14/10/2024
Desde o Centro Galego de Hamburgo temos un aviso moi importante para as e os amantes da música galega:
O Proxecto Baiuca estará actuando en Hamburgo na sala Knust (Neuer Kamp 30 20357) este vindeiro sábado 19 de outubro a partir das 21h.
Máis informacións (en alemán) no web da Knust:
https://www.knusthamburg.de/programm/baiuca-live-band-a-v-show/
Proxecto pioneiro en fusionar a música tradicional galega con electrónica de vangarda, BAIUCA converteuse nun fenómeno cultural e musical practicamente desde os seus inicios. Con dous álbums longos publicados (os icónicos “Solpor” e “Embruxo”), dous EPs (“Misturas” e “Paisaxes”), dous splits (“Adélia”, xunto ás portuguesas HAEMA; e “Diamante / La Nana”, xunto a Alba Reche), o produtor e artista galego Alejandro Guillán conseguiu instalar unha nova idea de mestizaxe musical que se converteu en referente non só dentro do estado senón tamén fóra das nosas fronteiras.
Tanto nas percusións tradicionais con Xosé Lois Romero como coas cantareiras-pandereteiras Alejandra e Andrea Montero (membros de grupos célebres do folk galego como Lilaina ou Aliboria), o directo complétase coas visuais que realiza en directo o cineasta experimental Adrián Canoura, encargado de practicamente todo o imaxinario estético de Baiuca.
Queredes saber máis sobre este grupo? Botade un ollo aquí:
https://www.baiucamusic.com/bio
Knust Hamburg. Live Club - Konzerte in der Rinderschlachthalle Neuer Kamp Hamburg