01/05/2026
A educación está cambiando…
👉 estamos preparadas e preparados? 🌍💻
O vindeiro 4 de maio, a Universidade da Coruña ( ) acolle a VI Xornada de Educación para o Desenvolvemento e a Cidadanía Global, un espazo para reflexionar sobre o impacto da dixitalización na educación e o seu papel na construción dunha cidadanía global crítica.
Contaremos con voces expertas como Yuliia Nemeriuk, Paula Tajuelo (Fundación Esplai) e Paula San Pedro (CME España - ), nunha mesa redonda dinamizada por Estefanía Franco (CME Galicia).
🕒 17 - 18:30h
📍Universidade da Coruña
🔗 Registro: https://forms.gle/pn7VVyAd6AZM2MATA
🎓 Dirixido a alumnado, profesorado, entidades sociais e público en xeral
Unha oportunidade para debater, aprender e repensar o futuro da educación.
ODS4