ANPA de SAR

Página web

ANPA de SAR Santiago de Compostela

🧠  Hoxe falamos de SAÚDE MENTAL. Pero queremos que se fale dela todos os días.Porque detrás dun silencio pode haber preo...
10/10/2026

🧠 Hoxe falamos de SAÚDE MENTAL. Pero queremos que se fale dela todos os días.

Porque detrás dun silencio pode haber preocupación. Detrás dun cambio de comportamento pode haber sufrimento. E detrás dun «estou ben» pode haber alguén que non sabe como pedir axuda.

Na adolescencia, sentirse escoitado, comprendido e acompañado pode marcar a diferenza.

Desde a ANPA de Sar reivindicamos máis prevención, máis acompañamento e máis recursos para coidar a saúde mental dos nosos mozos e mozas, así como máis ferramentas para as familias e para toda a comunidade educativa.

💙 Non esperemos a que o sufrimento sexa visible para actuar.

Preguntar. Escoitar. Acompañar. Pedir axuda.
Tamén é coidar.

💙 DÍA DA DISLEXIA.  COMPRENDER É INCLUÍRHoxe poñemos o foco na dislexia e, sobre todo, nos nenos, nenas e adolescentes q...
08/10/2026

💙 DÍA DA DISLEXIA. COMPRENDER É INCLUÍR

Hoxe poñemos o foco na dislexia e, sobre todo, nos nenos, nenas e adolescentes que cada día se esforzan por aprender dun xeito diferente.

A dislexia non define a capacidade nin o potencial. O que marca a diferenza é contar cos apoios, as ferramentas e a comprensión necesarias.

Desde a ANPA reivindicamos unha educación que respecte os diferentes ritmos de aprendizaxe, detecte as dificultades a tempo e garanta os recursos necesarios.

Porque a inclusión non consiste en que todas e todos aprendan igual.
Consiste en que todas e todos teñan as mesmas oportunidades para aprender y avanzar. 💙

Queremos lembrar que mañá, mércores 7 de outubro, ás 19:00 h, agardámosvos no IES de Sar para falar de:“Desmontando mito...
06/10/2026

Queremos lembrar que mañá, mércores 7 de outubro, ás 19:00 h, agardámosvos no IES de Sar para falar de:

“Desmontando mitos en torno á conduta suicida: saúde mental e intelixencia emocional”

💙 Un espazo para informarnos, romper mitos e aprender a acompañar mellor.

👉 INSCRÍBETE: https://forms.gle/kxGnXWyzqTzoF3qv8

Contamos contigo! Porque falar tamén é coidar. 💙

🧠 Falamos de saúde mental. Aprendemos a acompañar. Comezamos o curso cunha charla especialmente importante para as familias: “Desmontando mitos en torno á conduta suicida: saúde mental e intelixencia emocional”. Un espazo para informarnos, romper mitos e adquirir ferramentas que nos axude...

🧠 PRIMEIRA CHARLA DO CURSO!!Comezamos este curso falando dun tema importante: saúde mental e intelixencia emocional.📢 "D...
03/10/2026

🧠 PRIMEIRA CHARLA DO CURSO!!

Comezamos este curso falando dun tema importante: saúde mental e intelixencia emocional.

📢 "Desmontando mitos en torno á conduta suicida”

🗣️ ANDAINA
📅 Mércores 7 de outubro
🕖 19:00 h
📍 IES de Sar

Unha charla de sensibilización para informarnos, romper mitos e aprender a acompañar mellor.

💙 Falar tamén é previr.
💙 Informarnos tamén é coidar.

👉 INSCRÍBETE: https://forms.gle/kxGnXWyzqTzoF3qv8
Anímate a participar. Agardámoste! 😊

🎒✨ BENVIDAS E BENVIDOS AO NOVO CURSO! ✨🎒Comezamos un novo curso con ilusión, enerxía e moitas ganas de seguir facendo co...
02/10/2026

🎒✨ BENVIDAS E BENVIDOS AO NOVO CURSO! ✨🎒

Comezamos un novo curso con ilusión, enerxía e moitas ganas de seguir facendo comunidade. 💙

Desde a ANPA queremos estar preto das familias, escoitarvos e seguir traballando xuntas e xuntos.

📧 CORREO ELECTRÓNICO
A nosa principal canle de comunicación. Para dúbidas, preguntas, suxestións ou propostas, escribídenos. Estamos aquí para escoitarvos!

📘 FACEBOOK
Novidades, actividades e información de interese.

📱 CANAL DE WHATSAPP
Avisos e información da ANPA de forma rápida e directa.

🤝 A ANPA somos todas e todos.
A vosa participación é fundamental para seguir construíndo unha comunidade educativa máis próxima e participativa.

🌱 Novo curso, novas ilusións, novos proxectos.

Benvidas e benvidos! 💙
Contamos con vós! 🎒✨

🌿🎵 Xa queda pouco para aSegunda edición da ROMARÍA DAS LETRAS!O martes 26 celebraremos no IES de Sar unha tarde de convi...
25/05/2026

🌿🎵 Xa queda pouco para aSegunda edición da ROMARÍA DAS LETRAS!

O martes 26 celebraremos no IES de Sar unha tarde de convivencia ao estilo das romarías tradicionais galegas: xantar popular, música, baile, xogos e actuacións para desfrutar en familia e comunidade.

🕝 A partir das 14:30h
📍 IES de Sar
🥪 Cada familia traerá a súa comida

Vémonos na romaría! 💚

Nas aulas falta tempo, faltan mans, faltan recursos.E cando faltan recursos, quen máis o sofre é quen máis o precisa.   ...
06/05/2026

Nas aulas falta tempo, faltan mans, faltan recursos.
E cando faltan recursos, quen máis o sofre é quen máis o precisa. Non podemos aceptar que a inclusión sexa só unha palabra bonita mentres na práctica non hai medios para facela realidade. Cada nena, cada neno, merece ser atendido, escoitado, acompañado.
E iso só é posible con profesorado suficiente e con recursos reais. Non estamos pedindo privilexios. Esiximos máis profesorado, máis recursos e solucións reais, non discursos. Estamos esixindo que se cumpra o básico: o dereito a unha educación pública digna e con recursos suficientes.

Porque a educación das nosas fillas e fillos non pode agardar.

📢 *ESTÁ EN XOGO O FUTURO DUN ENSINO PÚBLICO DE CALIDADE!*  💪*O 6 DE MAIO, TODAS E TODOS Á RÚA!* A Educación Pública Gale...
05/05/2026

📢 *ESTÁ EN XOGO O FUTURO DUN ENSINO PÚBLICO DE CALIDADE!*
💪*O 6 DE MAIO, TODAS E TODOS Á RÚA!*
A Educación Pública Galega está nun momento crítico e non podemos quedar de brazos cruzados. Nos nosos centros de educación a realidade é alarmante: faltan recursos, os espazos son insuficientes e o persoal de orientación e apoio está totalmente desbordado.
Porque isto nos afecta a todas?
*Estudantes:* porque tedes dereito a unha formación de calidade e a que o profesorado teña tempo real para atender as vosas dúbidas e necesidades.
*Familias:* porque non se está garantindo a igualdade de oportunidades nin a atención á diversidade que a lei esixe.
*Veciñanza:* porque un pobo sen unha educación pública forte é un pobo con menos futuro.

Hoxe, o *tempo de atención individual* na aula redúcese a *apenas 1 minuto por estudante* . Non podemos permitir que o ensino se converta nunha "carreira de obstáculos" por falta de investimento.

🗓️ O vindeiro *6 de maio* ás *19:00 horas* hai mobilizacións en toda Galicia.

📍 En *Compostela* imos facer ruído para que nos escoiten na Consellería!
🚩 *Únete ás 19:00 na Praza Roxa!!*

Fai falta que veñas ti, as túas amizades, os teus compañeiros e compañeiras, a túa familia e toda a xente que crea que a educación non é un gasto, é un investimento no noso futuro.
Estudantado, profesorado, familias e veciñanza unidas! 🤝
📢 COMPARTE ESTA MENSAXE! O 6 de maio, que non falte ninguén.
A EDUCACIÓN PÚBLICA DEFÉNDEMOLA ENTRE TODAS E TODOS! 📚🔥

📢 CONCENTRACIÓN POLA EDUCACIÓN PÚBLICA🗓 Martes, 6 de maio⏰ 19:00 h📍 Praza RoxaA comunidade educativa volve saír á rúa pa...
04/05/2026

📢 CONCENTRACIÓN POLA EDUCACIÓN PÚBLICA

🗓 Martes, 6 de maio
⏰ 19:00 h
📍 Praza Roxa

A comunidade educativa volve saír á rúa para reclamar máis profesorado e máis recursos.

Non podemos seguir normalizando ratios elevadas, falta de medios e dificultades para atender ao alumnado, especialmente ao que precisa apoio educativo.

👨‍👩‍👧‍👦 As familias temos moito que dicir.
A túa presenza é importante.

✊ Porque a educación das nosas fillas e fillos non pode agardar.

Dirección

Santiago De Compostela

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando ANPA de SAR publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Atajos

Compartir