Cofradía de Pescadores De Corcubión

Cómo llegar Página web

Cofradía de Pescadores De Corcubión La Cofradía de pescadores de Corcubión data de 1963, creada como entidad representativa y gestora de los intereses de nuestros pescadores.

🌊 COIDAR O MAR É COIDAR DO NOSO FUTURO 💙Durante o mes de setembro seguimos avanzando no proxecto “Bancos marisqueiros de...
06/10/2026

🌊 COIDAR O MAR É COIDAR DO NOSO FUTURO 💙

Durante o mes de setembro seguimos avanzando no proxecto “Bancos marisqueiros de Corcubión sen lixo mariño”.

📍 Realizamos 4 xornadas de recollida activa de lixo mariño nos bancos marisqueiros da praia de Caneliñas, praia de Cee e SICAR.

♻️ Como resultado destas xornadas, retiramos 708,80 kg de residuos mariños, principalmente plásticos e escombro.

Un traballo necesario para manter limpos os nosos bancos marisqueiros, protexer os ecosistemas mariños e mellorar as condicións dos espazos nos que se desenvolve a actividade marisqueira.

Porque manter o mar limpo tamén é coidar os recursos, o traballo e o futuro do marisqueo. 🐚

💙 Seguimos traballando polo noso mar.

Proxecto cofinanciado polo Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura (FEMPA) e pola Xunta de Galicia, a través da Consellería do Mar.

🌊 COIDAR O MAR É COIDAR DO NOSO FUTURO 💙Durante este mes de agosto continuamos co proxecto de recollida activa de lixo m...
08/09/2026

🌊 COIDAR O MAR É COIDAR DO NOSO FUTURO 💙

Durante este mes de agosto continuamos co proxecto de recollida activa de lixo mariño “Bancos marisqueiros de Corcubión sen lixo mariño”, que se desenvolverá ata setembro de 2027. 🐚🌊

📍 Realizamos 5 xornadas de limpeza nos bancos marisqueiros de Os Muños e SICAR.

♻️ O resultado: 1.906 kg de residuos mariños retirados, principalmente plásticos e escombros.

Con estas actuacións buscamos protexer os nosos ecosistemas mariños, mellorar as condicións dos bancos marisqueiros e contribuír a un mar máis limpo e saudable. 💙

🤝 Seguimos traballando polo noso mar e polo futuro do marisqueo.

Proxecto cofinanciado polo Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura (FEMPA) e pola Xunta de Galicia, a través da Consellería do Mar.

27/08/2026

Moito máis que unha festa gastronómica.

As nosas xornadas son a oportunidade perfecta para achegarse aos produtos da confraría dende múltiples perspectivas: gastronómica, científica, do sector...

🌊 Tres días cun mesmo fío condutor: o mar, o produto da pesca costeira artesanal e a xente que fai del o seu modo de vida.

25/08/2026

Pois haberá que ir preparando a edición do 2027… 😉

🙌 Equipazo 🙌Elas e eles teñen todo o mérito de que as nosas Xornadas Gastronómicas saíran a pedir de boca ✨Compañeiras e...
24/08/2026

🙌 Equipazo 🙌

Elas e eles teñen todo o mérito de que as nosas Xornadas Gastronómicas saíran a pedir de boca ✨

Compañeiras e compañeiros que traballaron arreo non só durante a fin de semana, senón dende moito antes, para que vós puiderades g***r dunha festa gastronómica e dunhas actividades ao nivel que merecedes.

Dádelles moito amor, que ben o gañaron 🫶

A última das tres mostras de cociña das nosas Xornadas Gastronómicas correu a cargo do finalista do certame Talentos by ...
24/08/2026

A última das tres mostras de cociña das nosas Xornadas Gastronómicas correu a cargo do finalista do certame Talentos by Abril, Michael Pacheco.

O xoven cociñeiro baseou as súas elaboracións en dous produtos fundamentais da nosa lonxa: a sardiña e o polbo. Os asistentes degustaron:

🔹 Tiradito de sardiña con millo chulpi, aceite de coriandro e cremoso de pataca doce.
🔹 Tintura de polbo con puré de pataca, biscoito de xenxibre e crocante de queixo.

Como despedida, houbo regalos para quen respondeu máis rapidamente ás preguntas formuladas por Miguel Mosteiro: dous mandís e dúas botellas de Aceites Abril, nada menos.

Sen vós non hai festa! 🎊Moitísimas gracias a todos os que vos achegastes ao porto esta fin de semana a g***r da nosa fes...
23/08/2026

Sen vós non hai festa! 🎊

Moitísimas gracias a todos os que vos achegastes ao porto esta fin de semana a g***r da nosa festa gastronómica 🐙🌊

Foi incrible ver a carpa así de chea durante os tres días de celebración. Sodes moi grandes! 🫶

O sábado pola tarde, moitos cativos e tamén algúns adultos curiosos, achegáronse ao taller de ARENARIA COORDINACIÓN cent...
23/08/2026

O sábado pola tarde, moitos cativos e tamén algúns adultos curiosos, achegáronse ao taller de ARENARIA COORDINACIÓN centrado na biodiversidade mariña 🦀

A través de mostras, cunchas e outros materiais didácticos, descubriron a incrible variedade de especies que habitan os nosos mares 🌊

O polbo é un recurso de grandísima importancia para a nosa confraría. 🗣️ Por iso, os asistentes ao faladoiro celebrado o...
23/08/2026

O polbo é un recurso de grandísima importancia para a nosa confraría.

🗣️ Por iso, os asistentes ao faladoiro celebrado o sábado pola mañá na lonxa tiveron a oportunidade de descubrir moitos detalles sobre o seu proceso de pesca e comercialización. Un proceso que foi evolucionando paralelo á historia da nosa confraría.

Esta fin se semana exaltámolo como gran protagonista das nosas Xornadas Gastronómicas 🐙

Dirección

Puerto Pesquero S/N Corcubion
A Coruña
15130

Horario de apertura

Lunes 10:00 - 20:00
Martes 10:00 - 20:00
Miércoles 10:00 - 20:00
Jueves 10:00 - 20:00
Viernes 10:00 - 20:00

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando Cofradía de Pescadores De Corcubión publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Atajos

Compartir