28/07/2026
🌾🛒 Antes, traer o trigo ao muíño era parte da vida cotiá.
Viñamos coa carretilla cargada de trigo para moer, porque na casa cocíase cada quince días 🍞✨. O pan era o alimento primordial e, ás veces, había que pasar horas esperando a que quedase libre o muíño.
Nos anos 60, os muíños traballaban día e noite ⚙️🌙. Pero coas enchentes do inverno, o río podía subir en cuestión de minutos 🌧️🌊
O muiñeiro coñecía ben o río… aínda que ás veces podía quedar durmido 😴😂. E por se acaso, ata había un batuxo preparado para poder saír pola ventá 🚣♂️🪟
Unha historia de traballo, trigo, pan e vida arredor do río 🤍🌾