A Buxaina Ceip A Gándara

A Buxaina Ceip A Gándara Páxina da ANPA A Buxaina do CEIP A Gándara

🎉📚 ABRIMOS AS PREINSCRICIÓNS DAS ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES 2026-2027 📚🎉A ANPA A Buxaina xa está preparando o próximo cu...
19/06/2026

🎉📚 ABRIMOS AS PREINSCRICIÓNS DAS ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES 2026-2027 📚🎉

A ANPA A Buxaina xa está preparando o próximo curso e queremos coñecer o interese das familias para organizar os grupos das actividades extraescolares que se desenvolverán a partir de outubro de 2026.

📝 Xa podes realizar a preinscrición! Entrada na web do cole Ceip A Gandara, entrar no apartado Anpa no menú da dereita, entrade en Impresos e ahi tedes os enlaces de Google Forms para inscribirse nas extraescolares e na actividade de Karate .

📅 As actividades comezarán en outubro de 2026, unha vez pechados e organizados os grupos durante o mes de setembro.

💰 Os prezos indicados son orientativos e poderán variar lixeiramente en función do número final de participantes en cada actividade. Os importes definitivos estableceranse unha vez formados os grupos.

🥋 Karate

📍 Luns e mércores
💶 Prezo estimado: 22 €/mes

🚵‍♂️ Duathlon

📍 Luns
💶 Prezo estimado: 16 €/mes

🎨 Debuxo

📍 Martes
💶 Prezo estimado: 16 €/mes

🇬🇧 Inglés

📍 Martes
💶 Prezo pendente de confirmar
Actividade nova. O importe dependerá do número de participantes e dos grupos que se poidan formar.

🛼 Patinaxe

📍 Xoves (Pavillón Municipal)
💶 Prezo estimado: 16 €/mes

🤖 Robótica

📍 Xoves
💶 Prezo estimado: 35 €/mes

👩‍🍳 Cociña

📍 Venres
💶 Prezo estimado: 22 €/mes

💃 Baile

📍 Venres
💶 Prezo estimado: 20 €/mes

🍽️ Conciliación familiar
O alumnado usuario do servizo de comedor poderá incorporarse directamente ás actividades extraescolares ao rematar o comedor.

⚠️ Importante: A actividade de Patinaxe realizarase no Pavillón Municipal, polo que as familias deberán organizar o traslado ao tratarse dunha instalación externa ao centro.

🌟 A realización de cada actividade dependerá de que se alcance un número mínimo de participantes. Por iso é moi importante que as familias interesadas realicen a preinscrición para que poidamos organizar os grupos con suficiente antelación.

💙 Animámosvos a participar e a seguir construíndo xuntos un programa de actividades variado, educativo e divertido para os nosos nenos e nenas.

ANPA A Buxaina – CEIP A Gándara

🎉 ¡¡¡Ya no queda nada para la fiesta de fin de curso!!! 🎉💦 Venid preparados para pasarlo en grande: ropa cómoda, muda de...
18/06/2026

🎉 ¡¡¡Ya no queda nada para la fiesta de fin de curso!!! 🎉
💦 Venid preparados para pasarlo en grande: ropa cómoda, muda de repuesto y calzado que pueda mojarse... ¡porque el agua también será protagonista de la fiesta! 😜
😎 ¡Tenemos muchas ganas de celebrar juntos el final de este curso y dar la bienvenida al verano!
☀️ Desde la ANPA os deseamos unas felices vacaciones, un verano lleno de diversión, descanso y buenos momentos en familia. ¡Disfrutadlo mucho! 🌴🏖️🍦💛

📢 CONVOCATORIA ASEMBLEA XERAL ORDINARIAA ANPA A Buxaina convoca a todas as familias socias á Asemblea Xeral Ordinaria qu...
09/06/2026

📢 CONVOCATORIA ASEMBLEA XERAL ORDINARIA

A ANPA A Buxaina convoca a todas as familias socias á Asemblea Xeral Ordinaria que terá lugar o 17 de xuño de 2026, ás 18:00 h en primeira convocatoria e ás 18:30 h en segunda convocatoria, no comedor do colexio.

📝 Temas principais: renovación da Xunta Directiva, contas da ANPA, actividades extraescolares 2026/27, altas e renovacións de soci@s, obras do centro e rogos e preguntas.

Agardamos a vosa asistencia. 👨‍👩‍👧‍👦💙

💃✨ Despedida da actividade extraescolar de Baile ✨💃O pasado venres celebramos o peche da actividade extraescolar de bail...
04/06/2026

💃✨ Despedida da actividade extraescolar de Baile ✨💃

O pasado venres celebramos o peche da actividade extraescolar de baile cunha tarde chea de ritmo, emoción e moita diversión.

As familias acompañáronnos nesta xornada tan especial, na que os nosos nenos e nenas demostraron todo o aprendido ao longo do curso a través de varias coreografías preparadas con moita ilusión e esforzo. Cada actuación estivo chea de enerxía, coordinación e alegría, facendo desfrutar a todos os asistentes dun magnífico espectáculo.

Foi un momento perfecto para compartir os logros acadados durante estes meses, ver a evolución do alumnado e celebrar o traballo realizado ao longo de todo o curso.

Queremos expresar un agradecemento moi especial a Noemí, a nosa profesora de baile, pola súa dedicación, paciencia e entusiasmo. Grazas por acompañar aos nenos e nenas nesta aventura, por transmitirlles a paixón pola danza e por axudarlles a gañar confianza, expresividade e compañeirismo a través do baile.

Tamén queremos facer extensivo este agradecemento á Academia UPA, polo seu compromiso coa formación e por colaborar para que esta actividade fose unha experiencia tan enriquecedora para o noso alumnado.

Dende a ANPA A Buxaina queremos felicitar a todos os participantes polo seu esforzo, compromiso e ilusión. Estamos moi orgullosos de todo o que conseguiron e de cada momento compartido durante este curso.

Despedimos esta actividade cunha gran satisfacción, moitos aplausos e fermosos recordos, agardando volver bailar xuntos o próximo curso.

Grazas ás familias, ao alumnado, a Noemí e á Academia UPA por facer desta actividade unha experiencia tan especial! 💙🎶

👩‍🍳✨ Despedida da actividade extraescolar de Cociña ✨👩‍🍳O pasado venres celebramos o último día da actividade extraescol...
03/06/2026

👩‍🍳✨ Despedida da actividade extraescolar de Cociña ✨👩‍🍳

O pasado venres celebramos o último día da actividade extraescolar de cociña cunha xornada moi especial, chea de sabor, aprendizaxe e momentos para recordar.

As familias tiveron a oportunidade de acompañar ao alumnado nesta despedida e g***r dunha deliciosa degustación preparada polos propios nenos e nenas. Ao longo da tarde puidemos probar unha gran variedade de elaboracións, tanto doces como salgadas, que demostraron todo o que aprenderon durante o curso e o moito que medraron entre fogóns.

Foi unha ocasión perfecta para compartir, celebrar o esforzo realizado e poñer en valor o traballo, a creatividade e a ilusión que cada participante achegou a esta actividade.

Queremos expresar un agradecemento moi especial a María José, pola súa dedicación, profesionalidade e cariño ao longo de todo o curso. Grazas por ensinar moito máis que receitas, transmitindo hábitos, autonomía, traballo en equipo e o gusto por aprender e crear.

Dende a ANPA A Buxaina queremos felicitar a todo o alumnado polo seu esforzo e pola súa evolución durante estes meses. Foi un pracer ver como descubriron novos sabores, adquiriron confianza e g***ron dunha actividade tan enriquecedora.

Rematamos este curso coa satisfacción do traballo ben feito, cun sabor de boca inmellorable e coa ilusión de volver encontrarnos o próximo curso para seguir aprendendo e compartindo experiencias.

Grazas a todas as familias, ao alumnado e á nosa profesora por facer desta actividade unha experiencia tan especial! 💙👩‍🍳🍪

🍽️🎉 Aínda estás a tempo de acompañarnos! 🎉🍽️Quedan só 37 entradas dispoñibles para o noso Xantar Comunitario, unha xorna...
02/06/2026

🍽️🎉 Aínda estás a tempo de acompañarnos! 🎉🍽️

Quedan só 37 entradas dispoñibles para o noso Xantar Comunitario, unha xornada pensada para compartir mesa, conversas, risas e momentos especiais entre as familias da nosa comunidade educativa.

📅 19 de xuño de 2026
📍 CEIP A Gándara

Lembramos que as prazas son limitadas e que, unha vez esgotadas as entradas, non será posible emitir máis.

Se aínda non recolliches os teus tickets, non o deixes para o último momento!

💚 Agardámosvos para desfrutar xuntos dun día de convivencia e celebración.

ANPA A Buxaina

🛼✨ Despedida da actividade extraescolar de Patinaxe ✨🛼O Xoves pasado tivemos unha tarde moi especial coa celebración do ...
02/06/2026

🛼✨ Despedida da actividade extraescolar de Patinaxe ✨🛼

O Xoves pasado tivemos unha tarde moi especial coa celebración do último día da actividade extraescolar de patinaxe. As nosas patinadoras e patinadores ofreceron unha fermosa exhibición na que puidemos g***r de bailes, acrobacias e de todo o aprendido ao longo deste curso.

Foi un momento cheo de ilusión, esforzo e compañeirismo, no que tamén nos acompañaron as familias, compartindo cos seus fillos e fillas a emoción desta xornada de peche. Grazas a todas elas por estar presentes e por apoiar sempre esta actividade.

Queremos facer un agradecemento moi especial a Aldara, pola súa dedicación, paciencia e cariño durante todo o curso. Grazas por transmitirlles non só a técnica da patinaxe, senón tamén valores como a constancia, o respecto e o traballo en equipo. O teu compromiso foi fundamental para que esta actividade fose unha experiencia tan enriquecedora para todos e todas.

Dende a ANPA A Buxaina queremos felicitar a todo o alumnado polo seu esforzo e evolución ao longo destes meses. Estamos moi orgullosos de cada un deles e delas.

Pechamos esta etapa cun sorriso, moitos recordos fermosos e a ilusión de volver compartir rodas, aprendizaxes e momentos inesquecibles o próximo curso.

Grazas a todos e todas por formar parte desta gran familia sobre rodas! 💙🛼

🎉🍽️ XANTAR COMUNITARIO 2026 🍽️🎉Queridas familias:Xa queda menos para desfrutar dunha das xornadas máis especiais do curs...
29/05/2026

🎉🍽️ XANTAR COMUNITARIO 2026 🍽️🎉

Queridas familias:

Xa queda menos para desfrutar dunha das xornadas máis especiais do curso: o noso Xantar Comunitario, un momento para compartir mesa, conversa, risas e bos momentos entre toda a comunidade educativa.

🎟️ RECOLLIDA DE ENTRADAS
📅 Do 1 ao 5 de xuño

🕘 Horario de mañá
De luns a venres: de 9:00 a 9:30 h

🌙 Horario de tarde
▪️ Luns: de 16:30 a 17:30 h
▪️ Martes: de 17:15 a 18:15 h
▪️ Mércores: de 17:00 a 18:00 h

📍 Recollida no local do ANPA

⚠️ Importante: Tanto as familias socias como non socias deberán retirar previamente as súas entradas para poder acceder á zona habilitada con mesas e cadeiras e participar no Xantar Comunitario.

👨‍👩‍👧‍👦 Familias socias: disporán de entrada para o alumno ou alumna, dúas entradas para os seus titores legais e unha entrada adicional por cada irmán ou irmá matriculado/a no centro.

💳 Familias non socias: poderán obter as mesmas entradas realizando o pagamento da cota de 25 €, incluíndo entrada para o alumno ou alumna, dúas entradas para os seus titores legais e unha entrada adicional por cada irmán ou irmá matriculado/a no centro.

🥪 Cada familia ou grupo deberá traer a súa propia comida.

🎫 As prazas son limitadas, polo que recomendamos recoller as entradas o antes posible.

🚫 Non estará permitida a entrada de bebidas alcohólicas no recinto escolar.

🗑️ Cada familia ou grupo será responsable de manter limpo o espazo utilizado e de retirar os seus residuos ao finalizar a xornada.

👧🧒 Os nenos e nenas deberán permanecer en todo momento baixo a supervisión e responsabilidade das súas familias ou acompañantes.

🤝 Agradecemos a colaboración de todos e todas para que poidamos desfrutar dunha xornada agradable, segura e chea de bos momentos.

✨ Agardámosvos para compartir un día inesquecible entre toda a comunidade educativa!

🎉☀️ ¡YA TENEMOS FECHA PARA NUESTRO XANTAR FAMILIAR 2026! ☀️🎉Desde ANPA A Buxaina queremos invitaros a disfrutar de uno d...
29/05/2026

🎉☀️ ¡YA TENEMOS FECHA PARA NUESTRO XANTAR FAMILIAR 2026! ☀️🎉

Desde ANPA A Buxaina queremos invitaros a disfrutar de uno de los días más especiales del curso 💚
Un día de convivencia, risas, juegos, música y muchísima diversión para peques y mayores 🎈🥳

📅 19 de junio de 2026
📍 CEIP A Gándara

🍽️ Como cada año, celebraremos nuestro tradicional xantar de convivencia familiar, donde compartiremos una jornada inolvidable entre familias, alumnado y amigos del cole.

🎪 Y por la tarde… ¡LA GRAN FIESTA FIN DE CURSO!
✨ Juegos gigantes
💦 Juegos de agua
🎤 Karaoke y disco móvil
🎉 ¡Y una increíble fiesta de la espuma para terminar el día por todo lo alto!

🎟️ RECOGIDA DE ENTRADAS PARA XANTAR COMUNITARIO
📆 Del 1 al 5 de junio

🕘 Horario de mañana:
De Lunes a Viernes de 9:00 a 9:30 h

🌙 Horario de tarde:
▪️ Lunes: de 16:30 a 17:30 h
▪️ Martes: de 17:15 a 18:15 h
▪️ Miércoles: de 17:00 a 18:00 h

📍 Recogida en el local del ANPA

💚 Socios/as ANPA: entrada gratuita
🤍 No socios/as: donación de 25 € por familia

🥰 ¡Os esperamos para despedir juntos este curso como se merece!
¡Un día para disfrutar, compartir y crear recuerdos inolvidables! ✨

🎨✨ Este martes, 26 de maio, despedimos a actividade de debuxo deste curso cunha tarde moi especial na ANPA A Buxaina.As ...
28/05/2026

🎨✨ Este martes, 26 de maio, despedimos a actividade de debuxo deste curso cunha tarde moi especial na ANPA A Buxaina.

As familias puideron achegarse para descubrir todos os traballos realizados polos nenos e nenas ao longo do ano e compartir unha actividade conxunta chea de creatividade, ilusión e moitas cores. 🖌️💛

Foi un momento precioso para ver todo o aprendido, o esforzo e a imaxinación que cada pequeno artista foi plasmando en cada debuxo.

Queremos agradecer de corazón a todos os profesores e profesoras que participaron durante este curso na actividade, facendo posible que cada martes estivese cheo de aprendizaxe e diversión. E unha mención moi especial para Alberto, pola súa dedicación, paciencia e cariño con todos os nenos e nenas. 👏✨

Grazas tamén ás familias por acompañarnos e por formar parte desta gran comunidade.

💫 Pechamos esta actividade cun sorriso enorme… e con ganas de volver crear xuntos o próximo curso!

Dirección

Rúa Colmeote S/N
Narón
15570

Horario de Apertura

Lunes 09:00 - 09:30
Martes 09:00 - 09:30
Miércoles 09:00 - 09:30
Jueves 09:00 - 09:30
Viernes 09:00 - 09:30

Página web

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando A Buxaina Ceip A Gándara publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto La Organización

Enviar un mensaje a A Buxaina Ceip A Gándara:

Compartir