Federación Galega de Kickboxing e Muaythai

Federación Galega de Kickboxing e Muaythai A Federación Galega de Kickboxing e Muaythai, ostenta a representación oficial do Kickboxing e Muaythai en todo o territorio da Comunidade Autónoma de Galicia.

31/05/2026
🥊 XXIII Trofeo Internacional Cidade de OurenseO vindeiro 30 de maio de 2026, o Pazo dos Deportes Paco Paz acollerá a 23ª...
11/05/2026

🥊 XXIII Trofeo Internacional Cidade de Ourense

O vindeiro 30 de maio de 2026, o Pazo dos Deportes Paco Paz acollerá a 23ª edición dun dos trofeos máis veteranos e consolidados do panorama autonómico.

Un evento de referencia no kickboxing e no muaythai galego, que continúa medrando ano tras ano reunindo deportistas, clubs e equipos nunha xornada de competición, convivencia e promoción do noso deporte.

📍 Ourense
📅 30 de maio de 2026
🏟️ Pazo dos Deportes Paco Paz

Seguimos facendo historia. Seguimos construíndo deporte galego.

🥊 ALICIA SÁNCHEZ, RUMBO A ONE CHAMPIONSHIPA nosa deportista Alicia Sánchez, deportista galega de alto nivel, pertencente...
29/04/2026

🥊 ALICIA SÁNCHEZ, RUMBO A ONE CHAMPIONSHIP

A nosa deportista Alicia Sánchez, deportista galega de alto nivel, pertencente ao Iago Barros Fight Club, entidade afiliada a esta Federación, está de noraboa.

Alicia terá a oportunidade de competir nun dos escenarios máis prestixiosos do panorama internacional: ONE Championship, concretamente no mítico Lumpinee Stadium.

Desde a Federación Galega de Kickboxing e Muaythai queremos trasladarlle todo o noso apoio e desexarlle a maior das sortes nesta importante cita deportiva, facendo extensiva a felicitación ao seu adestrador polo traballo realizado.

Galicia estará representada nun dos grandes escenarios mundiais dos deportes de combate.

💪 Moita forza, Alicia!
🥊 Galicia contigo!

MuayThaiGalicia ONEChampionship Lumpinee DeporteGalego GaliciaNoMundo OrgulloGalego TeamGalicia

🏆 RESULTADOS DO EQUIPO AUTONÓMICO GALEGO NOS CAMPIONATOS DE ESPAÑA 🇪🇸A Federación Galega de Kickboxing e Muaythai quere ...
26/04/2026

🏆 RESULTADOS DO EQUIPO AUTONÓMICO GALEGO NOS CAMPIONATOS DE ESPAÑA 🇪🇸

A Federación Galega de Kickboxing e Muaythai quere felicitar ao Equipo Autonómico Galego polos excelentes resultados acadados nos Campionatos de España celebrados esta fin de semana, onde Galicia volveu estar presente no medalleiro con actuacións destacadas en distintas modalidades.

🔹 RESULTADOS INDIVIDUAIS

🥇🥇🥈 Diego Pérez Fernández (ABP)

* 2 OUROS en Point Fight e K-1 Light (-84 kg)
* 1 PRATA en Kick Light (-84 kg)

🥇🥈 Ángela Iglesias Sousa

* 1 OURO en Formas Musicais con Armas (estilo duro)
* 1 PRATA en Formas Creativas (estilo duro)

🥈 Lorena Mojón

* 1 PRATA en Kick Light (-70 kg)

🥉 Milagros Redondo Gago

* 1 BRONCE en Point Fight (+70 kg)

🥉 Sandra Vázquez Requeijo

* 1 BRONCE en Point Fight (-50 kg)



Este conxunto de resultados reflicte o gran nivel competitivo do noso equipo, así como o traballo constante que se está a desenvolver dende os clubs galegos.

👏 Queremos facer unha mención moi especial a Abelardo e Jose, seleccionadores oficiais do equipo autonómico, polo seu excelente labor técnico e humano. A súa dedicación, planificación e acompañamento foron determinantes para acadar estes resultados.

Dende a Federación Galega de Kickboxing e Muaythai trasladamos a nosa máis sincera:
✔️ Noraboa a todos os deportistas polo seu esforzo e compromiso
✔️ Recoñecemento ao equipo técnico polo traballo realizado
✔️ Agradecemento aos clubs e familias polo apoio continuo

💙 Galicia segue sumando, segue competindo e segue medrando. Orgullo galego

A selección galega xa está en La Nucía (Alicante)O equipo autonómico da Federación Galega de Kickboxing e Muaythai xa se...
23/04/2026

A selección galega xa está en La Nucía (Alicante)

O equipo autonómico da Federación Galega de Kickboxing e Muaythai xa se atopa en La Nucía (Alicante) para representar a Galicia no Campionato de España Senior de Kickboxing, organizado pola Federación Española de Kickboxing e Muaythai e o Consejo Superior de Deportes.

A expedición galega afronta esta importante cita estatal con ilusión, compromiso e a responsabilidade de representar a nosa comunidade ao máis alto nivel competitivo.

Dende a Federación Galega queremos desexarlle moita sorte a todos os integrantes do equipo autonómico, capitaneado polos seleccionadores oficiais José e Abelardo, que estarán á fronte da representación galega nesta competición.

Confiamos en que o esforzo, a preparación e o traballo realizado dean os seus froitos sobre o tatami e no ring.

Moita sorte a toda a expedición galega! Galicia está con vós! 💙🤍

CampionatoDeEspaña Kickboxing LaNucia Alicante DeporteGalego OrgulloGalego

A Selección Galega xa está en Málaga!O equipo autonómico da Federación Galega de Kickboxing e Muaythai xa se atopa en Má...
18/04/2026

A Selección Galega xa está en Málaga!

O equipo autonómico da Federación Galega de Kickboxing e Muaythai xa se atopa en Málaga, preparado para representar a Galicia no Campionato de España de Muay Thai, que se celebra os días 18 e 19 de abril no Pabellón Ciudad Jardín.

Os nosos deportistas xa superaron o pesaxe oficial, resultando todos aptos para entrar en competición, e posan ás portas do escenario deportivo onde defenderán as cores de Galicia con esforzo, compromiso e ilusión.

Dende a Federación Galega de Kickboxing e Muaythai queremos desexarlle moitísima sorte a toda a expedición galega nesta importante cita nacional.
Agora toca competir, dar o mellor de si e deixar ben alto o nome de Galicia.

Forza equipo! Forza Galicia!

CampionatoDeEspaña CampeonatoDeEspaña MuayThaiEspaña Malaga DeporteGalego TeamGalicia KickboxingGalicia OrgulloGalego CompeticionOficial

A Federación Galega de Kickboxing e Muaythai estará representada polo seu equipo autonómico no Campionato de España de M...
17/04/2026

A Federación Galega de Kickboxing e Muaythai estará representada polo seu equipo autonómico no Campionato de España de Muay Thai, que se celebrará os días 18 e 19 de abril no Pavillón Ciudad Jardín, en Málaga.

Dende a FGKM queremos desexarlle moita sorte a toda a selección galega, que defenderá e representará a Galicia nesta importante cita oficial da Federación Española de Kickboxing e Muay Thai.

Un equipo autonómico capitaneado por Toni Garrido, ao que lle trasladamos todo o noso apoio e confianza, xunto co desexo de que todos os seus compoñentes poidan ofrecer o mellor de si mesmos dentro e fóra da competición.

Moita sorte a todo o equipo galego!
Galicia estará moi ben representada en Málaga.

TeamGalicia CampionatoDeEspaña MuayThai FEKM Galicia

8M | Día Internacional da MullerHoxe queremos recoñecer o papel fundamental das mulleres no noso deporte: deportistas, a...
08/03/2026

8M | Día Internacional da Muller

Hoxe queremos recoñecer o papel fundamental das mulleres no noso deporte: deportistas, adestradoras, árbitras, directivas e presidentas de club que contribúen cada día ao crecemento do kickboxing e do muay thai en Galicia.

Desde a Federación Galega de Kickboxing e Muaythai queremos expresar o noso respecto, recoñecemento e admiración por todas elas.

🏆 CAMPEONATO GALLEGO DE KICKBOXING 2026 – XUNTA DE GALICIA📍 Marín (Pontevedra)📅 14 e 15 de marzo de 2026📢 Inscricións pe...
18/02/2026

🏆 CAMPEONATO GALLEGO DE KICKBOXING 2026 – XUNTA DE GALICIA
📍 Marín (Pontevedra)
📅 14 e 15 de marzo de 2026

📢 Inscricións pechadas… e os datos falan por si sós:

🥊 RING SPORT
➡️ 86 inscricións
➡️ 15 clubs participantes

🥋 TATAMI SPORT
➡️ 319 inscricións
➡️ 18 clubs participantes

📌 TOTAL: 405 inscricións oficiais

💥 O maior rexistro de participación da historia do Campionato Galego desde a existencia da Federación oficial.

🙏 Grazas a todos os clubs, deportistas, técnicos e familias polo seu compromiso.
🔝 Galicia segue medrando, e o Kickboxing Galego está máis vivo ca nunca.

RingSport TatamiSport

“Caminante, no hay camino, se hace camino al andar.” — A. MachadoEste fin de semana recibí en Aranjuez la Medalla al Mér...
26/01/2026

“Caminante, no hay camino, se hace camino al andar.” — A. Machado

Este fin de semana recibí en Aranjuez la Medalla al Mérito Deportivo de la FEMAKM.

Más allá de la medalla, me llevo reencuentros, abrazos, miradas cómplices y la sensación de estar en casa.

Gracias de corazón a Luis Ochoa, compañero y amigo, y a todas las personas que estuvieron, están y estarán.

La recibo con gratitud personal, pero con la certeza de que nada importante se construye solo.

Esto también es vuestro !!!

Camino TrabajoColectivo Respeto Deporte Aranjuez

Dirección

Rúa Nicolás Tenorio 32
Tenorio
32550

Horario de Apertura

Lunes 09:00 - 13:30
Martes 09:00 - 13:30
Miércoles 09:00 - 13:30
Jueves 09:00 - 13:30
Viernes 09:00 - 13:30

Teléfono

+34988225302

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Federación Galega de Kickboxing e Muaythai publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto La Organización

Enviar un mensaje a Federación Galega de Kickboxing e Muaythai:

Compartir