Asociación Cabalar e Cultural Monte Faro

Asociación Cabalar e Cultural Monte Faro Asociación sin ánimo de lucro que realiza a festa de tradición cultural da Rapa das Bestas.

A rapa das bestas é unha festa de tradición cultural onde priman os cabalos salvaxes do monte e se lles corta o seu pelo.Ademais disto hai música e comida para todos os asistentes. Esta festa lévase facendo moitos anos gracias a axuda de todas aquelas persoas que aportan un pouco do seu tempo a levar adiante este festexo, e como non, a aportación de centos de socios que son os que levan adiante esta asociación.

Ola compañeir@s‼️Xa temos dispoñible o noso número de Loteria de Nadal deste ano 🎊☺️Se vos apetece facervos cun décimo, ...
23/09/2025

Ola compañeir@s‼️Xa temos dispoñible o noso número de Loteria de Nadal deste ano 🎊☺️

Se vos apetece facervos cun décimo, podedes falar con calquera persoa da organización ou escribirnos polas redes sociais 😁

A ver se este ano a sorte nos acompaña un pouquiño máis 🍀🤑

Despois duns merecidos días de descanso para recuperar forzas (ainda que algúns aínda anden corpo cheo de arañazos e maz...
27/07/2025

Despois duns merecidos días de descanso para recuperar forzas (ainda que algúns aínda anden corpo cheo de arañazos e mazaduras), chegou o momento de parar e mirar cara atrás…

Primeiro de todo, MIL PERDÓNS 🙏🏼. Sabemos que a choiva do sábado fixo das súas... e non puidemos seguir todo tal e como tiñamos preparado.
Houbo momentos de nervios, de improvisacións e de poñer orden onde o tempo mandaba. Por ese motivo, se algo estivo desorganizado ou se nos escapou das mans, pedímosvos desculpas de corazón.
Cada edición ensinanos algo novo, e prometemos seguir mellorando para dar o mellor de nós ano tras ano.

E dito isto... agora si: GRAZAS, GRAZAS, GRAZAS‼️
Sen vós, isto non sería posible. E cando dicimos “vós”, falamos de todas esas persoas que facedes da Rapa unha verdadeira familia. Queremos darvos as GRAZAS con maiúsculas.

❤️‍🩹 Grazas a todas as persoas que estades ao pé do cañón todo o ano. As que pedides días libres no traballo, as que deixades tempo, suor e corpo nesta semana, as que vides sen que ninguén vos chame, co sorriso preparado e as mans listas para facer de todo: axudar coas bestas, poñer vallas, montar a taberna, servir copas, vender rifas, levar contabilidade, limpar, recoller... ¡Sodes o motor desta festa!

👶🏻E grazas tamén aos máis pequenos da casa, que sen sabelo, tamén forman parte deste gran equipo. Vémolos polo campo arrastrando cordas máis grandes ca eles, lavando potas nas que case caben dentro, ofrecéndose a axudar en todo con esa ilusión tan súa.
E iso, creédenos, vale máis ca calquera cousa: danos a vida!
Iso é o que fai especial á Rapa de Vimianzo. Non somos un evento. Somos unha familia enorme que se volve reunir cada ano

🐎 Grazas aos nosos aloitadores e aloitadoras: que decir… o voso valor non se mide en likes, senón en suor, valentía e corazón. Sen vós, non habería Rapa. Así de claro.

📸 Grazas todo ese equipazo de fotógrafos que se xogaron o lombo dentro do curro por inmortalizar cada instante. Que vaia fotóns as que temos! Grazas por deixarnos revivir todo desde fóra coas vosas imaxes.

🍀Grazas a todas as comunidades de montes que nos deisan, sen ningun tipo de beneficio, o uso das suas propiedades para que os nosos cabalos teñan donde estar e que comer durante todo o ano.

🫂Grazas á nosa alcaldesa e a todo o equipo do Concello: GRACIAS pola colaboración, polo apoio constante e por estar ahí para todo o que fixera falta, sempre cun sorriso.

💃🏼 E como non… grazas todo o público, veciños, veciñas e visitantes, que nos acompañastes, que animastes, que comestes, que bailastes… que vivistes con nós esta tradición que tanto queremos.

Aprendemos, anotamos, e xa estamos pensando en como mellorar para o ano que vén. Porque o que é seguro é que volveremos con máis forza, máis rapa e máis festa! 🎊❤️‍🩹

GRAZAS, GRAZAS, E OUTRA VEZ GRAZAS💚

VIVA A RAPA DAS BESTAS DE VIMIANZO 🐎🫂

Dirección

Vimianzo

Página web

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Asociación Cabalar e Cultural Monte Faro publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Compartir