Festa do Esquecemento - A.C. Civitas Limicorum

Llamar Contactar con la organización

Festa do Esquecemento - A.C. Civitas Limicorum Asociación cultural Civitas Limicorum. Con sede en Xinzo de Limia e integrada na AEFRH. Organizamos a

Subvención  ano 2026.
04/11/2026

Subvención ano 2026.

𝗢 𝗘𝘀𝗾𝘂𝗲𝗰𝗲𝗺𝗲𝗻𝘁𝗼 𝗺𝗶𝗿𝗮 𝗮𝗼 𝗳𝘂𝘁𝘂𝗿𝗼 🏛️Este venres estivemos en Santiago de Compostela, reunidos co director de Turismo de Gali...
25/09/2026

𝗢 𝗘𝘀𝗾𝘂𝗲𝗰𝗲𝗺𝗲𝗻𝘁𝗼 𝗺𝗶𝗿𝗮 𝗮𝗼 𝗳𝘂𝘁𝘂𝗿𝗼 🏛️

Este venres estivemos en Santiago de Compostela, reunidos co director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, para facer balance da XXVI Festa do Esquecemento e interesarnos pola solicitude de Festa de Interese Turístico de Galicia.

🗣️ Á cita acudiron a nosa presidenta, 𝗔𝗻𝗮 𝗟𝗼𝘇𝗮𝗻𝗼, e o expresidente e impulsor da solicitude de Interese Turístico, 𝗠𝗮𝗿𝗰𝗼𝘀 𝗔𝗿𝗴𝗶𝗯𝗮𝘆.

Falamos do moito que medrou a festa nestes 26 anos e do que aínda queda por diante para levar o nome de Xinzo de Limia e da nosa historia o máis lonxe posible.

Agradecer a Cristina Campero, deputada no Parlamento de Galicia e concelleira de Xinzo, por acompañarnos e abrirnos as portas para este encontro.

18/09/2026

🔄🏛️🎭🛡️ 𝘾𝘼𝙈𝘽𝙄𝙊 𝘿𝙀 𝙋𝙍𝙀𝙎𝙄𝘿𝙀𝙉𝘾𝙄𝘼 𝙉𝘼 𝘾𝙄𝙑𝙄𝙏𝘼𝙎 𝙇𝙄𝙈𝙄𝘾𝙊𝙍𝙐𝙈 | A inicia unha nova etapa. Marcos Argibay deixa a presidencia da asociación e Ana Lozano recolle o testemuño como nova presidenta.

🎙️ Con motivo da súa despedida, Marcos compartiu con Diario do Limia unhas palabras para facer balance da súa etapa á fronte da entidade e despedirse do cargo.

👥 Agora será Ana Lozano quen asuma a responsabilidade de dirixir Civitas Limicorum e dar continuidade ao traballo e aos proxectos da asociación.

𝐎 𝐓𝐨𝐮𝐫𝐚𝐥 𝐚𝐦𝐞𝐧𝐜𝐞𝐮 𝐜𝐚𝐬𝐭𝐫𝐞𝐱𝐨 𝐞 𝐫𝐨𝐦𝐚𝐧𝐨 ⚔️A mañá de domingo trouxo os 𝐛𝐚𝐮𝐭𝐢𝐳𝐨𝐬 𝐝𝐨 𝐄𝐬𝐪𝐮𝐞𝐜𝐞𝐦𝐞𝐧𝐭𝐨 para celebrar que a nosa gran ...
23/08/2026

𝐎 𝐓𝐨𝐮𝐫𝐚𝐥 𝐚𝐦𝐞𝐧𝐜𝐞𝐮 𝐜𝐚𝐬𝐭𝐫𝐞𝐱𝐨 𝐞 𝐫𝐨𝐦𝐚𝐧𝐨 ⚔️

A mañá de domingo trouxo os 𝐛𝐚𝐮𝐭𝐢𝐳𝐨𝐬 𝐝𝐨 𝐄𝐬𝐪𝐮𝐞𝐜𝐞𝐦𝐞𝐧𝐭𝐨 para celebrar que a nosa gran familia segue en aumento.

E na area, as 𝐥𝐨𝐢𝐭𝐚𝐬 𝐝𝐞 𝐠𝐥𝐚𝐝𝐢𝐚𝐝𝐨𝐫𝐞𝐬 puxeron ao público en pé 🔥

Ao redor, o 𝐦𝐞𝐫𝐜𝐚𝐝𝐨 e a 𝐳𝐨𝐧𝐚 𝐢𝐧𝐟𝐚𝐧𝐭𝐢𝐥 encheron o 𝐩𝐚𝐫𝐪𝐮𝐞 𝐝𝐨 𝐓𝐨𝐮𝐫𝐚𝐥 de xente de todas as idades.

Grazas por seguir enchendo Xinzo de Limia ❤️

𝐀𝐬 𝐎𝐥𝐢𝐦𝐩𝐢́𝐚𝐝𝐚𝐬 𝐝𝐨 𝐄𝐬𝐪𝐮𝐞𝐜𝐞𝐦𝐞𝐧𝐭𝐨 🏅Castrexos e romanos medíronse nas nosas Olimpíadas, onde a forza, o enxeño e a picardía ...
22/08/2026

𝐀𝐬 𝐎𝐥𝐢𝐦𝐩𝐢́𝐚𝐝𝐚𝐬 𝐝𝐨 𝐄𝐬𝐪𝐮𝐞𝐜𝐞𝐦𝐞𝐧𝐭𝐨 🏅

Castrexos e romanos medíronse nas nosas Olimpíadas, onde a forza, o enxeño e a picardía decidiron que bando mandaba.

E os máis pequenos tiveron tamén as súas Olimpíadas Infantís, porque esta rivalidade sa é para todas as idades.

🤘 E despois, o desfile das tropas de Décimo.

Grazas a todas e a todos os que competistes e animastes! 🔥

𝐍𝐨𝐢𝐭𝐞 𝐝𝐞 𝐟𝐚𝐜𝐡𝐨𝐬 𝐞 𝐥𝐮𝐦𝐞 𝐬𝐚𝐠𝐫𝐚𝐝𝐨 ✨Animación de rúa, moita música, o 𝐠𝐫𝐚𝐧 𝐝𝐞𝐬𝐟𝐢𝐥𝐞 𝐝𝐞 𝐟𝐚𝐜𝐡𝐨𝐬, o 𝐩𝐫𝐞𝐧𝐝𝐢𝐝𝐨 𝐝𝐨 𝐥𝐮𝐦𝐞 𝐬𝐚𝐠𝐫𝐚𝐝𝐨… e ...
22/08/2026

𝐍𝐨𝐢𝐭𝐞 𝐝𝐞 𝐟𝐚𝐜𝐡𝐨𝐬 𝐞 𝐥𝐮𝐦𝐞 𝐬𝐚𝐠𝐫𝐚𝐝𝐨 ✨

Animación de rúa, moita música, o 𝐠𝐫𝐚𝐧 𝐝𝐞𝐬𝐟𝐢𝐥𝐞 𝐝𝐞 𝐟𝐚𝐜𝐡𝐨𝐬, o 𝐩𝐫𝐞𝐧𝐝𝐢𝐝𝐨 𝐝𝐨 𝐥𝐮𝐦𝐞 𝐬𝐚𝐠𝐫𝐚𝐝𝐨… e moitísimo público enchendo as rúas de Xinzo de Limia.

Grazas de corazón por saír vivilo connosco ❤️

E isto non fai máis que empezar: seguimos contando convosco todo o fin de semana… e o sábado acaba de comezar!

𝗫𝗶𝗻𝘇𝗼 𝗱𝗲 𝗟𝗶𝗺𝗶𝗮 𝘃𝗼𝗹𝘃𝗲 𝘀𝗲𝗿 𝘁𝗲𝗿𝗿𝗮 𝗱𝗲 𝗰𝗮𝘀𝘁𝗿𝗲𝘅𝗼𝘀 𝗲 𝗿𝗼𝗺𝗮𝗻𝗼𝘀🔥Comezou o Esquecemento. Xa podedes g***r da 𝐳𝐨𝐧𝐚 𝐢𝐧𝐟𝐚𝐧𝐭𝐢𝐥, do 𝐦𝐞𝐫𝐜...
21/08/2026

𝗫𝗶𝗻𝘇𝗼 𝗱𝗲 𝗟𝗶𝗺𝗶𝗮 𝘃𝗼𝗹𝘃𝗲 𝘀𝗲𝗿 𝘁𝗲𝗿𝗿𝗮 𝗱𝗲 𝗰𝗮𝘀𝘁𝗿𝗲𝘅𝗼𝘀 𝗲 𝗿𝗼𝗺𝗮𝗻𝗼𝘀🔥

Comezou o Esquecemento. Xa podedes g***r da 𝐳𝐨𝐧𝐚 𝐢𝐧𝐟𝐚𝐧𝐭𝐢𝐥, do 𝐦𝐞𝐫𝐜𝐚𝐝𝐨 𝐝𝐞 𝐚𝐫𝐭𝐞𝐬𝐚𝐧𝐢́𝐚𝐬 e do noso 𝐜𝐚𝐦𝐩𝐚𝐦𝐞𝐧𝐭𝐨 𝐠𝐚𝐥𝐚𝐢𝐜𝐨-𝐫𝐨𝐦𝐚𝐧𝐨.

E isto non fai máis que comezar. Esta noite:

— 𝟐𝟑.𝟑𝟎 · 𝐆𝐫𝐚𝐧 𝐃𝐞𝐬𝐟𝐢𝐥𝐞 𝐈𝐧𝐚𝐮𝐠𝐮𝐫𝐚𝐥 𝐜𝐨𝐧 𝐟𝐚𝐜𝐡𝐨𝐬
— 𝟎𝟎.𝟎𝟎 · 𝐏𝐫𝐞𝐧𝐝𝐢𝐝𝐨 𝐝𝐨 𝐋𝐮𝐦𝐞 𝐒𝐚𝐠𝐫𝐚𝐝𝐨, na 𝐏𝐫𝐚𝐳𝐚 𝐂𝐚𝐫𝐥𝐨𝐬 𝐂𝐚𝐬𝐚𝐫𝐞𝐬

E despois... a festa segue co 𝐁𝐥𝐨𝐜𝐨 𝐓𝐫𝐢𝐟𝐮𝐥𝐤𝐚 🥁

Vémonos nas rúas! 🔥

𝐎 𝐜𝐚𝐦𝐩𝐚𝐦𝐞𝐧𝐭𝐨 𝐚𝐛𝐫𝐢𝐮 𝐚𝐬 𝐩𝐨𝐫𝐭𝐚𝐬 𝐚𝐨𝐬 𝐦𝐚́𝐢𝐬 𝐩𝐞𝐪𝐮𝐞𝐧𝐨𝐬 🏛️Este xoves recibimos no noso 𝐜𝐚𝐦𝐩𝐚𝐦𝐞𝐧𝐭𝐨 𝐠𝐚𝐥𝐚𝐢𝐜𝐨-𝐫𝐨𝐦𝐚𝐧𝐨 ás nenas e neno...
20/08/2026

𝐎 𝐜𝐚𝐦𝐩𝐚𝐦𝐞𝐧𝐭𝐨 𝐚𝐛𝐫𝐢𝐮 𝐚𝐬 𝐩𝐨𝐫𝐭𝐚𝐬 𝐚𝐨𝐬 𝐦𝐚́𝐢𝐬 𝐩𝐞𝐪𝐮𝐞𝐧𝐨𝐬 🏛️

Este xoves recibimos no noso 𝐜𝐚𝐦𝐩𝐚𝐦𝐞𝐧𝐭𝐨 𝐠𝐚𝐥𝐚𝐢𝐜𝐨-𝐫𝐨𝐦𝐚𝐧𝐨 ás nenas e nenos do 𝐂𝐨𝐧𝐜𝐢𝐥𝐢𝐚 𝐝𝐨 𝐂𝐃𝐑 𝐎 𝐕𝐢𝐬𝐨.

Coñeceron de preto as construcións romanas e galaicas, xogaron e pasaron diferentes probas, e ata fixeron un test con preguntas sobre a historia do Esquecemento. Unha xornada chea de curiosidade e sorrisos ❤️

Grazas por visitarnos: así se transmite a nosa historia ás novas xeracións 🔥

⚔️ 𝗫𝗶𝗻𝘇𝗼 𝗲𝗻𝘁𝗿𝗮 𝗻𝗮 𝘀𝗲𝗺𝗮𝗻𝗮 𝗴𝗿𝗮𝗻𝗱𝗲 𝗱𝗼 𝗘𝘀𝗾𝘂𝗲𝗰𝗲𝗺𝗲𝗻𝘁𝗼Comeza a conta atrás. A XXVI Festa do Esquecemento celébrase os vindeiros...
17/08/2026

⚔️ 𝗫𝗶𝗻𝘇𝗼 𝗲𝗻𝘁𝗿𝗮 𝗻𝗮 𝘀𝗲𝗺𝗮𝗻𝗮 𝗴𝗿𝗮𝗻𝗱𝗲 𝗱𝗼 𝗘𝘀𝗾𝘂𝗲𝗰𝗲𝗺𝗲𝗻𝘁𝗼

Comeza a conta atrás. A XXVI Festa do Esquecemento celébrase os vindeiros 𝟮𝟭, 𝟮𝟮 𝗲 𝟮𝟯 𝗱𝗲 𝗮𝗴𝗼𝘀𝘁𝗼, e o 𝗰𝗮𝗺𝗽𝗮𝗺𝗲𝗻𝘁𝗼 𝗴𝗮𝗹𝗮𝗶𝗰𝗼-𝗿𝗼𝗺𝗮𝗻𝗼 comeza a tomar forma.

🏛️ Chega a maior edición da nosa historia: máis de 50 actividades gratuítas, 54 grupos participantes, 13 tropas estranxeiras e 12 grupos musicais.

👨‍👩‍👧 Unha festa pensada para g***r en familia, na que persoas de todas as idades atopan o seu espazo.

Xa queda menos. Prepárate para volver ao pasado!

16/08/2026

𝟓 𝐝𝐢́𝐚𝐬 🔥

Volve o Esquecemento.

𝟐𝟏, 𝟐𝟐 𝐞 𝟐𝟑 𝐝𝐞 𝐚𝐠𝐨𝐬𝐭𝐨 𝐞𝐧 𝐗𝐢𝐧𝐳𝐨 𝐝𝐞 𝐋𝐢𝐦𝐢𝐚 📍

Dirección

Rua CURROS ENRIQUEZ 17 (CASA DA CULTURA)
Orense
32630

Teléfono

+34693359181

Página web

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando Festa do Esquecemento - A.C. Civitas Limicorum publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Contactar Con La Organización

Enviar un mensaje a Festa do Esquecemento - A.C. Civitas Limicorum:

Atajos

Compartir