Comisión de festas da Barquiña de Ponteceso

Comisión de festas da Barquiña de Ponteceso Organizadores de Eventos en Ponteceso

Queda aplazada a comida que estaba prevista para este sábado 28 de marzo! Próximamente anunciaremos a nova data, asique ...
23/03/2026

Queda aplazada a comida que estaba prevista para este sábado 28 de marzo! Próximamente anunciaremos a nova data, asique atentxs‼️🙌🏾🥳

Non temos palabras para agradecer a grandísima acollida que tivo a foliada deste pasado sábado!❤️Darlle as grazas tamén ...
02/03/2026

Non temos palabras para agradecer a grandísima acollida que tivo a foliada deste pasado sábado!❤️
Darlle as grazas tamén a .c.inllar por axudar a que isto fora posible e por facer desta I Foliada Inllar, a primeira de moitas✨🎶🥁

Grazas a todas e todos os que viñéchedes, e que disfrutáchedes, pero sobretodo grazas por apoiarnos e por celebrar a nosa cultura🩵

Vémonos prontiño!🫰🏽

Vémonos o 28 de marzo!🍖🎉✨
22/02/2026

Vémonos o 28 de marzo!🍖🎉✨

Aquí vos deixamos o cartaz completo!Ás 18:00 contaremos coa actuación de .gz e a partir das 19:00 a foliada🎶💗Vémonos en ...
03/02/2026

Aquí vos deixamos o cartaz completo!
Ás 18:00 contaremos coa actuación de .gz e a partir das 19:00 a foliada🎶💗

Vémonos en Ponteceso🥁✨

Ide reservando a data‼️🎊Pero isto non é todo… faltan cousiñas por contarvos aínda, asique xa sabedes, estade atentxs ás ...
18/01/2026

Ide reservando a data‼️🎊
Pero isto non é todo… faltan cousiñas por contarvos aínda, asique xa sabedes, estade atentxs ás redes nas próximas semanas🎶🥁

Vémonos na foliada🥳

✨ Dende a Comisión de Festas da Barquiña queremos expresar o noso agradecemento a todas as persoas que nos acompañastes ...
24/12/2025

✨ Dende a Comisión de Festas da Barquiña queremos expresar o noso agradecemento a todas as persoas que nos acompañastes e colaborastes ao longo deste ano. O voso apoio e implicación son fundamentais para que todo saia adiante.💗

Grazas pola confianza, pola participación e polo ánimo en cada momento. Sen vós nada disto sería posible.
Desexámosvos un bo Nadal e unhas boas festas, cheas de saúde, alegría e bos momentos xunto das persoas que queredes. Que o vindeiro ano veña cargado de ilusións e boas novas.

Unha aperta grande, a Comisión de Festas da Barquiña🌟

Xa temos dispoñible a lotería de Nadal! Pásate pola de Eiroa, polo Rosalía ou por Abordo para facerte con ela!E se toca…...
03/10/2025

Xa temos dispoñible a lotería de Nadal! Pásate pola de Eiroa, polo Rosalía ou por Abordo para facerte con ela!

E se toca…?🤭

A Barquiña está para desfrutala... con SENTIDIÑO! 🎉💥Se vas vir á festa, lembra seguir estas recomendacións para que toda...
10/09/2025

A Barquiña está para desfrutala... con SENTIDIÑO! 🎉💥
Se vas vir á festa, lembra seguir estas recomendacións para que todas e todos poidamos g***r dun bo ambiente 🙌

Respecta, coida, colabora e pásao ben!💗

Vémonos este venres na churrascada!🍖 Este ano para amenízala contaremos co grupo Kreze e con Dj Montxo!🎻🎶Tamén contaremo...
08/09/2025

Vémonos este venres na churrascada!🍖 Este ano para amenízala contaremos co grupo Kreze e con Dj Montxo!🎻🎶
Tamén contaremos con Judith Cundíns e Dj Drew Korme🥳🎉

Esperámosvos a partir das 20:30☺️

Dende a Comisión de Festas da Barquiña queremos agradecer, un ano máis, o apoio de todos os negocios colaboradores que f...
03/09/2025

Dende a Comisión de Festas da Barquiña queremos agradecer, un ano máis, o apoio de todos os negocios colaboradores que fan posible a celebración das nosas festas.

Como vén sendo habitual, este ano contaremos coa publicidade tradicional para todos aqueles que estades a colaborar.

Non obstante, como novidade, abrimos a posibilidade de que aqueles negocios ou persoas que desexen facer unha achega maior poidan contar cunha publicidade destacada e máis ampla, durante os días de celebración.

Se estás interesado/a nesta opción especial, ponte en contacto con nós canto antes para poder organizalo.

Moitas grazas pola vosa colaboración e por seguir facendo das Festas da Barquiña un evento inesquecible para toda a veciñanza!

Unha aperta,
A Comisión de Festas da Barquiña.

Dende a Comisión de festas da Barquiña queremos informar que, debido á grave situación que se viviu, e que se está a viv...
02/09/2025

Dende a Comisión de festas da Barquiña queremos informar que, debido á grave situación que se viviu, e que se está a vivir nas últimas semanas en Galicia, así como pola recomendación das autoridades, tomamos a decisión de cancelar os fogos de artificio previstos para o sábado.

As autoridades lembran e insisten con moita firmeza en non tirar bombas, petardos ou calquera tipo de material pirotécnico, xa que o risco de provocar un incendio é extremadamente alto nestas condicións.

Os incendios forestais que están a afectar a moitas zonas do país, incluída a nosa contorna máis próxima, fan necesario actuar con responsabilidade e prudencia. Somos conscientes de que os fogos artificiais son un momento especial dentro das festas, pero nestes momentos a seguridade, a prevención e o respecto polo medio deben estar por enriba de todo.

Nestes días difíciles, a solidariedade e o compromiso que se viviron no noso concello foron un verdadeiro exemplo para todos. Agora máis ca nunca, toca seguir actuando con sentidiño, unidade e respecto pola nosa contorna.

Pedímosvos máxima comprensión, colaboración e compromiso.
As festas continúan con moita ilusión e actividades para todos os públicos, pero sempre co propósito firme de coidar o que é noso.

Grazas pola vosa solidariedade e apoio.

Unha aperta,
A Comisión de festas da Barquiña

Dirección

Ponteceso
Ponteceso
15110

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Comisión de festas da Barquiña de Ponteceso publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Compartir