11/06/2026
🔴 𝐂𝐀𝐒𝐄𝐓𝐀 𝐃𝐎𝐒 𝐏𝐑𝐀𝐃𝐎𝐒 - 𝟑 𝐀𝐍𝐎𝐒 𝐃𝐄𝐍𝐔𝐍𝐂𝐈𝐀𝐍𝐃𝐎 😡
No ano 2024, no 2025 e novamente no 2026 denunciamos nesta páxina o estado de abandono da Caseta dos Prados, unha instalación de titularidade municipal situada nun dos lugares máis fermosos e visitados do noso concello: á beira do río Xesta 🌊 e da carballeira dos Prados 🌳.
📸 As imaxes falan por si soas.
❌ Cristais rotos.
❌ Portas forzadas.
❌ Instalacións vandalizadas.
❌ Material desaparecido.
❌ Grifos arrancados.
❌ Humidades e deterioro no interior.
❌ Pasarelas e estruturas exteriores danadas.
❌ Abandono absoluto.
O máis grave é que non estamos falando dunha propiedade privada. Estamos falando dun ben municipal. Dun ben que pertence a todos os veciños e veciñas da Lama.
🧹 Esta mesma fin de semana, 𝐨 𝐬𝐚́𝐛𝐚𝐝𝐨 𝟏𝟑, 𝐚 𝐜𝐨𝐦𝐮𝐧𝐢𝐝𝐚𝐝𝐞 𝐝𝐞 𝐯𝐞𝐜𝐢𝐧̃𝐨𝐬 𝐟𝐢𝐱𝐨 𝐮𝐧 𝐜𝐡𝐚𝐦𝐚𝐦𝐞𝐧𝐭𝐨 𝐩𝐚𝐫𝐚 𝐥𝐢𝐦𝐩𝐚𝐫 𝐞 𝐚𝐜𝐨𝐧𝐝𝐢𝐜𝐢𝐨𝐧𝐚𝐫 𝐨 𝐜𝐚𝐦𝐩𝐨de cara ás próximas festas. Un exemplo de compromiso e responsabilidade co patrimonio común.
😔 Resulta difícil entender que, mentres os veciños dedican o seu tempo e esforzo a coidar este espazo, o Concello da Lama siga permitindo, ano tras ano, o deterioro deste ben municipal.
Onde hai implicación veciñal, segue faltando vontade política.
Mentres a todos os veciños se nos esixe manter limpas as fincas ou conservar os muros , o Concello da Lama parece considerar que os seus propios bens poden quedar esquecidos durante anos sen consecuencia ningunha.
🤔 Ata cando?
Porque xa non estamos só ante un problema de imaxe ou de conservación do patrimonio público.
⚠️ Estamos ante un posible problema de seguridade.
As instalacións están abertas, deterioradas e accesibles. Cada día que pasa aumenta o risco de que alguén entre e sufra unha caída, un golpe ou calquera outro accidente.
E convén lembrar algo importante:
📌 A Administración ten a obriga de conservar e manter en condicións de seguridade os bens da súa titularidade.
📌 Se unha persoa sofre danos por falta de mantemento ou por unha situación de risco que era coñecida e non foi corrixida, o Concello podería verse obrigado a asumir responsabilidades patrimoniais polos prexuízos causados.
Por iso preguntamos novamente:
👉 Que pensa facer o Concello da Lama con esta instalación?
👉 Vai rehabilitala?
👉 Vaina tirar abaixo?
👉 Ou vai seguir deixando que se deteriore ?
Porque esto provócanos tristeza.
Tristeza por ver como se deixa morrer un espazo público que custou cartos de todos, dos nosos impostos, que con tanto sacrificio pagamos.
Tristeza por comprobar que, 3 anos despois da nosa primeira denuncia, non só non se solucionou nada, senón que a situación é peor.
📢 Señor alcalde, gobernar tamén é conservar o patrimonio público. E os bens municipais son de todos os veciños, non de quen ocupa temporalmente o Concello.
💬 Que opinades? Debería actuarse de inmediato? Deixade a vosa opinión nos comentarios.