AAVV Santa Cristina de Cobres

AAVV Santa Cristina de Cobres Defensa dos intereses veciñais e promoción e dinamización da parroquia de Santa Cristina de Cobres.

14/12/2024
🎄✨ Visítanos e vive o espírito do Nadal en Santa Cristina de Cobres! ✨🎄Como todxs sabedes, a veciñanza de Santa Cristina...
09/12/2024

🎄✨ Visítanos e vive o espírito do Nadal en Santa Cristina de Cobres! ✨🎄

Como todxs sabedes, a veciñanza de Santa Cristina de Cobres unímonos para engalanar a nosa parroquia coas mellores decoracións de Nadal, feitas con moito agarimo e ilusión e que podedes desfrutar abertamente tódolos días no parque da parroquia.

🌟 Pero iso non é todo! O grupo de mulleres que tódalas semanas fan a actividade de calceta, traballaron durante todo o ano para deleitrarnos cun marabilloso BELÉN ARTESANAL, feito a man con todo o amor do mundo. UNHA OBRA DE ARTE!!!

📍 Podes visitalo na Casa de Montes
🗓️ Cando? Os venres, sábados e domingos
⏰ Hora: A partir das 17:30h

Non perdas a oportunidade de g***r deste fermoso traballo comunitario e de mergullarte no espírito destas festas. Agardámoste! ❤️✨

30/11/2024

Hoxe demos comezo á época máis máxica do ano: o encendido das luces de Nadal da nosa parroquia.

Foi unha noite de moita ilusión, na que a veciñanza puido desfrutar da decoración feita con moito agarimo e ilusión por un equipo marabilloso de veciños e veciñas e da música da Banda da Escola de Música de Vilaboa.

Grazas a todas e todos por facer isto posible!

26/11/2024

Este sábado 30, teremos un momento moi especial para dar comezo á época máis máxica do ano: o encendido das luces de Nadal da nosa parroquia. 🎄💡

Unha decoración feita con moito agarimo e ilusión, grazas ao traballo conxunto dun equipo marabilloso de veciños e veciñas. 🤝💖 Grazas a todos e todas por facer isto posible!

Convidámosvos a participar deste fermoso momento en comunidade. Non faltará a música, coa Banda da Escola de Música de Vilaboa, os sorrisos e o espírito do Nadal. 🎶😊

Contamos convosco para acender a maxia do Nadal xuntos. ✨🎅

Como ven sendo tradición, esperámosvos o vindeiro sábado 16, no XXIV Magosto de Santa Cristina de Cobres!!!Vémonos na Ca...
08/11/2024

Como ven sendo tradición, esperámosvos o vindeiro sábado 16, no XXIV Magosto de Santa Cristina de Cobres!!!
Vémonos na Casa de Montes de Santa Cristina a partir das 18h da tarde!!!!

O Nadal está ao virar a esquina e queremos encher a nosa parroquia de maxia, alegría e espírito do Nadal. 🎅🎄Por iso, des...
16/10/2024

O Nadal está ao virar a esquina e queremos encher a nosa parroquia de maxia, alegría e espírito do Nadal. 🎅🎄

Por iso, desde a AAVV de Santa Cristina, creamos un grupo de traballo especial para decorar e transformar o noso espazo nun lugar digno de postal, e necesitamos a vosa axuda!

🎨 Encántache poñer luces coma se foses o mismísimo elfo de Santa?
🌟 Ou tes unha creatividade desbordante para adornos únicos e brillantes?
❄️ Ou simplemente apetéceche pasar un bo intre en compañía da veciñanza?

Sexa cal sexa o teu súperpoder do Nadal, eres máis que benvid@!

Únete ao noso equipo e axudemos a que a nosa parroquia brille con todo o seu esplendor. Será unha experiencia máxica e divertida para compartir coa nosa veciñanza!

Confírmanos por aquí e agregámoste ao grupo de Whatsapp para organizarnos.

Entre todas e todos, fagamos que este Nadal sexa inesquecible! 🎄🌟

Aí vos deixamos a oferta dun novo curso!Anotádevos!
31/08/2024

Aí vos deixamos a oferta dun novo curso!
Anotádevos!

Aí vos deixamos unha nova actividade da AAVV Santa Cristina de Cobres.Preferencia: persoas socias e veciñanza de Santa C...
29/07/2024

Aí vos deixamos unha nova actividade da AAVV Santa Cristina de Cobres.
Preferencia: persoas socias e veciñanza de Santa Cristina de Cobres.
Anotádevos!!!

O sábado 20 vide a desfrutar connosco da boa música tradicional.Agardámosvos no parque da Rectoral de Santa Cristina ás ...
15/07/2024

O sábado 20 vide a desfrutar connosco da boa música tradicional.
Agardámosvos no parque da Rectoral de Santa Cristina ás 20:30h!!!

Dirección

Santa Cristina De Cobres
Cobres

Teléfono

+34664061203

Página web

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando AAVV Santa Cristina de Cobres publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto La Organización

Enviar un mensaje a AAVV Santa Cristina de Cobres:

Atajos

Compartir