
02/11/2026

Un ollo de vidro. Memorias dun esquelete.
Varias asociacións da Federación Galiza Cultura (Agra, ACAB, O Facho, Roxín Roxal, Tempo Novo) participamos este ano na lectura teatralizada deste relato de Castelao:
- O domingo 8 de novembro ás 18 h no Centro Social da Rúa, (cedido polo Concello de Miño)
- O venres 13/11/2026 ás 20 h no Salón de Plenos do Concello de Sada (cedido polo Concello de Sada)
A entrada é libre e de balde.

O Cantar de Rui Díaz (o da Grela)Unha comedia paródica que bota man da retranca para revisar o mito do Cid Campeador. Ne...
02/11/2026

O Cantar de Rui Díaz (o da Grela)
Unha comedia paródica que bota man da retranca para revisar o mito do Cid Campeador. Nesta versión disparatada, o heroe chega a Galiza para resolver o roubo das campás da catedral de Santiago. Despois dun choque brutal coa idiosincrasia galega, remata levantando un grande imperio téxtil.
O Club de Teatro María Casares, da biblioteca municipal Sagrada Familia, interpretará esta comedia en xoves 5 de novembro, ás 19:00 horas no o auditorio do Centro Ágora.
A entrada é libre ata completar a capacidade do auditorio.
Este evento fai parte de «ACAB nos Barrios», unha iniciativa da Agrupación Cultural Alexandre Bóveda (ACAB) en colaboración coas asociacións veciñais.

ADEGA 50 anos coidando a terraPoderás visitar esta exposición ata 14 de novembro no vestíbulo do Centro Ágora.A mostra f...
02/11/2026

ADEGA 50 anos coidando a terra
Poderás visitar esta exposición ata 14 de novembro no vestíbulo do Centro Ágora.
A mostra fai un percorrido polas principais loitas ambientais nas que participou a Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA) desde a súa creación en 1974 e a súa legalización en 1976, os principais fitos do movemento ecoloxista do país en eidos tan diversos coma a enerxía, ríos, residuos, montes ou minaría. Memoria, recoñecemento, reflexión e inspiración son os principais obxectivos.
Como todas as actividades do programa “Agra no Ágora”, esta exposición é de acceso libre e gratuíto; “Agra no Ágora”, está financiado polo Concello da Coruña e deseñado en colaboración coa Asociación veciñal Agra.

Acto cívico organizado por Defensa do Común e a Asociación Veciñal de Monte Altopara lembrar os 25 anos do derrubamento ...
28/10/2026

Acto cívico organizado por Defensa do Común e a Asociación Veciñal de Monte Altopara lembrar os 25 anos do derrubamento do Asilo de Adelaida Muro e que non se repita esta barbarie e destrución do noso patrimonio.
29 de outubro ás 19 horas na rúa Adelaida Muro: lectura do manifesto e dos apoios e colocación dunha placa.
A continuación, ás 19,30 horas, na biblioteca da asociación veciñal no Campo de Marte, inauguración dunha exposición con material gráfico e charla con persoas da Comisión en Defensa do Asilo que protagonizaron a mobilización cívica.

"Un ollo de vidro. Memorias dun esquelete", de CastelaoO esqueleto protagonista relátanos as súas memorias, que recollen...
25/10/2026

"Un ollo de vidro. Memorias dun esquelete", de Castelao
O esqueleto protagonista relátanos as súas memorias, que recollen as peripecias dunha existencia máis alá da morte, sobre o mundo dos vivos. A través da mirada dese esqueleto, “soterrado nun cemiterio de cidade pero moi atento ao que acontece fóra”, o público poderá rir, reflexionar e recoñecerse nas situacións que Castelao retrata: o drama da emigración, a defensa do idioma galego, o caciquismo, memoria histórica… Temas que, máis dun século despois, continúan plenamente vixentes.

Desde 2023, a Federación Galiza Cultura, coa axuda da Deputación da Coruña, promove a celebración do Samaín popularizand...
25/10/2026

Desde 2023, a Federación Galiza Cultura, coa axuda da Deputación da Coruña, promove a celebración do Samaín popularizando a obra de Castelao "Un ollo de vidro. Memorias dun esquelete" (Ed. Céltiga, 1922).
Este ano 2026, na cidade da Coruña, membros da Agrupación Cultural Solfa e da Agrupación Cultural O Galo, baixo a adaptación e dirección de Lucho Penabade, encarnarán o relato "Un ollo de vidro. Memorias dun esquelete" sobre as táboas do escenario do Centro Ágora o sábado 31 de outubro, a partir das 19.30 h no auditorio do Centro Ágora, grazas á colaboración do Concello da Coruña que incluíu este evento na programación Agra no Ágora de 2026. A entrada é libre e de balde.
Ao rematar a lectura a Federación Galiza Cultura convida o público asistente a celebrar un magosto 🧆🌳🧆no campo de chave da Asociación Os Mariñeiros, que tamén colabora nesta parte do evento.

Este sábado 24 de outubro ás 17 h terá lugar no local veciñal da Agra unha reunión do comité de folga dos barrios Agra e...
23/10/2026

Este sábado 24 de outubro ás 17 h terá lugar no local veciñal da Agra unha reunión do comité de folga dos barrios Agra e O Ventorrillo, aberta á veciñanza, inquilinas e traballadoras.
De cara á organización da folga xeral convocada para o 11 de novembro falaremos de:
· Agra-O Ventorrillo: un barrio en folga, por que?
· Reivindicacións do barrio
· Coordinación e tarefas
Agardámoste!

Gostamos de vivir a poesía de Bernardino BrañaO vindeiro xoves, 29 de outubro, ás 8 h da tarde, o noso club de lectura "...
23/10/2026

Gostamos de vivir a poesía de Bernardino Braña
O vindeiro xoves, 29 de outubro, ás 8 h da tarde, o noso club de lectura "Gosto de vivir a poesía", convídanos ao recital dedicado á poesía de Bernardino Braña.
A entrada é libre e gratuíta ata encher a capacidade do local veciñal (rúa Entrepenas, 38, soto, 15010 A Coruña)
Medre o mar!

Domingo 25 de outubro cara ao val do río Cambás (Aranga)Os Caminhos da Agra lévannos á frondosa beira do río, nunha anda...
23/10/2026

Domingo 25 de outubro cara ao val do río Cambás (Aranga)
Os Caminhos da Agra lévannos á frondosa beira do río, nunha andaina de 14 quilómetros, con algunhas subidas e baixadas suaves entre lama e penedos, para g***r das súas fervenzas, pasear pola fraga das Barbudas e andar a busca de lincántropas no Barranco da Loba.
Trátase dunha ruta de dificultade media, non tanto polo desnivel, aínda que o ten, como porque percorreremos camiños pouco abertos e onde precisaremos ter ollo de onde pisar e onde agarrarnos.
🌳🏞️🌳🐾🌳🍂🌳🍄‍🟫🌳 Previa inscrición por whatsapp 653 013 224 ou por correo electrónico [email protected]

Dirección

Rúa De Entrepenas, 38 Soto
A Coruña
15010

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando Asociación veciñal Agra do Orzán publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Contactar Con La Organización

Enviar un mensaje a Asociación veciñal Agra do Orzán:

Atajos

Compartir

Organizaciones Sin Fines De Lucro cercanos