Agrupación Voluntarios Protección Civil LALÍN

Agrupación Voluntarios Protección Civil LALÍN AVPC LALÍN
📞 649 71 21 24
📨 [email protected]

FORMARSE, COMPARTIR E APRENDER XUNTOS 🤝A formación continua é fundamental no voluntariado de Protección Civil. Cada expe...
04/10/2026

FORMARSE, COMPARTIR E APRENDER XUNTOS 🤝

A formación continua é fundamental no voluntariado de Protección Civil. Cada experiencia, cada aprendizaxe e cada encontro con outros voluntarios axúdanos a estar mellor preparados.

A unión entre as diferentes Agrupacións de Protección Civil de Galicia permítenos compartir coñecementos, experiencias e formas de traballar, fortalecendo a colaboración e creando unha rede de voluntarios cada vez máis preparada.

Seguimos!

🟢 LOCALIZADO con vida
21/09/2026

🟢 LOCALIZADO con vida

⚠️❕ XA APARECEU SAN E SALVO

⚠️ 👇🏽 ACTUALIZACIÓN!
Segundo información da Garda Civil, Anxo ten un iPhone con tarxeta localizadora compatible, polo que se pide ás persoas que teñan un móbil desa marca activar o Bluetooth. Pode ser de axuda.

⚠️ AVISO
Desde hai máis de 3 horas falta da súa casa este veciño de Bailás, Goiás.
Chámase Anxo e sufre de alzhéimer, polo que seguramente estea desorientado. Un dispositivo de Garda Civil, Emerxencias Lalín e Policía Local están intensificando a súa busca, sobre todo no casco urbano; polos últimos datos indican que o viron achegarse a Lalín.

Se alguén o viu ou ten información, chamar ao 📞678 48 47 62 de Emerxencias Lalín.

Hoxe pola mañá, a AVPC Lalín acompañamos a procesión da Virxe das Dores, un dos actos importantes das nosas Festas Patro...
20/09/2026

Hoxe pola mañá, a AVPC Lalín acompañamos a procesión da Virxe das Dores, un dos actos importantes das nosas Festas Patronais.

Os nosos voluntarios encargáronse de acompañar a imaxe da Virxe, colaborando para que este acto se desenvolvese con seguridade e tranquilidade.

Un ano máis, poñemos o noso tempo e compromiso ao servizo de Lalín e das súas xentes.

🔴 AVISO - Alerta de nivel 3 (vermello) por vaga de calor en Pontevedra Interior, para mañá domingo 20 de setembro.
19/09/2026

🔴 AVISO - Alerta de nivel 3 (vermello) por vaga de calor en Pontevedra Interior, para mañá domingo 20 de setembro.

🔴☀️ Alerta de nivel 3 (vermello) por vaga de calor en Pontevedra Interior, para mañá domingo 20 de setembro. Aviso válido ata modificación.

Manteñan as precaucións axeitadas.

Alerta Vermella 🟥 por vaga de calor para mañá, xoves 3 de setembro
02/09/2026

Alerta Vermella 🟥 por vaga de calor para mañá, xoves 3 de setembro

Información Importante 📢Sistema de abastecemento de auga LALÍN 💧
19/08/2026

Información Importante 📢
Sistema de abastecemento de auga LALÍN 💧

ℹ️ 💧 INFORMACIÓN DE SERVIZO ❗️

O Concello de Lalín activa o 𝐏𝐥𝐚𝐧 𝐝𝐞 𝐞𝐦𝐞𝐫𝐱𝐞𝐧𝐜𝐢𝐚 𝐝𝐨 𝐬𝐢𝐬𝐭𝐞𝐦𝐚 𝐝𝐞 𝐚𝐛𝐚𝐬𝐭𝐞𝐜𝐞𝐦𝐞𝐧𝐭𝐨 𝐝𝐞 𝐚𝐮𝐠𝐚, tras rexistrarse na tarde-noite de onte un consumo anormalmente elevado (1.500 metros cúbicos por enriba do habitual) que deixou os depósitos en niveis críticos, provocando unha perda de presión xeralizada e incluso cortes no subministro fundamentalmente en rúas situadas por enriba da Praza da Igrexa e varias zonas do rural.

A activación do Plan de emerxencia, que foi acordada nunha reunión mantida esta mañá por membros do goberno local, técnicos municipais e responsables da empresa concesionaria, conleva as seguintes medidas:
🔹 Redución da presión en todo o sistema de abastecemento ao 75% do habitual para permitir a reposición de auga nos tanques con maior velocidade.
🔹 Ordear a suspensión das actividades de gran consumo, como os servizos de lavado industriais situados nas gasolineras, ademais do peche das duchas nas instalacións municipais.
🔹 Transporte de auga con cubas dende os puntos de captación ata os tanques para acelerar a recuperación dos niveis.
🔹 Posta en marcha de accións antifraude pechando aqueles puntos de consumo non controlado que foron detectados nas últimas horas.
🔹 Habilitación de puntos de reparto de auga embotellada 🫗na parte alta da vila aos veciños que o precisen mentres non se repoña o servizo ao longo do día de hoxe. Haberá puntos de entrega en:
👉 Praza da Igrexa
👉 Rúa C, fronte ao vello ambulatorio
👉 Fronte ao edificio sociocultural da rúa Manuel Rivero
👉 Estación de autobuses

❕ Por outra banda, os técnicos municipais e o goberno tamén acordaron iniciar unha investigación sobre o ocorrido para depurar as posibles responsabilidades da empresa e, ao mesmo tempo, facer un seguimento de posibles incrementos anormais do consumo de agua para usos agrogandeiros.

🌒✨Hoxe, Lalín mira cara ao ceo! ✨Con motivo do eclipse solar, a Agrupación Voluntarios Protección Civil LALÍN estaremos ...
12/08/2026

🌒✨Hoxe, Lalín mira cara ao ceo! ✨

Con motivo do eclipse solar, a Agrupación Voluntarios Protección Civil LALÍN estaremos presentes no Altar do Sol, na parroquia de Alperiz, acompañando e velando pola seguridade de todas as persoas que se acheguen a desfrutar deste acontecemento tan especial. 🌞🌑

Un día único para observar o ceo, compartir unha experiencia diferente e vivir a astronomía desde un lugar privilexiado da nosa comarca.

Durante a xornada, o noso voluntariado colaborará na organización, orientará ás persoas asistentes e contribuirá a que a observación se desenvolva con normalidade e seguridade.

⚠️ Pero lembra:

🕶️ Protexe a túa vista: observa o eclipse unicamente con lentes ou visores homologados coa certificación *ISO 12312-2*.

🚶Segue as indicacións: respecta os accesos e as recomendacións da organización e dos equipos de seguridade.

🚑 Ante calquera incidencia: busca aos nosos voluntarios, aos corpos de seguridade ou chama ao 112.

💙 Grazas unha vez máis e lembra: Sentidiñooo!

Concello de LALÍN

🚔 Onte acompañamos aos veciños da Parroquia de Xaxán na procesión de San Cristóbal. E, por suposto, o noso vehículo tamp...
13/07/2026

🚔 Onte acompañamos aos veciños da Parroquia de Xaxán na procesión de San Cristóbal. E, por suposto, o noso vehículo tampouco quedou sen recibir a súa bendición! 🤗

🚩 ALERTA VERMELLA por calor para mañá, domingo día 21.
20/06/2026

🚩 ALERTA VERMELLA por calor para mañá, domingo día 21.

11/06/2026

❗️☀️ Alerta de nivel vermello, por vaga de calor na zona de Pontevedra Interior, para a fin de semana, especialmente na xornada do sábado.

Manteñan as precaucións axeitadas.

Dirección

Lalín

Página web

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando Agrupación Voluntarios Protección Civil LALÍN publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Atajos

Compartir