19/02/2026
Antes de ir aclarando punto por punto o escrito presentado no último pleno, queremos facer unha puntualización importante sobre algo que se repite sesión tras sesión..
No último pleno volvemos escoitar a mesma frase antes de intervir:
“A última hora chegou un escrito da asociación para falar…”
Imos aclaralo dunha vez 👇
📌 As nosas instancias non se presentan a última hora.
📌 Preséntanse por rexistro oficial.
📌 E con máis antelación das 24 horas que esixe a Ordenanza reguladora da participación veciñal do Concello de Cariño (BOP nº 127, 5 de xullo de 2013 ).
Se parece que chegan “a última hora”, quizais o problema non é cando se presentan…
senón cando se revisan.
Os escritos non aparecen no pleno por arte de maxia.
Entraron polo rexistro municipal días antes 🗂️
E xa que falamos de cumprir a normativa:
O artigo 12 da mesma ordenanza obriga a publicar as convocatorias e ordes do día dos plenos nos taboleiros e na páxina web municipal .
E iso non se está facendo!
Non pode ser que se cuestione o noso rigor mentres non se garante a publicidade oficial dos plenos.
Temos algo moi claro!
✔️ Seguiremos indo aos plenos.
✔️ Seguiremos rexistrando escritos.
✔️ Seguiremos facendo preguntas.
A participación veciñal é un dereito regulado, non unha molestia que se poida esquivar (aínda que o intenten).
Se hai incomodidade, non é pola forma.
É polo fondo.
E o fondo é que imos seguir exercendo o noso dereito con firmeza, serenidade e constancia. 💪