Fundación Brandomil

Cómo llegar Página web Contactar con la organización

Fundación Brandomil Información de contacto, mapa y direcciones, formulario de contacto, horario de apertura, servicios, puntuaciones, fotos, videos y anuncios de Fundación Brandomil, Organización benéfica, Zas.

La Fundación Brandomil nace con la finalidad básica de impulsar la recuperación y defensa del patrimonio cultural vinculado con Brandomil, especialmente el patrimonio arqueológico de la época romana.

27/09/2026

☀️ Remata o verán e é momento de facer balance. Este ano a Oficina de Información Cultural e Turística de Brandomil estivo en funcionamento durante dúas tempadas: a Semana Santa e o verán (xullo, agosto e setembro), durante as que máis de 2000 persoas foron atendidas.

🌍 Desde Canadá ata Australia e desde Valdeorras ata Fisterra vai xa viaxando o nome de Brandomil. Un 21% do total de visitantes chegan desde preto de 40 países distintos, case o dobre que no ano anterior. Todas as CCAA quedaron tamén representadas no restante 79% de visitantes nacionais, dos que practicamente a metade foron galegos.

Como non podería ser doutra maneira, o destino maioritario para estes viaxeiros é a 🌊 Costa da Morte (70%), con Brandomil funcionando como as súas históricas portas de entrada. Por suposto 👣 Santiago de Compostela (15%), é outro destino favorito. Tamén vemos como, cada vez máis, a Ponte de Brandomil non é unha parada casual para descansar 🌳, se non un punto xa sinalado e escollido para ser visitado.

👥 Os esforzos da Fundación Brandomil continúan a dar a este enclave a sona que merece, facendo que chegue cada vez máis lonxe. Brandomil permite aportar a aquel que a visite un lugar de descanso na natureza e unha viaxe por toda a historia da nosa terra.

✨Agardámoste!

👣 Desde a outra punta do concello, visitaron hoxe Brandomil os veciños da asociación A Fonte de Fornelos (Baio). Tras un...
20/09/2026

👣 Desde a outra punta do concello, visitaron hoxe Brandomil os veciños da asociación A Fonte de Fornelos (Baio). Tras unha visita guiada de man do arqueólogo e membro do consello asesor da Fundación Brandomil, Lino Gorgoso, polo núcleo da aldea, a súa ruta continuou ata as minas de Vilarcobo. E, como non podía ser doutra maneira, a tarde segue na Área Recreativa xunto a ponte cunha gran churrascada. 🌲

☀️ Unha excursión que nos mostra todo o que Brandomil pode ofrecer ☀️

Sempre benvidos e grazas por visitarnos!

Desde a Fundación Brandomil agradecemos esta publicación dentro da sección adicada aos camiños de Santiago, recoñecendo ...
14/09/2026

Desde a Fundación Brandomil agradecemos esta publicación dentro da sección adicada aos camiños de Santiago, recoñecendo a ponte de Brandomil como punto obrigado de paso do Camiño de Fisterra e Muxía.

13/09/2026

🔊 BRANDOMIL DE VOLTA NA RADIO 🔊

🔎 Coas últimas actualizacións dos descubrimentos que aquí se están a realizar, Brandomil volve á Radio Galega. Desta volta no programa “MILENIO. O Alén” con Antón Rebollido nunha entrevista ao arqueólogo director das campañas realizadas nestes últimos anos, Lino Gorgoso.

Aquí podedes escoitar apenas unha pequena parte de todo o que se falou nesta entrevista. Recomendamos non perdela e afondar un pouco máis no pasado deste lugar. ⏳

Podédela atopar completa na seguinte ligazón:
https://www.agalegaaudio.gal/videos/detail/402345-brandomil-a-porta-romana-da-costa-da-morte



10/09/2026

⛏️ POZO LIMIDEIRO ⛏️

Unha mina romana a ceo aberto a 5 minutos en coche desde a ponte de Brandomil. A abertura no monte que hoxe vemos é un cono excavado para a busca de minerais como ouro ou estaño 🪨.

Explotado de novo no século XIX por empresas inglesas, remata por deixar de aproveitarse ao subir o nivel da auga 💧, que hoxe nos deixa esta lagoa turquesa. Para aproveitar esta auga, os veciños constrúen un lavadoiro.

🌳 Un lugar na natureza alterado polo ser humano para extraer recursos, paisaxes que nos transmiten a nosa historia. ⏳

02/09/2026

BRANDOMIL NO TELEXORNAL

🔊 A TVG faise eco da situación en Brandomil. A gran afluencia deste verán na nosa Oficina de Información Cultural e Turística destacouse nos medios de comunicación.
👥 Debido ao interese xeral percibido por Brandomil e toda a Costa da Morte, é decisión da Fundación Brandomil manter, con fondos propios, este servizo en funcionamento unhas semanas máis, entrando xa no mes de setembro.

O horario da Oficina “Brandomil. Porta Romana da Costa da Morte” mantense:
🗓️ MÉRCORES A DOMINGOS 11:00-19:00h


🌿 DÍA INTERNACIONAL DA ARQUEOLOXÍA 🌿Onte, 18 de agosto, conmemorouse o Día Internacional da Arqueoloxía ⛏️ . Desde a Fun...
19/08/2026

🌿 DÍA INTERNACIONAL DA ARQUEOLOXÍA 🌿

Onte, 18 de agosto, conmemorouse o Día Internacional da Arqueoloxía ⛏️ . Desde a Fundación Brandomil, aproveitamos esta ocasión para amosar imaxes das intervencións máis recentes promovidas no xacemento de Pedra do Altar.

📍 Un espazo que continúa revelando detalles sobre a distribución e o modo de vida dos habitantes da zona de hai uns 2000 anos.

🏛️ Con isto, reiteramos o noso compromiso coa investigación e recuperación do patrimonio histórico e cultural. Agardamos que no futuro, lugares como Brandomil continúen sendo inspiración e fonte de coñecemento da nosa historia.

☀️ O verán avanza e pola nosa Oficina non deixa de pasar xente. Durante este primeiro mes estival, preto de 500 persoas ...
06/08/2026

☀️ O verán avanza e pola nosa Oficina non deixa de pasar xente. Durante este primeiro mes estival, preto de 500 persoas chegaron a Brandomil perseguindo a descuberta deste lugar privilexiado.

🌍 Como comenta a prensa, persoas de máis de 30 provincias e de 16 nacionalidades distintas chegaron a Brandomil. Destacan procedencias como Alemaña, Países Baixos, Suíza ou México, entre moitos outros. E, sen dúbida, a nivel nacional, destaca o visitante procedente de Madrid.

🌳 Máis alá dos estranxeiros que descobren a nosa terra, non podemos non falar de todos as persoas de concellos veciños, e non tan veciños que tamén se animan a coñecer os recunchos que ofrece a Costa da Morte e, con isto, as súa propia historia.

Moitas grazas a todos os que visitastes Brandomil este mes de xullo!
__________________
1 - La Voz de Galicia
https://www.lavozdegalicia.es/noticia/carballo/2026/08/04/fundacion-brandomil-unico-costa-da-morte/0003_202608C4C4991.htm

2 - Diario de Bergantiños
https://diariodebergantinos.elidealgallego.com/soneira/zas/2026-08-05/brandomil-recibe-visitantes-de-31-provincias-espanolas-y-de-16-paises-en-su-primer-mes-de-verano-872070.html

3 - Adiante Diario
https://www.adiantegalicia.es/costa-da-morte/2026/08/05/a-oficina-turistica-de-brandomil-recibe-visitantes-de-31-provincias-no-seu-primeiro-mes.html

4 - NH Diario
https://nhdiario.es/a-oficina-de-informacion-cultural-turistica-brandomil-porta-romana-da-costa-da-morte-unha-parada-obrigada/

5 - Que Pasa na Costa
https://www.quepasanacosta.gal/articulo/zas/oficina-informacion-cultural-turistica-brandomil-porta-romana-da-costa-da-morte/20260806081905175815.html

Dirección

Brandomil

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando Fundación Brandomil publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Contactar Con La Organización

Enviar un mensaje a Fundación Brandomil:

Atajos

Compartir