GAM Coruña

GAM Coruña Os Grupos de Apoio Mutuo (GAM) son a resposta que levantamos desde os barrios conscientes da Coruña para enfrontar colectivamente a crise do COVID-19

Dirección

A Coruña
15002

Página web

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando GAM Coruña publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto La Organización

Enviar un mensaje a GAM Coruña:

Compartir

Grupos de Apoio Mutuo - A Coruña

A pandemia do coronavirus (COVID-19) enfróntanos a un enorme desafío como planeta, como país, como comunidade e como sociedade. Nestas semanas difíciles debemos dar o mellor de nós mesmos e temos que estar máis unidas que nunca. En Galicia, a pesar da onda de recortes e agresións, temos uns servizos públicos fortes, que contan con profesionais comprometidas que están a dar o máximo pola nosa saúde e o noso benestar.

Os virus combátense con ciencia e coñecemento. Pero todo o anterior non quere dicir que non podamos contribuír tamén desde os barrios, as comunidades e as organizacións sociais, como cidadanía responsable que somos. Os retos son tan grandes, os cambios tan acelerados e as condicións tan noviddosas, que esixen un esforzo común e solidario.

Os Grupos de Apoio Mutuo (GAM) son a resposta que levantamos desde os barrios conscientes da Coruña para poñernos ao lado da xente máis vulnerable, as nosas veciñas e veciños, neste momentos complicados. Unha resposta autoxestionada que busca activar a solidariedade xusto cando máis o precisamos.

Súmate, difunde, crear o teu GAM. Xuntas imos superar a crise!v