Os Trazantes de Tenorio

Os Trazantes de Tenorio En Tenorio, no val do Lérez, zona de Cotobade, “trazantes” son as persoas con habilidade e inxenio para acometer os máis variados traballos.

O grupo de Os Trazantes de Tenorio naceu na primavera de 1984 para animar as festas e romarías, para fomentar o interese pola nosa música e dar vida, de novo, a antigos bailes e cantigas. Teñen participado en diversas xuntanzas e concursos: Pontevedra, Cedeira, Santiago, Padrón, Vigo… E actuaron con éxito na TVG en diversos programas, o cal viuse reflectido nunha nominación no apartado de mellor g

rupo tradicional aos Premios da Asociación da Prensa Galega na súa primeira edición, correspondente a temporada 97/98. Os seus éxitos televisivos continuáronse no premio que a parella do grupo, formada por Susana e Anxo, conseguiu no concurso de parellas de baile tradicional organizado polo programa “Luar” no ano 2004. En 1996 acadaron o primeiro premio no “XVI Encontro de Grupos Tradicionais” celebrado no Teatro Colón de A Coruña, coa “Foliada de Forcarei”. No verán de 1998, a sección máis xove do grupo acadou un terceiro premio en Cerdido coa “Muñeira de Leira” e foron finalistas en outros concursos. No verán de 2002 o grupo representou a Galicia, xunto con Milladoiro, no festival folklórico internacional de Guignamp (Bretaña). Ademáis, fixeron actividades de recollida de material etnográfico, conferencias e outras iniciativas pala fomenta-lo folclore tradicional galego na zona do val do Lérez. Neste momento o grupo conta cun corpo de baile formado por maiores e medianos e unha escola de baile para os mais cativos , dirixidos por Emilio Ríos. O acompañamento lévase a cabo grazas ás clases que tamén se imparten de gaita, percusión (Juan Ordóñez) e pandeireta (María Vidal). Agardamos vos guste a mostra do mellor que sabemos facer, desfrutar do folclore tradicional galego.

Onte estivemos en Santa María de Sacos, celebrando o día de Corpus cos seus veciños. Moitas gracias á .novaeradesacos po...
08/06/2026

Onte estivemos en Santa María de Sacos, celebrando o día de Corpus cos seus veciños.

Moitas gracias á .novaeradesacos por contar con nós e por tratarnos tan ben. Sempre é un pracer actuar aquí! 😊

07/06/2026

Hoxe estivemos bailando en Santa María de Sacos

O pasado venres as nosas escolas estiveron participando no Día da Muiñeira de Pontevedra organizado polos nosos compañei...
03/06/2026

O pasado venres as nosas escolas estiveron participando no Día da Muiñeira de Pontevedra organizado polos nosos compañeiros de Asociación Duos Pontes Pontevedra Noraboa pola organización e moitas gracias por tratarnos así de ben.

Coma sempre, é un pracer poder amosar un pouco do noso traballo, e bailar ante un público tan animado 😊

Onte comezamos nova tempada!! Estivemos na parroquia de San Xurxo de Sacos, celebrando o día do Patrón cós seus veciños ...
26/04/2026

Onte comezamos nova tempada!!

Estivemos na parroquia de San Xurxo de Sacos, celebrando o día do Patrón cós seus veciños e veciñas. Moitas gracias á comisión por contar con nós, foi un pracer poder actuar para un público tan animado, moitas gracias por bailar con nós! 😊

Comision de Festas San Xusto e San Pastor

22/04/2026

A piques de comezar unha nova temporada, queremos volver a agradecer a todas as persoas, empresas, comisións de festas... que nos apoiaron, colaboraron con nós, e que contribúen a que se manteñan as nosas tradicións e que poidamos seguir difundindo toda a riqueza inmaterial que temos.
Moitísimas gracias
Aí Falaches
A de Yoli academy /
Alba Solomúsica_Oficial

Panadería Pastelería A Doce Delicia
Boutique Cárnica Celia Abal
Goleada
Jaygo.Net
Automoción Monteporreiro

Arboricultura Gaia
Comercial SIVAR
Supermercado Tenorio
AislaGalicia S.L.

08/04/2026
Hoxe queremos lembrar e agradecer a todas as mulleres que ao longo do tempo foron as verdadeiras gardiás da nosa cultura...
08/03/2026

Hoxe queremos lembrar e agradecer a todas as mulleres que ao longo do tempo foron as verdadeiras gardiás da nosa cultura.

Foron elas quen mantiveron vivas as cantigas, os bailes e as tradicións cando parecía que podían desaparecer. Nas cociñas, nas festas, nas ruadas ou nas foliadas, transmitiron de xeración en xeración o que hoxe seguimos bailando, tocando e cantando.

Grazas ás mulleres que ensinaron, que lembraron e que non deixaron morrer o noso patrimonio.

A tradición que hoxe celebramos tamén leva o seu nome.

Feliz Día da Muller 💜

Enchemos de cor o noso entroido!! O pasado sábado estivemos participando no desfile de entroido de Carballedo. Este ano ...
26/02/2026

Enchemos de cor o noso entroido!!

O pasado sábado estivemos participando no desfile de entroido de Carballedo. Este ano decidimos recuperar un traxe de entroido que se levou en Tenorio fai 150 anos. Un traxe moi vistoso, recuberto de cornetes de cores feitos de papel de seda.

Foi un pracer poder disfrutar cós veciños e veciñas do noso concello unha tarde tan divertida, pasámolo en grande!

💚❤️💛🩵🤎💜🧡🩷💙🩶

Outro ano máis estivemos colaborando cós nosos amigos da Asociación do Entroido de Aguasantas Entroido Aguasantas Foron ...
18/02/2026

Outro ano máis estivemos colaborando cós nosos amigos da Asociación do Entroido de Aguasantas Entroido Aguasantas

Foron dous días de festa, de troula e moita diversión. Noraboa por todo o voso traballo, por recuperar este Entroido e sobre todo, por sementar este espíritu entroideiro en toda a xente, porque nos facedes desfrutar dun ambiente inigualable. Moitas gracias por contar con nós, por facernos parte disto e por tratarnos sempre tan ben.
Fíxonos moita ilusión ser parte do voso sermón!! Xa estamos contando os días para o Entroido 2027!

Viva o Entroido de Aguasantas!! 🥳

Onte os nosos músicos estiveron celebrando no lugar de Lixó (Fentáns), a misa na honra da Virxe da Candelaria. Moitas gr...
08/02/2026

Onte os nosos músicos estiveron celebrando no lugar de Lixó (Fentáns), a misa na honra da Virxe da Candelaria. Moitas gracias á comisión por contar un ano máis con nós, e sobre todo moitas gracias por tratarnos sempre tan ben. Gracias a todos os veciños e veciñas que se achegaron a compartir esa xornada, inda que o tempo non acompañou.

Dirección

Tenorio
Tenorio
36120

Horario de Apertura

11:00 - 14:00

Teléfono

+34689608334

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Os Trazantes de Tenorio publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto La Organización

Enviar un mensaje a Os Trazantes de Tenorio:

Compartir