04/05/2026
UN MONTE DE NOMES 2026
O domingo 17 de maio, ven celebrar o Día das Letras connosco!
🥾 Realizaremos unha andaina curtiña, podes escoller saída de Mullerboa (O Campo Lameiro) ou da Amil (Moraña) ás 11:00, e remataremos cun xantar popular na área recreativa de Penalba.
🪧 Colocaremos carteis coa toponimia que identificamos polos lugares que atravesa a andaina.
✅ A actividade é aberta a todo o mundo, gratuíta para os socios e socias de A.C.I.B.A.L., cun custo de 10€ para o resto (5€ para menores de 18 anos), e podes asociarte por 10€.
✍️ É indispensable apuntarse, canto antes mellor, para calcular ben a comida. Podes apuntarte:
💻 Na web https://amilseneolicos.org/monte-de-nomes
☎️ Nos teléfonos 667458618 ou 651116623