Alecrín Asociación de mulleres rurais da comarca de Melide

Alecrín  Asociación de mulleres rurais da comarca de Melide O 23 de Abril do 2015, nace en Melide a primera asociación de mulleres rurais da nosa comarca. Mulleres con gañas de crear un proxecto común entre tod@s...

🌿🚌 EXCURSIÓN A SANTA EUGENIA DE RIBEIRA E VIMIANZO! 🏰🌊📅 Sábado 4 de xullo de 2026💶 Prezo: 49€Saída: 9:00h, dende diante ...
08/06/2026

🌿🚌 EXCURSIÓN A SANTA EUGENIA DE RIBEIRA E VIMIANZO! 🏰🌊
📅 Sábado 4 de xullo de 2026
💶 Prezo: 49€
Saída: 9:00h, dende diante do Edificio Multiusos.
A Asociación Alecrín organiza unha fermosa excursión para g***r dun día inesquecible descubrindo algúns dos recunchos máis bonitos de Galicia. ✨
✅ Inclúe: 🚌 Transporte en autocar
🛡️ Seguro de viaxe obrigatorio
🧑‍🏫 Guía acompañante
🍽️ Comida incluída
📍 Visitaremos: 🌊 Santa Eugenia de Ribeira e o seu famoso mercadiño dos sábados
🐸 O miradoiro da Rana
🏰 O impresionante Castelo de Vimianzo
🍴 Comida incluída no Hotel Millán.
📞 Reservas e información: 699 120 465
🎉 Prazas limitadas! Non quedes sen a túa. Anímate a pasar un día para descubrir, desfrutar e lembrar! 💙

07/06/2026

Grazas de corazón a todas as persoas que nos acompañastes onte na cea da asociación. ❤️
Foi unha noite marabillosa, chea de bo ambiente, risas, baile e momentos compartidos. Grazas por facer que todo sexa tan fácil e por contribuír a que o pasásemos tan ben.
E grazas tamén á Pulpería Ezequiel pola súa atención e profesionalidade.
Seguimos creando lembranzas xuntas! 🌷

Compartimos algúns dos fermosos traballos realizados no curso de Patchwork.Parabéns a todas as nosas alumnas polo seu es...
01/06/2026

Compartimos algúns dos fermosos traballos realizados no curso de Patchwork.

Parabéns a todas as nosas alumnas polo seu esforzo, creatividade e dedicación, e un agradecemento moi especial á nosa profesora Montse polo seu gran traballo, paciencia e bo facer.

O resultado fala por si só: ¡preciosos todos eles!

Hoxe remataron as clases de lingua de signos. Grazas, Eva, pola túa profesionalidade, e tamén ao alumnado pola súa impli...
29/05/2026

Hoxe remataron as clases de lingua de signos. Grazas, Eva, pola túa profesionalidade, e tamén ao alumnado pola súa implicación.
Oxalá setembro, volvamos contar con este curso tan inclusivo. 😊

🎨✨ Un curso cheo de creatividade, aprendizaxe e moita ilusión.Compartimos unha pequena mostra dos traballos realizados n...
25/05/2026

🎨✨ Un curso cheo de creatividade, aprendizaxe e moita ilusión.
Compartimos unha pequena mostra dos traballos realizados no curso de ilustración, onde o alumnad@ deixou voar a súa imaxinación creando debuxos únicos e persoais. 🖌️📚
Seguimos apostando pola arte, a formación e o talento local.

Hoxe dóenos despedir a Lourdes, unha muller cunha luz especial que enchía de vida a asociación. Entre fíos e labores de ...
22/05/2026

Hoxe dóenos despedir a Lourdes, unha muller cunha luz especial que enchía de vida a asociación. Entre fíos e labores de ganchillo, deixou moito máis ca aprendizaxes: deixou agarimo, amigas, conversa, sorrisos e un exemplo de forza que nunca esqueceremos. As súas mans tecían amizade e facían sentir fogar a quen tiña ao seu carón. Botarémoste moitísimo de menos, amiga Lourdes. A túa luz quedará para sempre entre nós.” un gran abrazo a súa familia.

Su esposo Manuel, sus hijos Marcos y Sofía, su madre Carmen, su hermano, su cuñada, sus amigas y toda la comarca lloran la pérdida de la […]

Rematado o viaxe do día de hoxe, dende a directiva da asociación queremos darvos as grazas de corazón a todas e a todos ...
16/05/2026

Rematado o viaxe do día de hoxe, dende a directiva da asociación queremos darvos as grazas de corazón a todas e a todos por compartir este día con nós.
Foi unha xornada chea de bos momentos, risas, compañía e desas pequenas cousas que fan que todo mereza a pena. Sen vós, nada disto tería o mesmo sentido.
Esperamos de verdade que desfrutásedes tanto coma nós. 🥰.
Estamos moi felices e agradecidas por poder vivir días así ao voso lado.
Agora toca gardar os recordos… e pensar xa na próxima aventura xunt@s 💜

#

09/05/2026

Hoxe foi a exhibición das nenas que van á actividade de Ximnasia Rítmica na asociación, celebrada en Frades, onde a nosa profe tamén imparte clases.
Dicir que estiveron marabillosas todas elas. En tan pouco tempo, demostraron unha gran disciplina, esforzo e un exemplo precioso de compañeirismo.
Grazas tamén ás mamás e aos papás, porque sabemos que os sábados non sempre e o mellor día para ter actividades, e aínda así sempre estades aí
E como non, unha mención moi especial para a profe Ailin, pola súa profesionalidade, dedicación e cariño coas nenas. Grazas por facer que desfruten e aprendan tanto cada día. Grazas tamén o Concello de Frades pola acollida e cariño cas nosas nenas.💜

💪✨ ¡Empodérate e protéxete! ✨💪Convidámoste ao noso Curso de Defensa Persoal Feminina, unha oportunidade para gañar segur...
06/05/2026

💪✨ ¡Empodérate e protéxete! ✨💪
Convidámoste ao noso Curso de Defensa Persoal Feminina, unha oportunidade para gañar seguridade, confianza e ferramentas prácticas para o teu día a día.
📅 Sábado 23 de maio
🕙 Horario: de 10:00 a 14:00
📍 Lugar: Telecentro CLUN,A, Codeseira (Melide)
💶 Prezo: 50€ por persoa
🎓 Inclúe diploma de asistencia
👊 Impartido por instrutores especializados:
Jose Ayude
Cora Ayude
Arón Ayude
Non importa o teu nivel, este curso está pensado para todas. ¡Dá o primeiro paso cara á túa seguridade persoal!
📩 Prazas limitadas — ¡reserva a túa canto antes!
☎️ 699 12 04 65

📢 Últimas prazas dispoñibles!Para o viaxe do 16 de maio só quedan 4 prazas libres 🚌✨Se queres g***r dun día diferente, t...
04/05/2026

📢 Últimas prazas dispoñibles!
Para o viaxe do 16 de maio só quedan 4 prazas libres 🚌✨
Se queres g***r dun día diferente, tes hoxe e mañá para anotarte.
📲 Non o deixes para o último momento e reserva a túa praza canto antes!
📱☎️699 120 465

Dirección

Mellid
15800

Página web

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Alecrín Asociación de mulleres rurais da comarca de Melide publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto La Organización

Enviar un mensaje a Alecrín Asociación de mulleres rurais da comarca de Melide:

Compartir