Codimo

Website Contact the organization

Codimo Contact information, map and directions, contact form, opening hours, services, ratings, photos, videos and announcements from Codimo, Nonprofit Organization, .

🌊 Un mar de diversidade, unha onda de orgullo 💜
✊🏽 Visibilidade e Dereitos LGTBIQAPN+ 🏳️‍⚧️🏳️‍🌈
🫱🏼‍🫲🏽 Sen ánimo de lucro

📍Bueu 📍Cangas 📍Marín 📍Moaña

∞ O 2 de abril é recoñecido como o Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo. Porén, moitas persoas autistas senten ...
02/04/2025

∞ O 2 de abril é recoñecido como o Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo. Porén, moitas persoas autistas senten que as representacións tradicionais deste día non reflicten as súas realidades e loitas.​

🌈 A comunidade autista é diversa. Non son un monolito; as súas experiencias están influenciadas por múltiples factores como o xénero, a etnia, a orientación sexual e a clase social. É esencial adoptar un enfoque interseccional que recoñeza e respecte esta diversidade.​

Neste carrusel, destacamos accións comúns que, aínda que ben intencionadas, contribúen á súa invisibilización. Convidámoste a reflexionar sobre elas e a unirte a nós na promoción dunha representación máis auténtica e respectuosa.​

Escoita ás persoas autistas. ✊🏾 Apoia a neurodiversidade.

🫱🏻‍🫲🏾 ✨

🏳️‍⚧️ Ser trans non se debate, respéctase. 🏳️‍⚧️A nosa identidade non é unha opinión, é unha realidade. Existimos con or...
31/03/2025

🏳️‍⚧️ Ser trans non se debate, respéctase. 🏳️‍⚧️

A nosa identidade non é unha opinión, é unha realidade. Existimos con orgullo nun mundo que moitas veces nos nega, pero aquí estamos: fortes, visibles e imparables.

Non temos que encaixar en expectativas alleas. Non temos que pedir permiso para ser. ✊🏽 Somos transformación, liberdade, valentía. Construímos o noso propio camiño con autenticidade e dignidade.

Sabemos que aínda hai moitos obstáculos: traballo, sanidade, recoñecemento legal… A transfobia segue presente. Pero tamén sabemos que somos moito máis fortes do que nos fixeron crer. Que nos apoiamos, que nos sostemos, que seguimos adiante.

Hai tantas maneiras de ser trans como persoas trans
existen no mundo. E ningunha delas está suxeita a debate nin opinión. 🔥 A nosa existencia é revolución. E non imos desaparecer. 🔥

Amor cuir En tempos violentosEn todos os tempos✍🏽🎨  ✨❤️‍🔥
27/03/2025

Amor cuir
En tempos violentos
En todos os tempos

✍🏽🎨 ✨

❤️‍🔥

🌍✨ A diversidade é a nosa forza!Cada día é unha oportunidade para construír unha sociedade máis xusta, igualitaria e lib...
21/03/2025

🌍✨ A diversidade é a nosa forza!

Cada día é unha oportunidade para construír unha sociedade máis xusta, igualitaria e libre de discriminación

A discriminación racial non existe illada: crúzase co xénero, a orientación sexual, a identidade de xénero, a clase social, a diversidade funcional e moitos outros factores. Por iso, necesitamos unha mirada interseccional que recoñeza como estas opresións se multiplican e condicionan as vidas das persoas.

Revisar os nosos privilexios é fundamental para construír unha sociedade máis xusta, onde a cor da pel, a orixe ou a cultura non determinen os dereitos nin as oportunidades de ninguén. Escoitemos, aprendamos e transformemos as nosas accións.

💪🏾💜

✨ A felicidade é nosa, collámola!Nun mundo que ás veces parece querer apagarnos, a nosa alegría é resistencia. 🌈 🏳️‍🌈🏳️‍...
20/03/2025

✨ A felicidade é nosa, collámola!

Nun mundo que ás veces parece querer apagarnos, a nosa alegría é resistencia. 🌈

🏳️‍🌈🏳️‍⚧️ Celebremos o que nos fai felices, porque ser quen somos merece ser vivido con liberdade, transformando os medos no orgullo que nos impulsa cara ao cambio. ✊🏽🔥

💜 8M: Mulleres que abren camiño Mulleres referentes na Galiza que marcaron e seguen construíndo camiño para todas. Exemp...
08/03/2025

💜 8M: Mulleres que abren camiño

Mulleres referentes na Galiza que marcaron e seguen construíndo camiño para todas. Exemplos de loita, rebeldía, solidariedade e resistencia. Agradecidas a todas elas e ás que nos lembran a necesidade de recoñecer os privilexios, escoitar, revisarnos e aprender para ser conscientes e transformar todas as opresións, tamén as que nós exercemos. Porque a loita será para todas ou non será.

Por unha Galiza transfeminista, de espazos seguros e valentes, de auto-coidados e coidados mutuos, de sororidade e inconformismo. Sen unha opresión máis e sen unha compañeira menos. ✊🏽

Non entendo a gravidade, mais aquí estamos.🎨 _____________________________     ***r
01/03/2025

Non entendo a gravidade, mais aquí estamos.

🎨
_____________________________
***r

🏳️‍🌈⚽🤾🏽‍♀️ SEN DIVERSIDADE, NON HAI XOGO LIMPO ⛹🏼‍♀️🏐🏸O deporte debería ser un espazo de igualdade, respecto e equipo, m...
19/02/2025

🏳️‍🌈⚽🤾🏽‍♀️ SEN DIVERSIDADE, NON HAI XOGO LIMPO ⛹🏼‍♀️🏐🏸

O deporte debería ser un espazo de igualdade, respecto e equipo, mais a LGTBIfobia segue sendo una barreira.
Eliximos algúns tips do CSD e o Consello COLEF para facer do deporte un sector máis inclusivo para os colectivos LGTBIQ+. 💡

🏆 Descobre como contribuír a un deporte máis seguro, xusto e aberto para todas as persoas. Porque o respecto tamén xoga.

Amar é recoñecer e aceptar á outra na súa totalidade, sen condicións nin barreiras. É un acto de liberdade, respecto e c...
14/02/2025

Amar é recoñecer e aceptar á outra na súa totalidade, sen condicións nin barreiras. É un acto de liberdade, respecto e conexión xenuína. Amar é sentir, coidar, compartir e construír, xa sexa cunha mesma, con outra persoa ou en comunidade.

Amar tamén é un acto de resistencia nun mundo que aínda impón límites e normas sobre a quen poder amar e como deber facelo. Por iso, toda forma de amor é válida e digna de celebrarse.

✨ Amar é tenrura e paixón.
✨ É familia elixida e amizades inquebrantables.
✨ É vivir a túa identidade sen medo.
✨ É un bico na rúa sen esconderse.
✨ É o dereito para existir e ser respectada.
✨ É tamén loitar por quen aínda non pode amar en liberdade.

O amor non ten unha única forma, cor ou definición. É infinito, diverso e poderoso.

❤️🧡💛💚💙💜 Celebremos o amor en todas as súas formas. Porque amar é ser, sentir, respectar e vivir en liberdade.

📢 Comparte esta mensaxe ou etiqueta a alguén con quen celebras o amor. 🌈

Address


Alerts

Be the first to know and let us send you an email when Codimo posts news and promotions. Your email address will not be used for any other purpose, and you can unsubscribe at any time.

Contact The Organization

Send a message to Codimo:

Shortcuts

  • Want your organization to be the top-listed non profit organization?

Share