Asociación Fragas do Ortegal

Asociación Fragas do Ortegal Información de contacto, mapa y direcciones, formulario de contacto, horario de apertura, servicios, puntuaciones, fotos, videos y anuncios de Asociación Fragas do Ortegal, Organización para la conservación del medioambiente, Figueroa 91, Cariño.

23/03/2026

CONFERENCIA: "A xeoloxía mariña: unha exploración dos fondos oceánicos de Galicia"

Nesta conferencia imos descubrir o océano fronte á costa de Galicia, un territorio pouco coñecido pero extraordinariamente complexo e diverso. O seu relevo e materiais xeolóxicos non son uniformes; atopamos plataformas continentais ata canóns profundos, montes submarinos e acantilados. Esta diversidade non é accidental: cada unha destas formas é o resultado de procesos xeolóxicos que actuaron durante millóns de anos. A interacción da tectónica, da erosión e da sedimentación modelou esta paisaxe submarina, deixando un rexistro natural da historia xeolóxica.

A xeoloxía mariña é a disciplina que nos permite estudar estas estruturas submarinas e comprender tanto a súa orixe como a súa evolución. A través de técnicas avanzadas, como a batimetría multifeixe, o sonar de barrido lateral, a sísmica de reflexión ou a toma de testemuñas sedimentarias, pódese “ler” o fondo do océano case como un libro de historia.

Explorar o fondo oceánico galego non é só un exercicio académico. O seu estudo ten importantes implicacións científicas, ambientais e sociais. Desde o punto de vista científico, axúdanos a comprender procesos xeolóxicos fundamentais na evolución da marxe continental de Galicia. Ambientalmente permite identificar hábitats mariños sensibles e ecosistemas que requiren protección, así como estudar cambios climáticos do pasado. Ademais, coñecer o relevo e os sedimentos do fondo oceánico é crucial para unha adecuada ordenación do espazo marítimo.

Nesta charla abordarase que é a xeoloxía mariña, como se leva a cabo a exploración do fondo oceánico galego mediante diversas tecnoloxías e cales son os achados máis relevantes ata a data. Tamén discutirase por que este coñecemento non só enriquece á comprensión científica, senón que tamén ten un impacto directo na conservación do medio mariño. Ao final, evidenciarase que o fondo do océano é un arquivo dinámico que reflicte a historia do noso planeta e cuxa protección e estudo son fundamentais para o futuro.

Convidámoste á conferencia “A xeoloxía mariña: unha exploración dos fondos oceánicos de Galicia” para descubrir, da man do doutor en xeoloxía mariña, Ángel Enrique López Pérez, un territorio submarino de cantís, canóns e montes, e aprender como a súa historia xeolóxica é clave para a súa conservación.

Será o vindeiro 27 de marzo ás 19:30, baixo o patrocinio da Deputación da Coruña, no Auditorio do Museo de Historia Natural de Ferrol.

01/02/2026

🌸 Unha década coidando as orquídeas silvestres do Courel 🌸

No ano 2025 cumpríronse 10 anos da creación das primeiras microrreservas de orquídeas silvestres na serra do Courel, unha iniciativa promovida pola Asociación Galega de Custodia do Territorio (AGCT).

Actualmente existen cinco microrreservas (Visuña, Alto da Pedra, Alto do Couto, Monte Cido e Hórreos), que ocupan en conxunto 24,7 hectáreas de gran valor natural. Nelas consérvanse arredor dunha vintena de especies de orquídeas, máis da metade das coñecidas en Galicia 🌿.

Recentemente realizáronse traballos de roza e acondicionamento na microrreserva de Hórreos, creada en 2021, para evitar que a vexetación arbustiva e os piñeiros espontáneos prexudiquen o desenvolvemento das orquídeas. Estes labores, levados a cabo pola AGCT baixo o proxecto CAPRIF_CC, son clave para manter estes hábitats únicos.

🔥 Ademais da súa importancia ecolóxica, as microrreservas actúan como zonas de amortecemento fronte aos incendios forestais, algo especialmente relevante nun territorio como o Courel. E non só iso: tamén son un atractivo turístico e social, que pon en valor a riqueza natural da serra.

🤝 Tras dez anos, a iniciativa conta cunha boa acollida por parte da veciñanza, demostrando que a conservación do patrimonio natural é posible cando hai colaboración e compromiso.

💚 Coidar estas pequenas reservas é protexer unha parte esencial da biodiversidade galega.

Animádevos temos prismáticos para todos e moito que ver!
18/11/2025

Animádevos temos prismáticos para todos e moito que ver!

13/11/2025
13/11/2025

La Xunta conocía los datos desde primavera pero retrasó su presentación hasta un mes después de anunciar una discutida "flexibilización" de las prohibiciones

27/08/2025

Carta aberta de SGHN ao Sr. Presidente da Xunta de Galicia sobre a terrible vaga de lumes en Ourense e Lugo

25/06/2025

𝗫𝗨𝗡𝗧𝗔𝗡𝗭𝗔 𝗡𝗔𝗧𝗨𝗥𝗔𝗟𝗜𝗦𝗧𝗔.- 𝗖𝗼𝗻𝗳𝗲𝗿𝗲𝗻𝗰𝗶𝗮 𝗱𝗲 𝗣𝗮𝗯𝗹𝗼 𝗥𝗼𝗱𝗲𝗶𝗿𝗼 𝗢𝘁𝗲𝗿𝗼: "Flora serpentínica: ecoloxía e conservación"

A Delegación de Ferrol da SGHN organiza, co patrocinio da Deputación da Coruña e dentro do ciclo Xuntanzas Naturalistas, unha conferencia sobre a sorprendente diversidade vexetal que habita nos solos ultrabásicos das serras do Careón e da Capelada.

A flora dos solos ultrabásicos das Serras do Careón e da Capelada é única e de grande importancia ecolóxica, xa que inclúe especies endémicas e adaptadas a condicións extremas, contribuíndo á biodiversidade e á conservación de ecosistemas raros e especializados.

Pablo Rodeiro é investigador predoutoral no departamento de Botánica da USC e está realizando a investigación nesta flora asociada a serpentinas. Falará sobre a distribución destas especies; as características ecolóxicas dos seus hábitats; endemismos exclusivos e outras especies ligadas a serpentinas e ao afloramento; o enorme valor ecolóxico que teñen estas especies; as ameazas e as medidas propostas para a súa conservación.

DATA: venres, 27 de xuño
HORA: 19:30 h
LUGAR: Auditorio do Museo de Historia Natural de Ferrol https://maps.app.goo.gl/2gqWxZTCxtmwMjXU8
ORGANIZA: Delegación de Ferrol da Sociedade Galega de Historia Natural
PATROCINA: Deputación da Coruña

Entrada libre ata completar o aforo.

20/06/2025

Dirección

Figueroa 91
Cariño
15360

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Asociación Fragas do Ortegal publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto La Organización

Enviar un mensaje a Asociación Fragas do Ortegal:

Compartir