ANPA Monte do Muiño

Cómo llegar Página web

ANPA Monte do Muiño SOMOS A A.N.P.A. MONTE DO MUIÑO DO CEIP NOVO MESOIRO.

📚🚀 Aprender a estudar mellor tamén é medrar!O alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria do CEIP Novo Mesoiro ten unha no...
13/10/2026

📚🚀 Aprender a estudar mellor tamén é medrar!

O alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria do CEIP Novo Mesoiro ten unha nova oportunidade para mellorar a súa organización e descubrir ferramentas que lle axuden a estudar de xeito máis eficaz. 💡✏️

Desde a ANPA Monte do Muiño animámosvos a participar neste Taller de Técnicas de Estudo de Activa Extraescolares!

📅 Mércores, 4 de novembro

🕓 De 16:00 a 18:00 h

💶 Prezo: 13 €

⚠️ Prazas limitadas!

📝 Inscricións ata o 23 de outubro ás 12:00 h.

🔗 https://forms.cloud.microsoft/e/tDVDB5hk2L

🎯 Aprender a planificarse, aproveitar mellor o tempo e gañar autonomía son habilidades fundamentais para afrontar con confianza os retos do instituto e das seguintes etapas educativas.

Anímate a dar un paso máis cara a un estudo máis autónomo e eficaz! 💪🌟

📚✨ Aprendemos a estudar mellor! ✨✏️Queres descubrir trucos para estudar de forma máis eficaz? 💡Desde a ANPA Monte do Mui...
13/10/2026

📚✨ Aprendemos a estudar mellor! ✨✏️

Queres descubrir trucos para estudar de forma máis eficaz? 💡

Desde a ANPA Monte do Muiño animámosvos a participar no Taller de Técnicas de Estudo de Activa Extraescolares!

📅 Martes, 3 de novembro

🕓 De 16:00 a 18:00 h

👧🧒 Para alumnado de 3º e 4º de Educación Primaria do CEIP Novo Mesoiro.

💶 Prezo: 13 €

⚠️ Prazas limitadas!

📝 Inscricións abertas ata o 23 de outubro ás 12:00 h.

🔗 https://forms.cloud.microsoft/e/rDHrxqnJZX

💪 Aprender a organizarse, mellorar os hábitos de estudo e gañar confianza tamén forma parte de medrar. Anímate a participar!

☀️ Bos días! Hoxe queremos compartir convosco o menú de almorzos de madrugadores. 🥣 🕒 A nosa intención sempre é comparti...
09/10/2026

☀️ Bos días!

Hoxe queremos compartir convosco o menú de almorzos de madrugadores. 🥣 🕒

A nosa intención sempre é compartir con vós pequenas cousiñas para que estedes ben informados.

Pasade un bo día!

📌 CURSO DE FORMACIÓN: CONSELLOS ESCOLARES(Organiza: Federación de ANPAs)¿Querés mellorar a túa escola? ​🗳️ ¿QUE OCORRE E...
05/10/2026

📌 CURSO DE FORMACIÓN: CONSELLOS ESCOLARES

(Organiza: Federación de ANPAs)

¿Querés mellorar a túa escola?

​🗳️ ¿QUE OCORRE ESTE ANO?

​Eleccións ao Consello Escolar: Renóvanse os membros.

​Cando se vota?

​💻 PENDIENTE de datas: Voto online por Abalar (¡novidade!).

​🏫 A fins de novembro: Voto presencial no colexio.

​💡 ¿PARA QUE É ESTE CURSO?

​Aprenderás os teus dereitos no Consello Escolar.

​Coñecerás como é o procedemento de voto e participación.

​Resolverás todas as túas dúbidas.

​📅 DATAS E LUGAR (Garda na túa axenda!)

​🗓️ Día: Sábado, 24 de outubro de 2026

​⏰ Horario: De 10:00 a 13:00 h (3 horas)

​📍 Lugar: Sede da Federación — Rúa Orzán Nº 21, A Coruña

​📝 COMO INSCRIBIRSE?

​👥 Quen pode ir? Máximo 3 persoas por colexio (xunta directiva, nais ou pais).

​⏳ Data límite: Ata o 20 de outubro.

​🔗 Inscrición: Fai clic no enlace 👉 https://forms.gle/pHtFGnH4Y8XGYP6x5

🏊‍♀️💦 NATACIÓN ESCOLAR 2026-2027 💦🏊‍♂️📢 Abre o prazo extraordinario para ocupar as prazas libres!📅 Do 1 ao 10 de outubro...
01/10/2026

🏊‍♀️💦 NATACIÓN ESCOLAR 2026-2027 💦🏊‍♂️

📢 Abre o prazo extraordinario para ocupar as prazas libres!

📅 Do 1 ao 10 de outubro poderanse solicitar as prazas que quedaron libres, ata fin de existencias.

📍 No noso caso: Piscina do Club do Mar
👉 A inscrición e o aboamento da cota realízanse directamente na instalación deportiva correspondente.

⚠️ IMPORTANTE:
A inscrición só poderá facerse na mesma piscina, horario e días nos que está matriculado o colexio.

🔎 As prazas libres poden consultarse na web municipal de Deportes.

🏊‍♂️ Inicio da actividade para as novas inscricións:
📅 15 de outubro

💙 Se quedaches sen praza no prazo ordinario, esta pode ser a túa oportunidade! 😉🌊

ActividadesExtraescolares

🧥 ATENCIÓN, FAMILIAS E SIAREIROS! 🔵⚪Temos un expediente X no CEIP Novo Mesoiro: a conserxería está empezando a parecer u...
29/09/2026

🧥 ATENCIÓN, FAMILIAS E SIAREIROS! 🔵⚪

Temos un expediente X no CEIP Novo Mesoiro: a conserxería está empezando a parecer un segundo armario comunitario ou a tenda oficial do Dépor en versión outlet.

🔎 Busca e captura especial:

Izan, Gerard e ASG: A vosa roupa bótavos de menos! Séntese sola, ten frío e quere volver á casa antes de que saia a xogar como titular.

Siareiros do Dépor: Si, vós tamén! Deixástesvos os vossos accesorios ou prendas deportivistas aquí. Para entrar no Riazor ben equipado hai que pasar primeiro pola conserxería! ⚽

Se vos soa algo disto, debedes un abrigo, un chaquetón ou unha cazadora... pasade pola conserxería do cole canto antes a recuperar o voso.

¡Que non vos dea vergoña, que os obxectos perdidos non cobran alugueiro pero si ocupan sitio! 😉👇

📍 Onde: Conserxería do CEIP Novo Mesoiro 🕒 Cando: En horario escolar

ACoruña

🏊‍♀️💦 NATACIÓN ESCOLAR 2026-2027 💦🏊‍♂️📢 Xa están publicadas as listaxes de asignación de prazas!Se solicitaches praza pa...
18/09/2026

🏊‍♀️💦 NATACIÓN ESCOLAR 2026-2027 💦🏊‍♂️

📢 Xa están publicadas as listaxes de asignación de prazas!

Se solicitaches praza para o programa de Natación Escolar do Concello da Coruña, xa podes consultar as listaxes na web municipal de Deportes.

📅 Agora toca formalizar a matrícula

🗓️ Do 21 ao 24 de setembro
📍 No centro deportivo correspondente.

🔎 Consulta toda a información do programa e as listaxes na web de Deportes do Concello da Coruña.

💙 Non deixes pasar o prazo!

🏊‍♀️ Deporte, diversión e saúde para medrar! 💦

🛼💚 NOVA QUENDA DE PATINAXE! 💚🛼Temos unha nova oportunidade para as nenas e nenos que queren patinar! 🎉📢 IMPORTANTE: SÓ H...
18/09/2026

🛼💚 NOVA QUENDA DE PATINAXE! 💚🛼

Temos unha nova oportunidade para as nenas e nenos que queren patinar! 🎉

📢 IMPORTANTE: SÓ HAI INSCRICIÓN PARA OS MÉRCORES

📅 MÉRCORES
⏰ 17:00 – 18:00

💡 Debido ao corte de subministración eléctrica, a quenda dos mércores de 16:00 a 17:00 non se oferta.

👧🧒 Poden inscribirse patinadoras e patinadores a partir de 5º de Educación Infantil que teñan ganas de patinar e dispoñibilidade neste horario.

🤝 Esta quenda será compartida co CEIP Manuel Murguía.

📍 As clases serán, coma sempre, no CEIPP Novo Mesoiro.

💶 O custo mantense igual.

🔗 INSCRÍBETE XA!
👉 No mesmo enlace de inscrición de sempre.
A opción dos mércores de 17:00 a 18:00 xa está habilitada.

🛼✨ Máis patinaxe, máis momentos de diversión!

PatinaxeInfantil FacemosComunidade

♟️🤸‍♀️ AXUDÁMOSNOS A QUE SAIAN AS ACTIVIDADES! 💚Temos unha pequena dificultade con dúas actividades que comparten día, h...
18/09/2026

♟️🤸‍♀️ AXUDÁMOSNOS A QUE SAIAN AS ACTIVIDADES! 💚

Temos unha pequena dificultade con dúas actividades que comparten día, horario e grupo de idade:

♟️ XADREZ
Actualmente hai 7 inscritos/as e precisamos chegar aos 9 mínimos para que a actividade poida saír adiante.

🤸 XIMNASIA RÍTMICA
Con 4 inscritos/as, esta actividade non sae adiante e cae da proposta para este curso.

👉 Desde a Federación ofrécennos a posibilidade de que as persoas inscritas en Rítmica (ou nalgún outro grupo) poidan cambiarse a Xadrez.

📩 Se estades interesados/as, precisamos que fagades o cambio ou nova inscrición antes de mañá, 18 de setembro, ás 14:00 h.

✉️ Enviade un correo a:
[email protected]

📌 Con copia a: [email protected]

💚 Entre todos e todas podemos conseguir que Xadrez saia adiante!

Pequenos xestos poden facer posible que máis actividades continúen no noso cole. 🫶

🏊‍♀️💦 NATACIÓN ESCOLAR 2026/27 💦🏊‍♂️📢 Xa está dispoñible o listado provisional de solicitudes para o programa de Natació...
15/09/2026

🏊‍♀️💦 NATACIÓN ESCOLAR 2026/27 💦🏊‍♂️

📢 Xa está dispoñible o listado provisional de solicitudes para o programa de Natación Escolar do curso 2026/27.

👧🧒 Dirixido ao alumnado de 3º e 4º de Primaria.

👉 Consulta na web do concello o listado

💙 Preparádevos para nadar, aprender, facer amizades e g***r da piscina!

🌊 Porque nadar tamén é medrar!

Natación Curso2026_27 ActividadesInfantís

Dirección

Rua FRAGAS DO EUME S/N
A Coruña
15190

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando ANPA Monte do Muiño publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Atajos

Compartir