21/10/2026
💙 Esta semana, con motivo do 50 aniversario de ASPABER, tivemos a oportunidade de participar nunha misa celebrada na Capela da Milagrosa, á que fomos convidados con moito agarimo.
Durante a celebración recibimos a Milagrosiña, un momento moi emotivo e significativo que vivimos con especial ilusión 🥰
Un encontro que nos permitiu compartir, fortalecer os lazos coa nosa comunidade e seguir mantendo vivas as tradicións que nos unen á nosa contorna.
🙏 Moitas grazas pola invitación, pola acollida e por facernos partícipes dun momento tan bonito!