FestiVal das Brétemas

Página web Contactar con la organización

FestiVal das Brétemas VI Ediçom Somos do Monte
[28-29 de setembro de 2018]

FestiVal das Brétemas é unha asociación cultural integrada por moz@s do Concello de Ponteareas (Pontevedra), chamada polos poetas Vila Néboa. Comeza a súa andaina na primavera de 2012 froito das escasas actividades culturais e de ocio da nosa comarca. Dende o seu nacemento, apostou claramente pola defensa, apoio e difusión da cultura, música e lingua galega así como o compromiso de dar cabida ás expresións máis ignoradas polos intereses alleos á cultura popular. O noso colectivo promove eventos durante todo o ano en diversos rexístros e formatos: música, cinema, literatura, obradoiros, actividades para nen@s e como non, festa, moita festa ate chegar ao mes máis festivaleiro do ano, o bretemoso mes de Setembro, no que concentramos todas as nosas enerxías en organizar un festival onde participan grupos musicais maioritariamente galegos cunha clara vontade reivindicativa. A asociación do festival está conformada como un colectivo, aberto a toda proposta de persoas ou asociacións sempre que se atopen desvinculadas de actitudes ou valores sexistas, xenófobos, racistas, relixiosos ou que non respeten ás persoas ou ao medioambiente. Dado que somos unha asociación sen ánimo de lucro e sen ningún apoio económico institucional precisamos da solidariedade da xente do noso entorno para poder autofinanciarnos e lograr os nosos obxetivos.

25/09/2026
É MAÑÁ!!!!!! 💜Xa non queda nada para HABITAR NAS BRÉTEMAS.Mañá ocupamos de novo a Feira Vella para falar, bailar, camiña...
25/09/2026

É MAÑÁ!!!!!! 💜

Xa non queda nada para HABITAR NAS BRÉTEMAS.

Mañá ocupamos de novo a Feira Vella para falar, bailar, camiñar, compartir...porque hai moitas maneiras de loitar e esta é a mellor!

📍 Feira Vella · Ponteareas
🕚 Dende as 11:00 h

MAÑÁ VÉMONOS NAS BRÉTEMAS! 💜🥾🍽️🎶

E para poñer a pista a arder chega Lakenobaila , que estará con nós ata o peche das xornadas á 1:00h!!!!!Artista arxenti...
23/09/2026

E para poñer a pista a arder chega Lakenobaila , que estará con nós ata o peche das xornadas á 1:00h!!!!!

Artista arxentino-galega, DJ, vocalista e promotora cultural. Unha mestura de club, electrónica, ritmos tropicais e experimentación que rompe fronteiras e fai do baile tamén un espazo de encontro.
Do escenario á pista Lakenobaila vén a facer tremer as Brétemas.

Que ninguén nos quite as ganas de bailar!!!

📍 26 de setembro · Feira Vella
HABITAR NAS BRÉTEMAS 💜

🚨INSCRICIÓNS PECHADAS 🚨Tiñamos previsto deixar as inscricións abertas ata o día 23, pero pasou o que non esperabamos: en...
19/09/2026

🚨INSCRICIÓNS PECHADAS 🚨

Tiñamos previsto deixar as inscricións abertas ata o día 23, pero pasou o que non esperabamos: enchéronse as prazas antes do previsto.
Para poder coidar o xantar como queremos e que todo funcione, temos que poñerlle límite ao número de persoas.
Así que, aínda que nos dá mágoa non poder aceptar máis xente, tamén queremos dicilo alto: GRAZAS por esta resposta. 🥹💜

Obrigadas!!

Dende O Rosal chega un vello coñecido das Brétemas.Sapoconcho SemPoncho é unha desas persoas que están aí dende o princi...
16/09/2026

Dende O Rosal chega un vello coñecido das Brétemas.

Sapoconcho SemPoncho é unha desas persoas que están aí dende o principio, apoiando, botando unha man e facendo que isto siga acontecendo.

Preparádevos para unha viaxe na sesión vermú entre balkan, cumbia, electrofolklore e tropical bass!!

O sábado 26 de setembro, Sapoconcho Sem Poncho volve habitar as Brétemas.
E nós, encantadas de volver contar con el. 💜

Porque habitar tamén é organizarse e loitar.📍 Feira Vella · Ponteareas📅 26 se setembro
14/09/2026

Porque habitar tamén é organizarse e loitar.
📍 Feira Vella · Ponteareas
📅 26 se setembro

Dirección

Feira Vella
Puenteareas
36860

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando FestiVal das Brétemas publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Contactar Con La Organización

Enviar un mensaje a FestiVal das Brétemas:

Atajos

Compartir