02/03/2026
NOVA DATA: ESTE XOVES ÁS 20H!
⏩Carme Campo e Chus Caramés, dúas docentes recoñecidas do baile tradicional, cunha ampla traxectoria como bailadoras e mestras, propoñen este obradoiro teórico-práctico para afondar nas dinámicas e códigos do baile tal e como nolo transmitiu a xeración que recibiu este rico e vivo ben patrimonial.
👣Unha oportunidade para aprender un bo feixe de pasos que darán xogo para moitas bailas nas foliadas, ao tempo que poñemos o ollo no que comunicamos ao bailar.
Arrímaste a armar a boa festa na punta do pé? 💃🕺 Reserva a túa praza!!
Enlace para anotarse https://forms.gle/qKzoYPWT3YQbULQn8